Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Mesa Redonda

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 31-10-2006 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
PERCURSOS FALADOS, CAMIÑOS PARA ANDAR E COÑECER
No novo ano académico 2006-2007 queremos botar a andar unha nova iniciativa que nace co obxectivo central de abrir un outro espazo de encontro e relación para o estudantado dos distintos centros de ensino de Ferrolterra.
Percursos falados quere ser unha actividade que permita, a todos aqueles que queiran participar, coñecer e gozar da xeografía, da natureza e da paisaxe máis básica e esencial da nosa contorna comarcal, así como da do resto de Galiza, a través duns roteiros e camiñadas accesíbeis para todo o mundo.
Os/as participantes comprométense a usar a lingua propria de Galiza durante o percorrido.

PERCURSO FALADO POLA FRAGA DO RÍO BELELLE

▪ Día: 11 de novembro, sábado [11-XI-2006]
▪ Hora de saída: 9,00 horas (o autobús espéranos na Rúa Ramón y Cajal, fronte ao IES Marqués de Suanzes)
▪ Regreso: Estaremos de volta sobre as 15,00 horas.
▪ Quen se pode inscribir?: Alumnas e alumnos, pais, nais e profesorado en xeral dos centros de ensino asociados de Ferrolterra.
▪ Recomendamos maiores de dez anos.
▪ Para inscribirse: Contactar co/a profesor/a coordenador/a das Equipas de Normalización de cada centro.
▪ Prezo do autobús: Dependendo do número de participantes oscilará entre 3,29 e 4,46 €. Os que queiran uns pinchos ao final do percurso deberán sumar 3,5 €.
▪ Data límite para inscrición: Venres 3 de novembro (para comunicarllo á Coordenadora).
▪ Como o número de prazas é limitado, 60, a inscrición farase atendendo a estes criterios:
- Alumno/a (+ profesor/a do centro e/ou pai/nai) de todos e cada un dos centros que se acollan atendendo á data da solicitude.
- Socios/as adultos.
▪ Guieiro: Xesús Oca Ben

RECOMENDACIÓNS PARA OS PERCURSISTAS

Sería bon que cada quen levara:
- Pequena mochila de non máis de tres quilos.
- Vestimenta de sendeirista:
. calzado axeitado (botas de media montaña)
. chándal cómodo (pantalón longo)
. viseira
. chuvasqueiro
. caxato ou bastón
- Algo para comer tipo galletas ou froita, froitos secos, chocolate ou pequeno bocata. Importante levar auga (botellín de 0,33 l).
- Tamén é de aconsellar, pois o microclima da ribeira do Belelle é moi húmido, que noutra bolsa ou mochila, que quedaría no autobús, levemos roupa de recambio (peúgos ou carpíns, pantalóns...) por se nos mollamos, para poder estar secos unha vez rematada a camiñada.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-10-2006 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Carta aos blogueiros de Gabriel Beceiro
Compañeir@s blogueir@s

Quérovos facer unha pregunta malia non vos adicar a estes mesteres: abriu por fin a biblioteca pública ferrolá?
Parabéns para o Caderno da Coordenadora

cartafol de gardalivros: http://www.blogoteca.com/gardalivros/


Unha aperta galega e amiga
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 03-10-2006 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Lido na Opinión de A Coruña
BALAS PERDIDAS
Historias de España (Lois Oreiro)


A cita de Bieito XVI sinalando a expansión do Islam coa espada tivo de inapropiada todo o que tiña de certa. Porén, obviou as cruzadas cristiás e o Santiago matamoros, ademáis do factor irracional e expansivo inherente a tódalas relixións, incluída a que el dirixe. A verdade revelada e a fe incondicional estiveron por diante da lei e dos dereitos humanos durante séculos, e aínda son consideradas hoxe fontes do dereito e filosofías do poder en moitos lugares do mundo. A invención de Deus foi máis determinante para a humanidade có lume ou a roda. A repercusión relixiosa nas ideoloxías, e viceversa, o uso ideolóxico da relixión, marca a historia e o presente dos homes.
É neste contexto no que Aznar tercia na polémica do Papa cos musulmáns. O ton coloquial e o seu inglés vacilante non nos descobren tanto a súa posición contraria á aproximación entre dogmas relixiosos -imposible de seu-, como a clara apelación á relixión e ó mito da reconquista como fundamentos da súa idea de España. Unha idea tan resesa coma as escolas franquistas nas que se inculcaba.
É inexplicable esa manía de alimentar o nacionalismo español na historiografía menos científica. Calquera libro de historia algo rigoroso di que nunca existiu unha provincia romana chamada Hispania e que os documentos que apoian o asturianismo, a repoboación e a reconquista son falsificacións medievais para usurpar terras e privilexios con cesións de antigos reis imaxinarios. Os visigodos non só non constituiron un estado centralizado senón que a súa división axudou á ocupación árabe. En lugar de oito séculos de loita reconquistadora, predominaron os pactos sobre as liortas entre os musulmáns e os señores da Galicia (que non Asturias) de entón. Os anacronismos retrasando a fundación de Castela tamén son manifestos. Unha extravagancia superflua hoxe en día, cando Madrid se segregou das castelas para representar en exclusiva a España de verdade, a España como é debido.
Pero España non precisa nada disto para existir e prestixiarse, máis ben ó contrario. Non entendo a teima de Aznar de non ler máis historia revisada porque son mentiras nacionalistas e non sospeitar isto mesmo da versión que el interiorizou. Tampouco ten moito xeito que a Academia oficial aínda non desautorizase esas versións decimonónicas, fabricadas por e para as guerras coloniais, e prorrogadas polos réximes posteriores. No pasado a historia sempre estivera ó servizo do poder. Hoxe, esta lentitude dos científicos encargados de actualizala cheira a intrigas políticas e a pulsos entre camarillas de distinta tendencia. Con razón Balzac dicía que a súa obra valía máis ca dos historiadores porque a escribira con máis liberdade ca eles.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 03-10-2006 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Ferrol. Historia Social (1726-1858)

O vindeiro xoves, día 5 de outubro, ás 20:00 horas, Mercedes Santalla López presentará, na galería Sargadelos de Ferrol, o seu libro Ferrol. Historia Social (1726-1858).
Os membros da coordenadora estamos invitados ao acto.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-10-2006 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
1ª reunión curso 2006-07
Reunión da Coordenadora

Día: Mércores 4 de outubro.
Hora: 19:00 horas.
Lugar: IES Concepción Arenal

Orde do día:
1- Aprobación, se proceder, da acta da sesión anterior.
2- Planificación das actividades a realizar durante o presente curso académico 2006-07.
3- Rolda de intervencións.

Ferrol, 29 de setembro de 2006.

A secretaria

Carme García Tizón
Comentarios (0) - Categoría: Convocatorias - Publicado o 02-10-2006 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal