Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Co hashtag #EnGalegoOpino A Mesa anima a dirixirse a TripAdvisor para que permitan opinións en galego
?Lamentamos comunicarte que no podemos publicar tu opinión?. Así se dirixiu a coñecida web de viaxes Trip Advisor a unha usuaria que quixo publicar unha opinión en galego.

Segundo sinalan na comunicación enviada, isto débese a que entre as linguas que contemplan nas normas de publicación o galego é unha das excluídas.

A Mesa pola Normalización Lingüística animou hoxe a se dirixir á coñecida web de viaxe Trip Advisor para mostrar o noso rexeitamento como galegas e galegos ao desprezo que mostran ás opinións emitidas en galego, que fican automaticamente excluídas.

Porén Trip Advisor si contempla a posibilidade de publicar noutras linguas como alemán, árabe, checo, coreano, chinés, danés, español, eslovaco, finés, francés, grego, hebreo, húngaro, holandés, indonesio, inglés, italiano, xaponés, noruego, polaco, portugués, ruso, serbio, sueco, tailandés, turco e vietnamita.

https://www.facebook.com/TripAdvisor.es para facebook, ou @tripadvisores e @tripadvisor para o Twitter son algúns dos lugares onde A Mesa anima a facer constar o rexeitamento a esta exclusión do galego con hashtag #EnGalegoOpino

As opinións das galegas e e galegos son tan válidas como calisquera outras. Este atrevemento de Trip Advisor contra a lingua propia de Galiza, só se explica desde o decoñecemento ou desde o desprezo. Facerlle ver a Trip Advisor que o galego existe e que as galegas e galegos temos opinión e é tan merecente de respecto como as outras é un bo antídoto para evitar neutralizar as dúas posibilidades.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-11-2015 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Twiter en galego


Podes ter a túa conta en galego nun só clic!
Clic:
http://goo.gl/EmihSm
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-11-2015 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Poetarras
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 07-11-2015 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Bases para o II Certame Literario "Carmela Loureiro"
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-10-2015 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN
NOVA DIRECTIVA DA ASOCIAIÓN C. " COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE FERROL"

PRESIDENTA : PILAR PATINHO PENYA
VICEPRESIDENTE : ADRIÁN ACCIÓN
SECRETARIO: XIL LÓPEZ SÁNCHEZ
TESOUREIRO: XOSÉ MANUEL PAZO BLANCO
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-10-2015 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Daniel Vilaverde agradece o premio para POETARRAS // CIP 2014
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 29-10-2015 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Bilingüismo cordial
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 29-10-2015 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Os centros privados apostan por reducir o galego aproveitando o novo decreto da Xunta
A CIG-Ensino denuncia que a autorización dos centros plurilingües faise en detrimento do ensino en lingua galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2015


?O Decreto 79 para o Plurilingüismo foi ideado coa perversa intención de reducir a presenza do noso idioma, e a dita orde pon xustamente isto en evidencia?. É a denuncia que fai CIG-Ensino sobre a a orde da relación de centros plurilingües para este curso 2015/2016.

Así, destaca que o Decreto 79 reduce a presenza do galego a un terzo do horario a través da imposición do inglés. Pero, ademais, segundo a CIG, a Consellaría autoriza que a materia impartida en lingua estranxeira sexa unha das materias de obrigada impartición en galego, sen esixir o cumprimento do que se recolle no Decreto a este respecto, que dispón que se poida impartir outra materia en lingua galega, a fin de restituír a proporción dun terzo para o galego.

E, por iso, o 18% dos centros plurilingües que se autorizan para este curso, todos eles privados agás un público, escollen como materia para impartir en lingua estranxeira unha materia de obrigada impartición en galego. Fronte a isto, soamente un centro propón como materia para impartir en lingua estranxeira, unha das de obrigada impartición en castelán. ?E isto nunha convocatoria na que resultan beneficiados maioritariamente os centros privados, pois aínda sendo moitos menos cós centros públicos, representan nesta orde o 51% dos centros admitidos?, engade.

Por iso, a través dun comunicado, denuncia que a orde ?é realmente un subterfuxio? para reducir a presenza do noso idioma nas aulas. ?Hoxe por hoxe é unha evidencia, e aí están os resultados da evolución do uso da lingua galega. Nin sequera se cumpren os mínimos recollidos no Decreto e a nosa lingua non ten a presenza necesaria para se manter en condicións aceptábeis?, sinala.

Neste sentido, critica á Consellería de Educación e Cultura porque, di, lonxe de procurar mecanismos que axuden a inverter a situación, ?aplica o Decreto aínda máis restritivamente do que o propio Decreto estabelece?. Deste xeito, a CIG-Ensino pide a derrogación do Decreto 79 de Plurilingüismo e a aprobación doutra nova orde que promova a normalización no ensino.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-10-2015 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Isaac Alonso Estraviz: «O importante non é ser escravo dunha norma senón amar a lingua»
O profesor e lexicógrafo reivindicou o uso do galego dende a mocidade.

MAITE RODRÍGUEZ - La Voz de Galicia - 25 de octubre de 2015


Isaac Alonso Estraviz conserva un mundo de enerxía e rebeldía aos seus ben levados oitenta anos. Logo de dar moitas voltas, primeiro como sacerdote e logo como profesor, agora - xa xubilado- aínda da clases de galego para maiores na universidade sénior do campus e a participa en congresos e actividades culturais.

Regresa ao instituto Otero Pedrayo, o primeiro centro ourensán no que impartiu clases de galego, logo de pasar por varias localidades, a pesares de que, di Estraviz, lle impediran ensinalo por ser reintegracionista (a vertente que promulga a unión entre o galego e o portugués). Aprobou a oposición en 1987 e foi unha etapa docente que o trouxo de novo a Galicia, despois de moitos anos no desterro logo de seren expulsados do mosteiro de Oseira. «Prohibiran falar galego nos centros relixiosos. Eu, aos 17 anos prometín nunca máis falar castelán. Rebeleime. Pensaba: Son galego. Ser católico ou monxe é secundario. No ano sesenta botáronnos a todos», recorda.

Nacido en Vila Seca (Trasmiras) en 1935, Alonso Estraviz entrou en Oseira con doce anos. «Era un sitio frío. O mosteiro estaba sen reconstruír. Había que traballar todos os días, ademais de estudar e os actos litúrxicos», lembra. Con 24 anos, en 1959, foi ordenado sacerdote como Padre Santos. Un ano despois, nun Capítulo Xeral expulsaron a todos os monxes por unha suposta rebelión interna. Comezou un desterro que logo dun longo camiño o levou ao mosteiro de Mariawald (Alemaña), Dijon e Navarra.

En Navarra pediu «levar vida normal». Alí traduciu os Salmos ao galego. Os anos logo da secularización foron «duros» ata que se xuntou co grupo dos outros monxes «rebeldes» en Albacete. Na cidade manchega viviu no Barrio da Estrela «con xitanos e ladróns. O Padre Silva dixo que fora o peor barrio que coñecera. Démoslles pisos aos que vivían nas covas. O primeiro bautizado que fixen en galego foi en Albacete, un fillo dun galego», ri. Xa en 1970, foi a Madrid e deu clases de Relixión no barrio de San Blas, outra zona dura, mentres estudaba Filosofía e traducía libros do portugués ao castelán. Fixo a súa tese sobre Rosalía de Castro en galego e prometeu facer unha gramática e un dicionario. «Cunha bolsa Gulbenkien fun a investigar a Lisboa. Ía vendo frecuencias e variantes en textos en galego e en portugués», conta. Editar o Dicionário da Língua Galega foi un proceso cheo de vicisitudes económicas e ortográficas. No ano 1986 publicaron tres volumes con cen mil pesetas que lles deixara un xubilado. Con máis de 133.000 entradas e hoxe pode consultarse a versión electrónica (www.estraviz.org). «Foi o primeiro dicionario galego-galego», reivindica.

Volveu á docencia no Pablo VI da Rúa. Alí fundou Radio Antoxo, onde facían programas de cultura e recibiron avisos de prohibición. Logo de opositar e dar clases por media Galicia, atendeu a chamada para vir a Ourense ao Otero Pedrayo. Ten boas lembranzas da etapa: «Cos alumnos, por todos os lados, fantástico. Nunca suspendín a ningún. Non se pode andar a suspender por unha falta se as palabras son galegas. Terminarán odiando o galego e hai que facer que os alumnos terminen amando a lingua. Nunca empreguei unha norma nin utilicei un libro de texto. O importante non é ser escravo dunha norma senón amar a lingua».
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-10-2015 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Rechazan una queja sobre el crimen del hospital por estar en gallego
El Ministerio de Justicia devuelve el escrito y emplaza a la "Marcha Mundial das Mulleres" a presentarlo en castellano

J. Fraiz Ourense - Faro de Vigo - 26.10.2015


Más de 1.200 ciudadanos y una treintena de asociaciones de toda Galicia se sumaron a la petición de responsabilidades por la desprotección de la ourensana Isabel Fuentes, acuchillada hasta la muerte por su marido el pasado mes de mayo, cuando se recuperaba en el hospital de Ourense de un primer ataque en el domicilio conyugal de Verín. La asociación en Ourense de la "Marcha Mundial das Mulleres" lideró una iniciativa para exigir explicaciones al Consejo General del Poder Judicial (CGPJ). El colectivo feminista cursó una reclamación patrimonial simbólica que pretendía poner el foco sobre la falta de medidas por parte de la juez pese a las sospechas y advertencias por escrito de la Guardia Civil. En un escrito al que ha tenido acceso FARO, el Ministerio de Justicia rechaza la queja presentada a finales de septiembre. La administración no entra en el fondo sino que la devuelve porque estaba en gallego.

Dice la Constitución que el castellano es la lengua oficial del Estado y que las demás lenguas españolas también lo son en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos. La Subdirección General de Relaciones con la Administración de Justicia y el Ministerio Fiscal, instancia a la que compete tramitar quejas como la registrada por el colectivo feminista, se basa en el artículo 36 de la Ley 30/92, de 26 de noviembre, sobre el Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y el Procedimiento Administrativo Común: "La lengua de los procedimientos tramitados por la Administración General del Estado será el castellano". El consejero técnico de la Subdirección General firma una resolución de fecha 1 de octubre por la que "se devuelve el mencionado escrito a fin de que sea presentado en lengua castellana, conforme a lo establecido en la citada norma".

La Marcha Mundial das Mulleres está estudiando posibles medidas tras esta negativa por cuestión del idioma. Ya lo ha puesto en conocimiento de la Mesa pola Normalización Lingüística. En cualquier caso, mantendrá el cauce para que sea posible una investigación interna sobre posibles negligencias del sistema en el asesinato en el CHUO de Isabel Fuentes.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-10-2015 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0