Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Bases para o II Certame Literario "Carmela Loureiro"
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-10-2015 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN
NOVA DIRECTIVA DA ASOCIAIÓN C. " COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE FERROL"

PRESIDENTA : PILAR PATINHO PENYA
VICEPRESIDENTE : ADRIÁN ACCIÓN
SECRETARIO: XIL LÓPEZ SÁNCHEZ
TESOUREIRO: XOSÉ MANUEL PAZO BLANCO
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-10-2015 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Daniel Vilaverde agradece o premio para POETARRAS // CIP 2014
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 29-10-2015 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Bilingüismo cordial
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 29-10-2015 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Os centros privados apostan por reducir o galego aproveitando o novo decreto da Xunta
A CIG-Ensino denuncia que a autorización dos centros plurilingües faise en detrimento do ensino en lingua galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2015


“O Decreto 79 para o Plurilingüismo foi ideado coa perversa intención de reducir a presenza do noso idioma, e a dita orde pon xustamente isto en evidencia”. É a denuncia que fai CIG-Ensino sobre a a orde da relación de centros plurilingües para este curso 2015/2016.

Así, destaca que o Decreto 79 reduce a presenza do galego a un terzo do horario a través da imposición do inglés. Pero, ademais, segundo a CIG, a Consellaría autoriza que a materia impartida en lingua estranxeira sexa unha das materias de obrigada impartición en galego, sen esixir o cumprimento do que se recolle no Decreto a este respecto, que dispón que se poida impartir outra materia en lingua galega, a fin de restituír a proporción dun terzo para o galego.

E, por iso, o 18% dos centros plurilingües que se autorizan para este curso, todos eles privados agás un público, escollen como materia para impartir en lingua estranxeira unha materia de obrigada impartición en galego. Fronte a isto, soamente un centro propón como materia para impartir en lingua estranxeira, unha das de obrigada impartición en castelán. “E isto nunha convocatoria na que resultan beneficiados maioritariamente os centros privados, pois aínda sendo moitos menos cós centros públicos, representan nesta orde o 51% dos centros admitidos”, engade.

Por iso, a través dun comunicado, denuncia que a orde “é realmente un subterfuxio” para reducir a presenza do noso idioma nas aulas. “Hoxe por hoxe é unha evidencia, e aí están os resultados da evolución do uso da lingua galega. Nin sequera se cumpren os mínimos recollidos no Decreto e a nosa lingua non ten a presenza necesaria para se manter en condicións aceptábeis”, sinala.

Neste sentido, critica á Consellería de Educación e Cultura porque, di, lonxe de procurar mecanismos que axuden a inverter a situación, “aplica o Decreto aínda máis restritivamente do que o propio Decreto estabelece”. Deste xeito, a CIG-Ensino pide a derrogación do Decreto 79 de Plurilingüismo e a aprobación doutra nova orde que promova a normalización no ensino.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-10-2015 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Isaac Alonso Estraviz: «O importante non é ser escravo dunha norma senón amar a lingua»
O profesor e lexicógrafo reivindicou o uso do galego dende a mocidade.

MAITE RODRÍGUEZ - La Voz de Galicia - 25 de octubre de 2015


Isaac Alonso Estraviz conserva un mundo de enerxía e rebeldía aos seus ben levados oitenta anos. Logo de dar moitas voltas, primeiro como sacerdote e logo como profesor, agora - xa xubilado- aínda da clases de galego para maiores na universidade sénior do campus e a participa en congresos e actividades culturais.

Regresa ao instituto Otero Pedrayo, o primeiro centro ourensán no que impartiu clases de galego, logo de pasar por varias localidades, a pesares de que, di Estraviz, lle impediran ensinalo por ser reintegracionista (a vertente que promulga a unión entre o galego e o portugués). Aprobou a oposición en 1987 e foi unha etapa docente que o trouxo de novo a Galicia, despois de moitos anos no desterro logo de seren expulsados do mosteiro de Oseira. «Prohibiran falar galego nos centros relixiosos. Eu, aos 17 anos prometín nunca máis falar castelán. Rebeleime. Pensaba: Son galego. Ser católico ou monxe é secundario. No ano sesenta botáronnos a todos», recorda.

Nacido en Vila Seca (Trasmiras) en 1935, Alonso Estraviz entrou en Oseira con doce anos. «Era un sitio frío. O mosteiro estaba sen reconstruír. Había que traballar todos os días, ademais de estudar e os actos litúrxicos», lembra. Con 24 anos, en 1959, foi ordenado sacerdote como Padre Santos. Un ano despois, nun Capítulo Xeral expulsaron a todos os monxes por unha suposta rebelión interna. Comezou un desterro que logo dun longo camiño o levou ao mosteiro de Mariawald (Alemaña), Dijon e Navarra.

En Navarra pediu «levar vida normal». Alí traduciu os Salmos ao galego. Os anos logo da secularización foron «duros» ata que se xuntou co grupo dos outros monxes «rebeldes» en Albacete. Na cidade manchega viviu no Barrio da Estrela «con xitanos e ladróns. O Padre Silva dixo que fora o peor barrio que coñecera. Démoslles pisos aos que vivían nas covas. O primeiro bautizado que fixen en galego foi en Albacete, un fillo dun galego», ri. Xa en 1970, foi a Madrid e deu clases de Relixión no barrio de San Blas, outra zona dura, mentres estudaba Filosofía e traducía libros do portugués ao castelán. Fixo a súa tese sobre Rosalía de Castro en galego e prometeu facer unha gramática e un dicionario. «Cunha bolsa Gulbenkien fun a investigar a Lisboa. Ía vendo frecuencias e variantes en textos en galego e en portugués», conta. Editar o Dicionário da Língua Galega foi un proceso cheo de vicisitudes económicas e ortográficas. No ano 1986 publicaron tres volumes con cen mil pesetas que lles deixara un xubilado. Con máis de 133.000 entradas e hoxe pode consultarse a versión electrónica (www.estraviz.org). «Foi o primeiro dicionario galego-galego», reivindica.

Volveu á docencia no Pablo VI da Rúa. Alí fundou Radio Antoxo, onde facían programas de cultura e recibiron avisos de prohibición. Logo de opositar e dar clases por media Galicia, atendeu a chamada para vir a Ourense ao Otero Pedrayo. Ten boas lembranzas da etapa: «Cos alumnos, por todos os lados, fantástico. Nunca suspendín a ningún. Non se pode andar a suspender por unha falta se as palabras son galegas. Terminarán odiando o galego e hai que facer que os alumnos terminen amando a lingua. Nunca empreguei unha norma nin utilicei un libro de texto. O importante non é ser escravo dunha norma senón amar a lingua».
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-10-2015 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Rechazan una queja sobre el crimen del hospital por estar en gallego
El Ministerio de Justicia devuelve el escrito y emplaza a la "Marcha Mundial das Mulleres" a presentarlo en castellano

J. Fraiz Ourense - Faro de Vigo - 26.10.2015


Más de 1.200 ciudadanos y una treintena de asociaciones de toda Galicia se sumaron a la petición de responsabilidades por la desprotección de la ourensana Isabel Fuentes, acuchillada hasta la muerte por su marido el pasado mes de mayo, cuando se recuperaba en el hospital de Ourense de un primer ataque en el domicilio conyugal de Verín. La asociación en Ourense de la "Marcha Mundial das Mulleres" lideró una iniciativa para exigir explicaciones al Consejo General del Poder Judicial (CGPJ). El colectivo feminista cursó una reclamación patrimonial simbólica que pretendía poner el foco sobre la falta de medidas por parte de la juez pese a las sospechas y advertencias por escrito de la Guardia Civil. En un escrito al que ha tenido acceso FARO, el Ministerio de Justicia rechaza la queja presentada a finales de septiembre. La administración no entra en el fondo sino que la devuelve porque estaba en gallego.

Dice la Constitución que el castellano es la lengua oficial del Estado y que las demás lenguas españolas también lo son en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos. La Subdirección General de Relaciones con la Administración de Justicia y el Ministerio Fiscal, instancia a la que compete tramitar quejas como la registrada por el colectivo feminista, se basa en el artículo 36 de la Ley 30/92, de 26 de noviembre, sobre el Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y el Procedimiento Administrativo Común: "La lengua de los procedimientos tramitados por la Administración General del Estado será el castellano". El consejero técnico de la Subdirección General firma una resolución de fecha 1 de octubre por la que "se devuelve el mencionado escrito a fin de que sea presentado en lengua castellana, conforme a lo establecido en la citada norma".

La Marcha Mundial das Mulleres está estudiando posibles medidas tras esta negativa por cuestión del idioma. Ya lo ha puesto en conocimiento de la Mesa pola Normalización Lingüística. En cualquier caso, mantendrá el cauce para que sea posible una investigación interna sobre posibles negligencias del sistema en el asesinato en el CHUO de Isabel Fuentes.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-10-2015 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
San Mateo estrena espacio coeducativo en gallego
REDACCIÓN DIARIO DE FERROL | Actualizado 26 Octubre 2015


Coeducación, conocimiento del medio, respeto por los propios ritmos e inmersión lingüística en gallego son las bases sobre las que se asienta la Asociación Cultural Semente de Trasancos, que ayer celebró una fiesta de inauguración del espacio escolar abierto en el antiguo CRA de San Mateo. “Hai dous anos que iniciamos esta andaina como asociación cultural, organizando distintas actividades en torno ás crianzas que nos serviron para recadar fondos e darnos a coñecer ao público”, quien habla é Silvia Bogo, secretaria e impulsora de la entidad que actualmente aúna a 45 socias.
No fue hasta hace un mes cuando dieron el salto definitivo abriendo el espacio educativo en San Mateo. “O Concello de Narón cedeunos as instalacións do antigo colexio rural, que adecentamos e no que creamos un aula onde desenvolvemos actividades matinais para nenos de entre dous a cinco anos, cando a escolarización non é obrigatoria”, explica. “O centro conta ademais cun amplo espazo ao ar libre, un aula gastronómica e outros dous nas que as crianzas se moven con plena liberdade e onde se respectan os ritmos de cada unha”.
Hasta el momento tienen ocho alumnos –el ratio máximo serán diez– con los que fomentan un aprendizaje por proyectos, “aproveitando a curiosidade natural dos menores e as súas inquedanzas por manipular as cousas”, explica la responsable. “Abórdanse ademais conceptos matemáticos e de lectoescritura para o que tamén empregamos materiais manipulables”.
Otro de los pilares básicos de este centro es la alta participación e implicación de los padres. “De forma quincenal realizamos comisións pedagóxicas das que participan os pais, e é que a entidade se sustenta non só nas cuotas dos socios senón que os usuarios pagan as actividades, polo que teñen moito que dicir no proxecto educativo”, indica Silvia Bogo.
Una participación que ayer se simbolizó con el aporte de sacos de arena para la construcción del nuevo arenero del parque exterior. La música de los acordeonistas Xende e Xalo, los juegos y el chocolate amenizaron el resto de la tarde.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-10-2015 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Gonzalo Hermo González: «Queda demostrado que escribindo en galego se pode chegar moi alto»
Gonzalo Hermo González, Premio Nacional de Poesía Joven, concédelle ao galardón o valor engadido da reividincación lingüística.

M. X. BLANCO - La Voz de Galicia - 26 de octubre de 2015


A semente literaria que no pasado botaron en Rianxo Castelao, Dieste e Manuel Antonio prendeu na parroquia de Isorna. Alí, mamando as verbas dos tres mestres da palabra, medrou Gonzalo Hermo González. Aos seus 28 anos, ten unha curta pero intensa traxectoria. Co seu primeiro poemario, Crac, conseguiu o Xuventude Crea da Xunta; e co segundo, Celebración, foi galardoado, primeiro pola Asociación Española de Críticos, e agora vén de recibir o Premio Nacional de Literatura na categoría de Poesía Joven. Dos seus mentores herdou tamén o amor por Galicia e pola lingua nai.

-¿Compartir berce con tres grandes da literatura galega influíulle dalgún xeito?

-Dise que en Galicia os escritores son de Ourense, Mondoñedo e Rianxo. Non é certo ao cen por cento, pero si en gran medida. Eu estou orgulloso de poder dicir que son de Rianxo.

-¿Ten un vínculo especial con algún dos tres grandes literatos rianxeiros?

-Teño predilección por Manuel Antonio. A Castelao valóroo como figura política, pero Manuel Antonio é unha das personalidades cume da literatura galega, é o poeta que máis me influíu, pola súa obra arriscada e de vangarda e por ser un autor moi libre, que escribía o que quería. Gustaríame ser como Manuel Antonio.

-¿Esa faceta política pola que tanto admira a Castelao está dalgún xeito presente na súa obra?

-Si. De feito, a crítica dixo no seu día que Crac tiña un carácter máis político que Celebración, pero eu non estou de acordo. Aínda que neste segundo libro non fago referencias explícitas si que tomo partido. Fago un chamamento para non caer na nostalxia de tempos pasados e apostar por construír algo novo no futuro.

-Dous libros publicados en solitario e tres premios, cada un de maior nivel. Semella complicado manter esta traxectoria...

-A importancia que teñen os premios, que agradezo enormemente, tento relativizala á hora de escribir. Un poeta pode ser moi bo e non chegar a recibir premio algún. O propósito é seguir escribindo libros e tratar de que cada un sexa un pouco mellor que o anterior. Si que parto da base de que o próximo non terá o mesmo éxito que este, que foi impensable.

-¿Cal pensa que é o segredo do éxito de Celebración?

-Penso que foi a coincidencia da súa publicación nun tempo de crise, convulso. Aínda que non é un libro amable, si tenta dar esperanza. Quizais foi tomado como algo ao que agarrarse.

-Pero estaba convencido de que un libro en galego tiña poucas posibilidades de facerse co premio.

-Si, pero queda demostrado que escribindo poesía en galego se poder chegar moi alto. Escoller a lingua en función de intereses ou da posible repercusión non é boa idea.

-¿O premio ten entón un valor engadido?

-É certo, pero a poesía en galego que se fai actualmente ten unha calidade moi alta. Non me estraña que haxa poetas galegos que logren premios a nivel estatal. Fun eu, pero puido ser calquera outro.

-¿Hai tamén reivindicación a prol do galego na súa obra?

-Esa reivindicación está no propio feito de escribir en galego, de non renunciar á lingua nai. Aínda que para min non é un sacrificio, é a lingua na que mellor escribo. Se este premio vale a nivel de concienciación lingüística estarei máis satisfeito aínda. O galego serve para comunicarnos, para escribir, para impartir xustiza... para todo.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 29-10-2015 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGO, PORTUGUÊS, UMA QUESTÃO DE LÍNGUA E FAMILIARIDADE

Asafe Lisboa

Estudante de Literatura Galega I e pesquisador na UERJ

Quilombo Noroeste: Espaço para a cultura galega no Rio de Janeiro

“É, com efeito, de poder que se tratará aqui, indireta, mas obstinadamente.”

Roland Barthes em “Aula”


A primeira matéria que é tratada nas lições de literatura em língua portuguesa, tomando se o critério histórico-cronológico como fator preponderante do estudo, é a lírica trovadoresca. Essa manifestação poética, “[…] a primeira a surgir em língua romance, mais especificamente em provençal, foi tão importante “[…] que se pode dizer sem exagero que […] constitui a primeira etapa do lirismo europeu (TORRES,1987, p.5).

Mesmo que seu início tenha se dado nas regiões do sul da França, próximo ao fim do século XI, não demorou para que a arte de trovar penetrasse a Península Ibérica. Ali ela se cultiva nos moldes de um romance designado galego-português e posto que mantenha alguns dos preceitos do trovar provençal, desenvolve características que destoam totalmente deste, além de originar um tipo autóctone, original e exclusivo: a cantiga de amigo.

Ainda segundo Torres (1987, p.10) considerando-se que o texto mais antigo do “patrimônio poético galego-português” data de 1196 e que é de 1350 em diante que ocorrerá o fenômeno do “interregno poético” (Michaëlis apud PENA, 2002, p.88), para fins expositivos, tomaremos estas duas marcações como pontos inicial e final do trovadorismo, embora tenhamos consciência que as fronteiras históricas podem alargar-se ou recuar em virtude de uma série de fatores e classificações.

Dito isso, nesse período de cerca de cento e cinquenta anos, muito é produzido em galego-português, principalmente em verso. Torres (1987, p.10) fala em cerca de 1.685 textos; o número cresce em Pena (2002, p.105 – 107) que toma por base os registros dos cancioneiros da Biblioteca Nacional de Lisboa, doravante Colloci-Brancuti, da Vaticana e d’Ajuda e contabiliza mais de 3.000 textos.

No que diz respeito à prosa, no entanto, parece que a conjugação galego-português ou ainda literatura galego-portuguesa, já não soa tão apropriada e “[…] xorden voces […] desde o norte e o sur da fronteira, que buscan xa delimitar o que é <> e o que é <>, ou xa reclamando tamén a totalidade desa producíón para unha das dúas rotulacíóns subliñadas.” (PENA, 2002, p.295).

Como conceber que o galego-português seja a língua comum apenas da produção lírica, e não da prosa da qual é contemporânea e conterrânea?
A pergunta que nos cabe formular neste ponto é a seguinte: a tentativa de cisão do koiné galego-português é motivada, apenas, por questões afetas às modalidades literárias? Como conceber que o galego-português seja a língua comum apenas da produção lírica, e não da prosa da qual é contemporânea e conterrânea? Estaremos diante de uma “[…]especializacíon linguística medieval por xéneros?” (PENA, 2002, p.295).

A LÍNGUA E OS MODELOS LITERÁRIOS

Do ponto de vista estritamente linguístico, a especialização por gêneros não é uma hipótese inverossímil, Monteagudo (1998, p.34) sinaliza que

[…] na idade media existia a curiosa tendencia a crear rexistros literários con base lingüística diferente segundo o xénero literario: así, no centro e occidente da península [Ibérica], durante o século XIII, o castelán foi a lingua preferida para a épica, mentres que o galego o foi para a lírica.

A mudança de códigos linguísticos para tratar de diferentes tipos de texto, por assim dizer, não é exclusividade da Península Ibérica nem do galego-português. Por exemplo, em vários períodos do medievo, principalmente naqueles em que o romance ainda não tinha definitivamente superado o latim, observa-se o uso deste sempre que se deseja explicitar o caráter sui generis de determinados registros (BURKE, 1995).

Entretanto há alguns aspectos que devem ser ressaltados quando se trata dessa mudança de códigos linguísticos. Um deles é que no século XIII as línguas romances eram muito mais parecidas entre si do que o são hoje. Muito provavelmente, com um mínimo de esforço, os falares da Península Ibérica e até mesmo provençal eram mutuamente compreensíveis. Então, a utilização do galego-português como língua preferida para a lírica, longe de constituir fator inibidor da produção, significava a observância, por parte dos próprios trovadores, de uma tradição na qual essa língua constituía o registro apropriado para a poesia lírica (MONTEAGUDO,1998).

Desenvolver além deste ponto o argumento da especialização linguística por gêneros nos daria o ad absurdum do galego-português como língua da poesia trovadoresca somente, tornando válida a hipótese de que a prosa, se houvesse, deveria estar codificada em outros romances, ou até mesmo no latim.

Não é necessário muito esforço para mostrar o contrário. Citando apenas aqueles documentos escritos totalmente em galego-português, Pena (2002, p.299 – 305) refere-se a Noticia de Torto e Testamento de Afonso II, provavelmente ambos de 1214, Testamento de Estevo Pérez, redigido entre 1230 e 1260, Cronica Troiana de 1373, Historia Troiana (documento bilíngue, em castelhano e galego) da segunda metade do século XIV, o Xosé de Arimatea, datado por volta de 1313, uma tradução de parte do original francês da Suite du Merlin, da primeira metade do século XIV e Demanda do Santo Graal, que se afigura como uma antologia que inclui os episódios da Matéria de Bretanha mais apreciados pelo público, do século XV. Há ainda, para não deixar de mencioná-los, uma infinidade de hagiografias e textos de cunho historiográficos, jurídicos e didáticos.

Pois bem, se muito se produziu em galego-português, também em prosa, por que se verifica uma insistente tentativa de cisão, de delimitar o que é estritamente galego e o que é estritamente português, apenas na prosa?

O SOM E A LETRA

Até aqui estivemos deliberadamente tratando da lírica trovadoresca como registro literário apenas, tal qual é nos Cancioneiros. Entretanto como o próprio nome sugere, a lírica antes de tudo é música. A poesia do trovador tinha o acompanhamento instrumentos musicais e não era feita para ser lida e sim para ser ouvida (TORRES, 1987). Mais do que isso, conforme nos diz Monteagudo (1998, p.24)

A poesía trobadoresca constituía, como acto comunicativo, en primeiro lugar, un espetáculo, pois chegaba ó seu público mediante unha actuación, […] executada por um ou vários interpretes: como mínimo, un xograr acompañado dun instrumento musical, pero existía a posibilidade de que participasen varios músicos/cantantes, e tamén bailaríns ou bailarinas.

Pelo seu caráter performático é natural que a lírica obtivesse um maior destaque e se disseminasse mais rapidamente pelas cortes. Isso, como já cuidamos ter exposto, não significa dizer que não houve uma prosa galego-portuguesa, mas ressalta uma diferença fundamental entre esses dois modelos literários. Pena (2002, grifo nosso), ao tratar da prosa galego-portuguesa diz que embora esta não tenha alcançado o esplendor nem os elevados níveis qualidade e originalidade da lírica, não se trata de uma produção menor, apenas menos vistosa.

Menos vistosa porque no âmbito da prosa, principalmente após a introdução das novelas de cavalaria, em vez de termos uma plateia que ouve uma música, teremos o surgimento de uma figura solitária que lê uma narração. Uma vez que ocorra essa drástica mudança do público-alvo, por assim dizer, a mudança do código linguístico é uma consequência quase que inevitável. Note o leitor que isso difere de uma especialização linguística por gêneros; o que está posto é que o fator determinante da mudança é a alteração do receptor.

No que concerne a lírica trovadoresca, o galego-português era o koiné da produção e também do registro nos cancioneiros. Os poetas adotavam suas convenções e particularidades porque estas já haviam se sagrado pelo uso e eram reconhecidas pelo grande público. Na prosa, não havia necessidade de tantas formalidades (nas acepções mais literais do termo); o que guiava a pena do escritor era a intenção de estabelecer ligação direta com um leitor. Para cumprir esse propósito cada autor

[…] semella utilizar aquela variedade [do galego-português] que ten máis á man. Dessa maneira[…] entendemos que o lóxico é asistirmos a unha manifestación das diversas falas, do conjunto de possibilidades que compoñen o romance occidental peninsular.” (PENA, 2002, p.297)

Respondendo, em parte, a indagação que fizemos anteriormente, concluímos que através da prosificação é possível, não delimitar o que é galego ou o que é português, mas compreender que o galego-português abarcava em si uma série de variedades regionais mais ou menos semelhantes. A busca pela distinção, à época, do que seria o galego e o português, tem sua razão de ser e seu pano de fundo linguístico e literário. Mas, reiterando a questão, será que seriam estes os únicos aspectos responsáveis pela diferenciação?

Através da prosificação é possível, não delimitar o que é galego ou o que é português, mas compreender que o galego-português abarcava em si uma série de variedades regionais mais ou menos semelhantes.
O PODER DA LÍNGUA

“Nunca é demais lembrar que a questão dos nomes que se dá às línguas escapa da órbita dos especialistas (filólogos, gramáticos, linguistas) e se vincula muito mais a problemáticas de natureza política, cultural, econômica e ideológica.” (BAGNO, 2011, p. 34). A título de exemplificação do exposto, recorrerei mais uma vez a história da língua latina. O legado imanente do espírito grego conduziu o latim, língua lacônica, precisa e substancialmente denotativa, a uma vagarosa porém constante reorganização estilística que cindiu o idioma em duas modalidades: o sermo cultus, latim culto, ou ainda, latim clássico e o sermo vulgaris ou simplesmente latim vulgar. Como se pode imaginar, o sermo cultus era a variante utilizada pela elite instruída, ao passo que o sermo vulgaris era praticado pela plebe.

Em relação ao galego-português, principalmente depois do período do Interregno Poético (1350 em diante), devido a circunstâncias essencialmente políticas, a língua vai sofrendo com a intromissão castelhana e seu desenvolvimento natural e seu continuum de transmissão cultural são interrompidos. É exatamente o que atesta Pena (2002, p.96)

Así pois, se triunfa o mundo trobadoresco galego (ou galego-português) na corte de D.Denís, ou naqueloutra de Fenando III, é porque se mantén ainda o poder – e polo tanto, os gustos, costumes, idioma … dominantes – dos nobres de procedencia galega em ambos os dous lugares. Cando isso xa non suceda así; cando dunha parte, Portugal deseñe novos rumbos e cando o conxunto formado por Castela, León e Galicia atope um novo eixo – Sevilla-Toledo-Burgos -; cando un novo poder, de solar castelán, se consolide e cando novas modas prevalezan nunha corte afastada de nós… daquela assistiremos aos momentos epigonais do centileo das cantigas

A decadência do mundo trovadoresco, e de certa forma do galego-português como língua de expressão literária, entretanto não são termos suficientes para nos fazer entrever o estritamente galego e o estritamente português. Quando falamos em decadência, não estamos dizendo que a produção em prosa, que aliás seguiu bastante intensa até o século XV, seja insignificante ou inferior mas relembramos que, conforme já exposto, era bem menos vistosa e uniforme. Essa falta de uniformidade, aliás a explicitação da variedade de possibilidades do galego-português proporcionada pelos registros em prosa, nos mostra um romance multifacetado, que apesar das diferenças, era mutuamente compreensível entre os povos do noroeste da Península Ibérica, bem como nas regiões centro-ocidentais.

Nos resta, parafraseando Bagno, assumir que as distinções e nomeações que dizem respeito a uma determinada língua se respaldam em conceitos totalmente alheios à gramática, à literatura e à linguística. A busca de uma designação entre o que é estritamente galego e o que é estritamente português é reflexo, dentre outros motivos, de um impulso de demarcação de fronteiras físicas e de uma autoafirmação nacional.

Para compreendermos como isso se aplica aos casos do galego e do português é preciso fazer uma breve incursão na história. Dentro dos limites da Gallaecia, província romana na Península Ibérica, foi se formando um romance de características muito particulares. Quando, nas vésperas do século XII, a lírica trovadoresca ganhou eco naqueles territórios foi porque “[…] a lingua tiña xa unha estructura e unha entidade que posibilitou a grandeza literaria […]” (QUEIZÁN, 1998, p.202) e também por que o “[…] país ofrecía unha madurez cultural relativamente avanzada, conseguida en boa parte durante o século XII gracias ó auxe da peregrinación a Santiago e a unhas condicíóns políticas favorables […]” (MONTEAGUDO, 1998, p.23). Condições políticas favoráveis explicitadas pelo próprio Monteagudo (1998, p.34)

Desde o final do século XI ata a metade do XIII, os condes de Traba ou Trastámara, a liñaxe máis importante da Galicia, constituíron ó mesmo tempo unha das liñaxes máis poderosas da Hispania cristiá, que portiña coas casas reais de Léon e de Portugal e mais coas familias máis empoleiradas da aristocracia castelá […] Precisamente, entre os seus familiares cóntanse aristócratas que á sua vez xogaram un papel moi importante na acollida da lírica occitana na península ibérica[…]

Visto que a tradição trovadoresca penetrou a Península Ibérica através da Galiza, se difundiu, principalmente, pelo esforço da nobreza galega, seguindo os moldes do romance que era há muito ali cultivado, por que chamar a língua das cantigas de galego-português?

De tódolos xeitos, hai que subliñar que a denominación que recebía a lingua empregada polos poetas da tradicíon trovadoresca galego-portuguesa era galego, ou polo menos así lle chama o trobador catalán Jofre de Foixá nas Regras de trobar, um manual de poesia cortés de contras os finais do século XIII (MONTEAGUDO, 1998, p.21)

Se nos detivermos um pouco mais nesta análise histórica veremos que embora Afonso Henriques, por meio de seus muitos êxitos militares e do reconhecimento de Afonso VII e do Papa Alexandre III, finalmente se torne rei do Condado Portucalense, em 1179, ainda é cedo para se falar em língua portuguesa. Isso por que a língua se falava no Condado Portucalense, à essa época, era a mesma que se falava na Galiza (BAGNO, 2011).

Por que chamar galego-português o romance que é anterior ao surgimento de Portugal (e até mesmo do Condado Portucalense), e que já era cultivado na Galécia, entidade político-geográfica que existia desde a época dos romanos?
“E mesmo depois. Os seguintes serán anos de conquista, tempos de guerra, con rei e nobres analfabetos nos que non se pode esperar preocupacións idiomáticas.” (QUEIZÁN, 1998, p.201). Por mais que as fronteiras físicas de Portugal tenham se tornado mais fixas, no eidos da língua elas ainda permaneceriam ligadas a Galiza. Até que haja, de fato, uma fronteira linguística entre o galego e o português haveremos de presenciar o surgimento de outra dinastia em Portugal. Pois bem se galego e português eram um só até o século XIV, por que chamar galego-português o romance que é anterior ao surgimento de Portugal (e até mesmo do Condado Portucalense), e que já era cultivado na Galécia, entidade político-geográfica que existia desde a época dos romanos? (BAGNO, 2011) “Somente por uma necessidade ideológica de afirmação nacionalista é que se pode utilizar um termo anacrônico como ‘galego-português’ para designar uma língua que em tudo era galega […]” (BAGNO, 2011).

A nação de Portugal precisava de uma língua que se chamasse portuguesa, pois é a partir da língua que o poder é desenvolvido e exercido:

[…] o poder é o parasita de um organismo transsocial, ligado à história inteira do homem, e não somente à sua história política ,histórica. Esse objeto em que se inscreve o poder, desde toda eternidade humana, é:a linguagem — ou, para ser mais preciso, sua expressão obrigatória: a língua. A linguagem é uma legislação, a língua é seu código. (BARTHES, 1977, p.11)

Afirmar a existência de uma língua própria, contudo, ainda não é o suficiente. É preciso torna-la grande. Para tanto os gramáticos portugueses indicam a afiliação direta de sua língua, língua portuguesa, com o latim. Bagno (2011, p. 35), para ilustrar essa ideologia, transcreve trechos de Duarte Nunes de Leão (da obra “Origem da lingoa portuguesa”, de 1606):

E por a muita semelhança que a nossa língua tem com ela [a latina] e que é a maior que nenhuma língua tem com outra, & tal que em muitas palavras & períodos podemos falar que sejam juntamente latinos & portugueses.

E também de Manoel Severim de Faria (da obra “Discursos varios politicos”, de 1624):

E mostrando nós que a portugueza participa mais da latina, & que na cópia, pronunciação, brevidade, ortografia, aptidão para todos os estilos, não é inferior a nenhuma das modernas antes igual a algumas das antigas, com razão lhe poderemos dar o louvor de lingua perfeita, & de ser uma das melhores do mundo.

Observamos então que o que era galego transmuta-se, tal logo a ascensão e expansão políticas assim o demandem, em português, língua que por sua vez advém, supostamente, do latim. Pois bem, cogitando a hipótese de que isto realmente tenha ocorrido, teremos de imaginar que a língua se dissemina do sul para o norte, contrariando o caminho da Reconquista (QUEIZÁN, 1998).

A transformação do galego em português, filho do latim, além de prover uma língua para a nação de Portugal, ainda se presta a outro propósito: fazer esvanecer qualquer vestígio de procedência galega no idioma. Isso porque a Galiza, a partir de 1230, vai perdendo gradativamente sua autonomia política e resulta disso que o galego se torna um falar desprestigiado (BAGNO, 2011). Era necessário então fazer recuar as origens, em nome da política e do anseio de se afirmar como nação autônoma, e tomar como nascedouro o passado quase mitológico da antiguidade clássica.

Por fim

En realidade, o galego é o nome da lingua e o portugués é o nome político, derivado do Estado de Portugal. Ou sexa que o galego é ao portugués o mesmo que o castellano é ao español. Portugués e Español son os nomes políticos derivados do nome do Estado; o galego e o castellano son os nomes das linguas e do lugar onde se orixina. A diferencia está en que […] Ningúm español, sexa da Mancha, de Andalucía, ou As Canarias, ten problema en recoñecer que súa lingua […] é o castellano. Se polo contra, os portugueses negan que a súa lingua é o galego, é por claríssimas razóns políticas. (QUEIZÁN, 1998, p.203)

GALEGO – PORTUGUÊS?

Quando no início do trabalho aludimos às vozes que buscavam separar o que era galego e o que era português, mencionamos que algumas delas já reclamavam a totalidade da produção literária, ao menos da prosa, para uma dessas rotulações. Isso se deve ao fato de que “galego-português” nunca foi um termo utilizado naquela época.

O binômio “galego-português” faz supor que o português e galego eram uma só língua, e que se dividem, tornando-se completamente diferentes tão logo Portugal se torne independente (QUEIZÁN,1998). Reiteramos que o mero estabelecimento de fronteiras físicas não cinde o idioma instantaneamente; a língua que se falava no Condado Portucalense era a mesma que se falava na Galiza. Acontece que o designado “português” vai ser a língua oficial de um Estado, que se não era de todo independente, não media esforços para sê-lo. O galego por sua vez não poderia ter destino mais díspar. Queizán (1998) afirma que para evitar as confusões fomentadas pelo uso do par “galego-português, ele deve ser substituído pela terminologia Galego Medieval.

Se galego-português não é, nem nunca foi, o nome da língua da lírica e da prosa medieval produzida no noroeste da Península Ibérica, e tampouco é uma terminologia adequada para tratar do romance da Galiza, por que segue como presença constante nos livros de história e de literatura portuguesa e galega? Na verdade, o termo galego-português é recente, cunhado por especialistas e estudiosos portugueses, no século XIX. Sua aplicação prática satisfaz a duas necessidades: reconhecer o galego como língua da prosa e da poesia medievais, ao mesmo tempo em que incorpora essa produção literária ao patrimônio cultural português. (BAGNO, 2013)

CONCLUSÃO

Como já afirmamos anteriormente, o mero estabelecimento de fronteiras políticas, por si só, não estabelece uma fronteira linguística. Hoje, séculos após a Reconquista e o colonialismo do século XVI, o galego e o português ainda possuem enormes semelhanças. Semelhanças que não se restringem apenas a variante do português falado na Europa.

Uma familiaridade que atravessou mares e continentes. Onde quer se fale a língua portuguesa, de um modo peculiar a cada região, fala-se também o galego. Assim a iniciativa de conhecer mais a língua galega torna-se instrumento de aproximação de povos que compartilham cultura e identidade.

Onde quer se fale a língua portuguesa, de um modo peculiar a cada região, fala-se também o galego.
É comum que desde sempre estudemos a língua portuguesa através de suas reminiscências mais óbvias. A tradição formalista da maioria das gramáticas do português no Brasil não nos deixa mentir. Mas tornou-se insustentável continuarmos a dirigir nossos olhares somente para a Lusitânia e para a Península Itálica. É preciso lembrarmos da Gallaecia.

Um de nossos maiores poetas cantou a língua portuguesa como a “última flor do Lácio”. Uma perspectiva um pouco lúgubre, a meu ver. Prefiro imaginar que a língua que falamos aqui no Brasil é uma folha nova. Uma folha de uma árvore que tem suas raízes assentadas não em Roma ou em Lusitânia, e que continua florescendo e frutificando. Uma folha da árvore da Galiza.

BIBLIOGRAFIA

BAGNO, Marcos. O português não procede do latim: uma proposta de classificação das línguas derivadas do galego, 2011.

Disponível na internet em:

< http://www.editorialgalaxia.es/imxd/libros/doc/1320761642191_Marcos_Bagno.pdf>

Acesso em 20/05/2015.

BARTHES, Roland. Aula: Aula inaugural da cadeira de semiologia literária do colégio de França. São Paulo: Cultrix, 2007.

BURKE, Peter. “Heu domine, adsunt turcae”: esboço para uma história social do latim pós medieval. In: A arte da conversação. São Paulo: Editora da Universidade Estadual Paulista, 1995.

MONTEAGUDO, Henrique. O marco histórico literário: a lírica trovadoresca galego-portuguesa. In: Três poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño, Xoham de Cangas. Vigo: Editora Galaxia, 1998.

PENA, Xosé Ramón. Historia da literatura medieval galego-portuguesa, San Marcos – Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicíons, 2002.

QUEIZÁN, María Xosé. A falacia do galego-português. In: Estudos Galegos 2. MALEVAL, Maria do Amparo Tavares (ORG). Niterói: EdUFF; Rio de Janeiro: EdUERJ, 1998.

TORRRES, Alexandre Pinheiro. Antologia da poesia trovadoresca galego portuguesa. Porto: Lello & Irmão Editores, 1987.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-10-2015 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal