Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Caetano Veloso: Língua


Gosta de sentir a minha língua roçar a língua de Luís de Camões
Gosto de ser e de estar
E quero me dedicar a criar confusões de prosódia
E uma profusão de paródias
Que encurtem dores
E furtem cores como camaleões
Gosto do Pessoa na pessoa
Da rosa no Rosa
E sei que a poesia está para a prosa
Assim como o amor está para a amizade
E quem há de negar que esta lhe é superior?
E deixe os Portugais morrerem à míngua
"Minha pátria é minha língua"
Fala Mangueira! Fala!

Flor do Lácio Sambódromo Lusamérica latim em pó
O que quer
O que pode esta língua?

Vamos atentar para a sintaxe dos paulistas
E o falso inglês relax dos surfistas
Sejamos imperialistas! Cadê? Sejamos imperialistas!
Vamos na velô da dicção choo-choo de Carmem Miranda
E que o Chico Buarque de Holanda nos resgate
E - xeque-mate - explique-nos Luanda
Ouçamos com atenção os deles e os delas da TV Globo
Sejamos o lobo do lobo do homem
Lobo do lobo do lobo do homem
Adoro nomes
Nomes em ã
De coisas como rã e ímã
Ímã ímã ímã ímã ímã ímã ímã ímã
Nomes de nomes
Como Scarlet Moon de Chevalier, Glauco Mattoso e Arrigo Barnabé
e Maria da Fé

Flor do Lácio Sambódromo Lusamérica latim em pó
O que quer
O que pode esta língua?

Se você tem uma idéia incrível é melhor fazer uma canção
Está provado que só é possível filosofar em alemão
Blitz quer dizer corisco
Hollywood quer dizer Azevedo
E o Recôncavo, e o Recôncavo, e o Recôncavo meu medo
A língua é minha pátria
E eu não tenho pátria, tenho mátria
E quero frátria
Poesia concreta, prosa caótica
Ótica futura
Samba-rap, chic-left com banana
(- Será que ele está no Pão de Açúcar?
- Tá craude brô
- Você e tu
- Lhe amo
- Qué queu te faço, nego?
- Bote ligeiro!
- Ma'de brinquinho, Ricardo!? Teu tio vai ficar desesperado!
- Ó Tavinho, põe camisola pra dentro, assim mais pareces um espantalho!
- I like to spend some time in Mozambique
- Arigatô, arigatô!)
Nós canto-falamos como quem inveja negros
Que sofrem horrores no Gueto do Harlem
Livros, discos, vídeos à mancheia
E deixa que digam, que pensem, que falem.
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 29-10-2013 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Recordatorio Poesía e Imaxe
Lembrade que o día 30 de outubro (mércores) remata o prazo para enviar poemas para a edición deste ano de "Poesía e Imaxe".
- O 14 de novembro, ás 18:30, reuniremonos no Concepción Arenal para facer a selección.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-10-2013 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Lembrade a cita no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-10-2013 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Filólogas galegas e brasileiras elaboran un dicionario sobre a crise económica
SERMOS GALIZA

Un grupo de filólogas da Universidade de Vigo traballan en parcería con especialistas de São Paulo para a elaboración dun dicionario de termos sobre a crise económica. A prensa é a fonte para a elaboración do corpus semántico.


Os correctores vólvense tolos cos novos termos que a crise económica popularizou e se foron adaptando ás diversas linguas como ía cadrando. Os meios de comunicación orixinaron debates entre lingüistas a respecto dalgunhas palabras usadas xa en titulares e que podían tomar distintas formas. Coa urxencia da propia crise económica, un grupo de especialistas, sete de Brasil e catro da Galiza comezaron a elaborar un catálogo de imaxes de cara á ofrecer un futuro dicionario sobre a crise económica internacional.

Trátase de elaborar un estudo da crise económica partindo dos neoloxismos da prensa “desde un punto de vista intercultural e multilingüe”, segundo sinala a profesora da Facultade de Filoloxía e tradución, Iolanda Galanes e recolle o xornal da propia Universidade de Vigo. A fonte do traballo é a propia prensa e, segundo as promotoras, iso posibilita a contextualización dos acontecementos e pon de manifesto a distinta percepción da crise nun país intervido como Portugal ou nun emerxente como Brasil.

Iolanda Galanes, Silvia Montero, Ana Luna e Aurea Fernández toman parte do equipo de Vigo que traballa en parcería con especialistas do Observatório de neologismos científicos da Universidade de São Paulo dirixidos pola profesora Ieda Maria Alves.

A metodoloxía pasará desde un estado inicial no que se estudarán tres xornais durante cinco anos un día á semana para constituír un primeiro corpus do que sairá o segundo cun conxunto de novos conceptos, afondando no estudo semántico.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-10-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
O galego recibe menos dun terzo das axudas que tiña hai 20 anos
Os concellos, a formación, a edición ou os centros de ensino sofren recortes que van do 60% ao 90%. A CTNL denuncia o "desmantelamento" desta lingua por parte da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/10/2013


5,4 millóns. Iso é o que a Xunta destinará para a promoción do galego no 2014. Unha cantidade que en 1993 era de 17,2 millóns. É dicir, que en 20 anos as axudas ao galego reducironse en máis dun 62%.

Así, e mentres o goberno presidido por Manuel Fraga lle dedicaba ao galego o 0,43% do orzamento da Xunta, o de Núñez Feijóo dedícalle 20 anos despois unha sétima parte, isto é, o 0,06%. É dicir, máis ou menos a metade dunha décima; menos da oitava parte de medio punto; a dezaseteava parte do 1%. Ese é o prezo que o galego ten para o Goberno de Feijóo.
Reducións do 40 ao 90%

E nesta reducción , practicamente todas as accións sofren brutais recortes, que nalgúns casos acadan o 40% con respecto aos xa baixos orzamentos de 2013 e o 95% con respecto aos de 2005 --os últimos elaborados polo Goberno Fraga--. Así, por exemplo, con respecto a 2013 redúcense notablemente partidas como as destinadas ao apoio á edición en galego (-40%), a accións formativas (-21%) –coa que se financian os cursos e exames de galego Celga, necesarios para o acceso laboral–, a campañas de normalización (-17%), a actividades desde os concellos (-25%), etc.

Precisamente, as actividades de promoción do galego nos concellos sufren unha gran caída. Se se comparan os datos cos do 2005, as axudas ao galego baixan un 87% en apoio á edición; 62% en accións formativas; 71% en campañas de normalización; 60% na partida dos concellos ou -95% para o apoio de entidades sen fin de lucro.

"Cifras demoledoras"

"Son cifras insultantes e demoledoras. A Xunta non pode dicir que non ten nada en contra da lingua, en contra do noso maior ben común", denuncian desde a CTNL. Por iso, pídenlle ao Goberno galego que "modifique" este proxecto de orzamentos durante o trámite parlamentario, "para que non se desmantele o xa precario traballo a prol do galego".

E é que esta asociación denuncia que esta drástica reducción nos orzamentos "suporá a anulación de proxectos, a redución de servizos á cidadanía, a paralización de actividades, a destrución de emprego ou a redución da formación cidadá".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-10-2013 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Presentan unha nova versión do Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega
Incorpora as novas voces do diccionario da RAG e novos nomes e apelidos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/10/2013


A partir deste mércores haberá un novo Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega. Será un un novo proxecto en liña que recolle o léxico galego contido no Dicionario da Real Academia Galega coa transcrición fonética e a locución da pronuncia correspondente a cada palabra.

Esta versión mellorara e ampliada, ademais das voces incorporadas ao dicionario da RAG recentemente, tamén recolle os 1.000 nomes propios de persoa máis frecuentes, 1.500 apelidos galegos, os nomes de todas as comarcas, concellos e parroquias de Galicia, así como varios centos de nomes de ríos, montes e accidentes costeiros. Ademais, a aplicación informática permite realizar buscas por formas fonéticas ou por cadeas de sons.

Á presentación deste novo diccionario asistiu o reitor Juan Casares; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director do Instituto da Lingua Galega, Ernesto González Seoane; e o profesor Xosé L. Regueira, director do equipo encargado do desenvolvemento deste dicionario.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-10-2013 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
ProLingua celebra a admisión polo Tribunal Supremo do recurso da RAG contra o decreto
SERMOS GALIZA

Prolingua celebra a través dun comunicado a admisión a trámite por parte do Tribunal Supremo do recurso de casación presentada pola Real Academia Galega, en tempo da presidencia de Ferrín, contra o Decreto de Plurilingüísmo. Destacan que é a primeira vez que un recurso en defensa do galego chega ao Supremo e pídenlle á RAG que continúe coa defensa xurídica do galego.


A través dun comunicado, a plataforma ProLingua manifesta o seu contento pola admisión a trámite no Tribunal Supremo español do recurso de casación que a Real Academia Galega presidida entón por Ferrín presentara contra o Decreto de Plurilingüismo da Xunta. Reclaman tamén que a actual dirección da Academia continúe coa defensa xurídica do galego nas máis altas instancias españolas e europeas. ProLingua fai pública a decisión do Tribunal Supremo que non recolle aínda a web da RAG.

Con seis sentenzas por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anulan dous artigos do Decreto, a Academia baixo as ordes de Xosé Luís Méndez Ferrín anunciara como unha das súas últimas decisións á fronte da institución presentar o recurso diante do Tribunal Supremo co fin, segundo indican desde ProLingua, de “continuar coa batalla legal para a derrogación total do Decreto e a elaboración doutro novo que partise dos supostos contidos no Plan Xeral de Normalización”. A presentación do recurso foi unha das razóns que esgrimira o daquela secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, para argumentar a súa acusación de “persecución política” que remataría coa dimisión de Ferrín e a súa saída da Academia.

No comunicado, ProLíngua lembra que “ninguén daba nada” polo recurso da RAG, cuestionado mesmo desde voces do mundo do dereito. “Mesmo algunhas persoas que se alegraran polas sentenzas do TSXG demandaban que a RAG retirase o recurso e que a Xunta sentase a negociar un novo pacto pola lingua”, sinalan, a respecto doutras das liñas que entón saíran no debate e que se refería á suposta vontade dun sector da propia Academia, entre os que na polémica o propio Axeitos situaba ao lingüista e actual secretario da RAG Henrique Monteagudo, promotor dun manifesto pola defensa da lingua. “A Xunta seguía a actuar con falsidade, pois anunciaba que aplicaría "de xeito flexible" os artigos anulados e na práctica enviaba mensaxes á sociedade de que toleraría e practicaría o incumprimento das sentenzas”, destacan do momento no que a RAG decide presentar o recurso.

Que a RAG continúe nos tribunais

ProLíngua celebra “con alegría” a noticia do Tribunal Supremo da admisión por vez primeira dun recurso en defensa do galego e felicita á RAG por ter cumprido coa súa función de defensa da lingua galega. “O seu recurso de casación, independentemente do resultado final no Supremo, sitúa a nosa lingua no taboleiro estatal e demostra que os galegos non imos renunciar aos nosos dereitos lingüísticos, que nos importa o noso idioma e que o imos defender con todos os instrumentos que teñamos na man, no cerebro e no corazón”, destacan no comunicado.

Reclaman, no mesmo sentido, que a RAG presidida agora por Xesús Alonso Montero, “leve a defensa xurídica do idioma galego ata as máis altas instancias españolas e europeas, como por outra banda prometera o seu actual presidente. Apoios non lle han faltar”.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-10-2013 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
O Celta teno moi claro: o galego é de Primeira!!
SERMOS GALIZA

Xogadores e equipo técnico do equipo celeste gravan un vídeo de apoio ao idioma do país dentro da campaña 'Gústame o galego'.


O Celta teno moi clariño: 'O galego é de Primeira'. Así se titula o vídeo que xogadores e equipo técnico do club celeste gravaron para apoiar o idioma do país.



De Luis Enrique a Yoel, pasando por Gudelj, Oubiña, Rubén, Jonathan Vila, Sergio, Bermejo, Aurtenetxe... portan faixas en apoio ao galego e mesmo din frases no noso idioma. 'Gústame... que o galego teña unha boa canteira', '...xogar en galego', '...como Balaídos roxe en galego', '...que a vitoria fale galego', 'escoitar o galego do Ala celta!' ou '...cantar a Rianxeira'. Xogadores do primeiro equipo e da canteira luciron estes lemas no vídeo que xa está a circular polas redes sociais.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-10-2013 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
O Salón Teatro de Santiago acollerá dúas únicas proxeccións de “A Cicatriz Branca”, novo filme de Margarita Ledo.
GALICIA HOXE - SANTIAGO. REDACCIÓN | 21.10.2013


A cineasta galega, Margarita Ledo, segue coa promoción da súa nova película “A Cicatriz Branca”. Nesta ocasión é Santiago a cidade escollida. O vindeiro domingo 27 ás 18 horas e o luns 28 de outubro ás 20.30, no Salón Teatro. Eva Veiga, Xabier Deive, Lino Braxe e Tamar Novas, entre outros, forman parte do elenco dunha película coa que Ledo Andión trata a temática das mulleres que emigraron soas na primeira metade do século XX.

Nesta ocasión faino a través das vivencias de Merce, interpretada pola poeta Eva Veiga. Destinada a servir nunha casa acomodada en Bos Aires, e tras perder ós poucos días o seu traballo, a protagonista pasa tres días na Estación Constitución onde a súa vida se entrelaza coa de outras emigrantes. A película ven a culminar un traballo de investigación iniciado co documental “Apuntamentos para un filme” onde se recollen diversas testemuñas de mulleres emigrantes que serviron de inspiración para as personaxes da película.

Presentación en Bos Aires

Tralo seu paso por Santiago, A Cicatriz Branca continuará o seu percorrido en Bos Aires, onde Margarita Ledo presentará o seu filme no Centro Cultural Virrey Liniers o próximo 30 de outubro co apoio da Dirección de la Mujer. Non será a única proxección na capital bonaerense xa que tamén se poderá ver no Centro Cultural da Cooperación o 4 de novembro.
O filme foi rodado en Galicia e Arxentina e conta entre as súas localizacións lugares como o Psiquiátrico de Castro, na Terrachá, o Hospital do Centro Gallego de Buenos Aires ou a propia Estación Constitución onde aconteceron moitas escenas semellantes ás que conta o filme. Declarada de interese cultural polo Ministerio de Cultura, A Cicatriz Branca contou co apoio de diferentes institucións como a AGADIC e de servizos de Igualdade tal os do Concello de Vigo, Deputación de Lugo, Concello de A Coruña ou o Instituto de la Mujer.
Margarita Ledo, unha cineasta comprometida
Poeta e escritora, da súa novela “Porta Blindada”a sae a personaxe masculina central do filme ‘A cicatriz branca’; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como “Cine de fotógrafos”, Premio Espais d’Art Comtemporani; cineasta experimental en ‘Illa’ ou en ‘Cienfuegos, 1913’; dirixe os documentais ‘Santa Liberdade’ e ‘Liste, pronunciado Líster’. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, e preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación.
Máis información e imaxes no Pressbook: www.acicatrizbranca.com
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-10-2013 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
O Parlamento reclama unha campaña de defensa do galego na Unión Europea
GALICIA HOXE - SANTIAGO. EP | 22.10.2013


Os catro grupos representados no Pazo do Hórreo --PPdeG, PSdeG, AGE e BNG-- aprobaron por unanimidade este martes unha iniciativa na que se insta á Xunta a realizar, xunto coa administración competente, unha campaña a favor do galego en Europa.

A iniciativa que recibiu o apoio unánime dos grupos na comisión de asuntos europeos foi transaccionada en base a un texto de AGE e nela reivindícase a defensa do uso do galego, "como lingua de pleno dereito", que participa no proceso de construción da cidadanía europea.

Na proposta tamén se insta ao Goberno galego a requirir da Oficina de Información en España do Parlamento europeo acciónelas pertinentes" para que se permita o uso da lingua galega no concurso Euroscola.

Ademais, pídese á Xunta que promova, "por si ou en colaboración co Estado, con outras entidades públicas e privadas", unha campaña en defensa das linguas minoritarias europeas como patrimonio común de "todos" os pobos de Europa.

Do mesmo xeito, solicítase promover "a utilización e preservación" destas linguas para o futuro.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-10-2013 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal