|
|
|
|
Homenaxe a Meizoso |
|
Cartel utilizado para a homenaxe ao compañeiro José Carlos Meizoso, membro fundador deste Coordenadora e motor de moitas das actividades celebradas por ela. |
|
|
|
Teatro con g |
|
Cartel utilizado para a convocatoria do certame de teatro que, durante catro días e coa participación de catro grupos, se celebrou no Centro Cultural Torrente Ballester.
Os grupos participantes foron:
- IES Fernando Esquío, de Neda.
- IES Ricardo Carvalho Calero, de Ferrol.
- IES Punta Candieira, de Cedeira.
- Obradoiro de Teatro do IES Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol. |
|
|
|
Decembro de 2005 - Para enviar á Delegada Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar ? A CORUÑA |
|
O Gabinete de Normalización Lingüística do ....................................
........................... de ........................
MANIFESTA
A) Que con data de 15/16/17 de novembro de 2005 , se desenvolveu un curso ofertado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol en convenio co Servicio Galego de Igualdade e o Concello de Narón.
B) Que a relatora foi proporcionada polo Instituto da Muller.
C) Que todos os materiais empregados no curso , incluído o esquema-programa do curso, utilizaban a lingua castelá.
D) A relatora do curso se expresou en todo momento en castelán.
E) A relatora do curso realizou unha esixencia reiterada a profesoras que o estaban realizando para que traduciran un texto persoal, escrito a petición súa, ao castelán.
F) Que estes feitos supoñen unha vulneración dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas a se expresaren na súa lingua. Asemade supoñen un incumprimento da lei de Normalización lingüística.
Polo que lle solicitamos:
a) Se tomen as medidas oportunas para que estes feitos non volvan suceder.
b) Se lles comunique ás profesoras afectadas ás disculpas que, en boa lóxica, unha administración galega e democrática debe expresar ante os cidadáns que sofren as irregularidades da mesma.
En Ferrol, a 20 de Decembro de 2005
Asinado:
DELEGADA PROVINCIAL DA VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E O BENESTAR ? A CORUÑA
|
|
|
|
Asterix e Obelix |
|
En novembro do 2005, enviáronse correos electrónicos á editorial Bruño para que editase Asterix e Obelix en galego.
acliente@editorial-bruno.es
Queremos a Asterix e Obelix
En Galego
|
|
|
|
Convocatoria 4 |
|
CONVOCATORIA DE REUNIÓN
DÍA: XOVES, 9 de Marzo DE 2006
HORA:19,00 HH.
LUGAR:IES CONCEPCIÓN ARENAL
Orde do día:
1/ Lectura e aprobación, se proceder, da acta da reunión anterior.
2/ Selección de traballos para a fase intercentros do VI Certame de Poesía e Imaxe : ?En galego, sen filtro ?.
3/ Definición das actividades :
- Homenaxe a Meizoso.
- Inmersión lingüística ?Coa lingua de excursión?[ os centros deberemos traer xa a decisión de participar ou non e nº de alumnos/as].
- Xornadas de teatro.
- ?A mocidade coa lingua? : información das xestións.
4.- Aprobación, se proceder, orzamentos 2006.
5.- Aprobación de altas na Coordenadora [ lémbrase a necesidade de traer as fichas de afiliación, individuais e/ou colectivas, cubertas]
6 .- Rolda de intervencións
Ferrol a 23 de febreiro de 2006
A Secretaria : CARME RODRÍGUEZ TIZÓN
|
|
|
|
Convocatoria 3 |
|
CONVOCATORIA DE REUNIÓN
DÍA:XOVES, 1 DE DECEMBRO DE 2005
HORA: 19,00 HH.
LUGAR:IES CONCEPCIÓN ARENAL
Orde do día:
1/ Lectura e aprobación, se proceder, da acta da reunión anterior.
2/ Aprobación, se proceder, da proposta de cota para os socios/as da asociación.
3/ Concreción actividades a desenvolver no curso 2005/2006:
- Poesía e Imaxe, ? En galego sen filtro?: métopas.
- Ciclo de cinema ? En galego de película?:
? datas
? elección de filmes a proxectar.
?
- Teatro:
? lema
? grupos
? datas
- ?A mocidade coa lingua? : información das xestións.
- ?Coa lingua de excursión?:
* decidir Foz / Ribadeo/Viveiro
- Homenaxe a Meizoso:
? informar das xestións
? decidir data
4.- Rolda de intervencións
A Secretaria : CARME RODRÍGUEZ TIZÓN
|
|
|
|
Convocatoria 2 |
|
CONVOCATORIA DE REUNIÓN
DÍA: XOVES, 27 DE OUTUBRO DE 2005
HORA: 19,00 HH.
LUGAR:IES CONCEPCIÓN ARENAL
Orde do día:
1/ Lectura e aprobación, se proceder, da acta da reunión anterior.
2/ Entrevista co Director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Secretaría Xeral do Benestar D. Rubén Cela Díaz.
3/ Información da reunión mantida co Concelleiro de Cultura e o Concelleiro de Educación do Concello de Ferrol
4/ Iniciativas para a homenaxe ao compañeiro Xosé Carlos Meizoso.
5/ Selección de poesías para o Certame de Poesía e Imaxe ? En galego, sen filtro?.
A Secretaria : CARME RODRÍGUEZ TIZÓN
Ás 18:00 horas O Director Xeral celebrará no IES ? Concepción Arenal? unha rolda de prensa para os xornais dos centros de ensino. Todos aqueles que queiran participar prégaselles confirmen a asistencia enviando e-mail á nosa caixa de correo.
|
|
|
|
Convocatoria 1 |
|
CONVOCATORIA DE REUNIÓN
DÍA:XOVES, 22 DE SETEMBRO DE 2005
HORA: 19,00 HH.
LUGAR :IES CONCEPCIÓN ARENAL
Orde do día:
1/ Sinatura de actas e documentos para a constitución da Asociación Lingüístico-Cultural Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística
2/ Planificación das actividades a realizar durante o presente curso académico 2005-2006
3/ Iniciativas para a homenaxe ao compañeiro Xosé Carlos Meizoso.
A Secretaria : CARME RODRÍGUEZ TIZÓN
COORDENADORA EQUIPAS NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
|
|
|
|
PORQUE TEMOS, PORQUE QUEREMOS, PORQUE DEBEMOS |
|
O Estatuto da normalidade lingüística
O galego: un dereito, un deber
PORQUE TEMOS unha lingua propia. Unha lingua que nos une como galegas e galegos e que contribúe ao noso xeito de ver o mundo.
PORQUE QUEREMOS poder utilizar esta lingua para calquera cousa do noso día a día e que calquera galega ou galego poida gozar tamén do seu uso. Para xogar, para ouvir a radio, para facer xestións por internet, para casar, para soñar...
PORQUE DEBEMOS protexer unha das nosas grandes riquezas como pobo.
Na actualidade, despois de 25 anos do actual Estatuto, o galego continúa a estar mesmo moi por
debaixo dos niveis mínimos de teórica cooficialidade. O debate do novo Estatuto supón unha oportunidade histórica para superar a situación de discriminacións que continúa a padecer a nosa lingua e quen quere utilizala con normalidade.
Precisamos dun Estatuto que solucione o problema: podermos exercer como galegos e galegas na Galiza. Un Estatuto que non manteña por máis tempo o galego nunha situación de inferioridade a respecto do castelán. Un Estatuto que garanta o dereito individual de calquera persoa a poder vivir en galego. Un Estatuto que garanta o dereito colectivo á lingua propia.
Porque ao galego deben corresponderlle todas as garantías dunha lingua oficial.
O galego é o idioma do Estado que máis precisa das garantías dun novo Estatuto. Mentres en Cataluña ou Euskadi houbo gobernos autonómicos que desenvolveron políticas que serviron para recuperar e estender eficazmente as súas linguas, en Galiza non só non se desenvolveu o tímido marco legal, senón que mesmo se permitiu a súa vulneración. A pesar desta falta de implicación das institucións, que conlevou unha forte caída de falantes nas xeracións máis novas, o galego continúa a ser a lingua espontánea de uso habitual para a maioría da poboación.
Que no Estatuto de autonomía figure o galego como ?dereito e deber? ou que conteña unha carta de dereitos lingüísticos, significaría unha garantía de primeiro nivel para que o galego supere a situación de cooficialidade subalterna. Precisamos garantías para que a galeguización do ensino,
o uso do galego nos medios públicos, nas administracións, etc, non dependa da maioría electoral conxuntural nin da mobilización permanente da sociedade.
PORQUE TEMOS, PORQUE QUEREMOS, PORQUE DEBEMOS, as persoas e entidades que apoiamos esta mobilización do 17 de maio de 2006, conscientes do reto histórico, demandamos para o novo Estatuto de Galiza:
1.- Que se manteña a obriga dos poderes públicos de contribuír a normalizar a nosa lingua.
2.- Que se recoñeza o dereito a usar e o deber a coñecer o galego, dándolle plena validez xurídica ás comunicacións na nosa lingua en todos os ámbitos.
3.- Que se garanta o dereito de todas as persoas a ser atendidas oralmente e por escrito en galego, na súa condición de usuarias e consumidoras de bens, produtos e servizos.
4.- Que se regule o uso preferente do galego por parte de todas as administracións situadas en
Galiza, o cal inclúe tamén a Administración Xeral do Estado e a Administración de Xustiza. O persoal ao servizo das Administracións públicas debe estar capacitado e en disposición de usar o galego como lingua propia das Administracións galegas e as situadas na Galiza.
5.- Todo o persoal da maxistratura, notarías, fiscalías e rexistros, para prestar os seus servizos en Galiza, han de acreditar que teñen un coñecemento adecuado e suficiente do galego como
para garantir o dereito de opción lingüística.
6.- Que se recoñeza ao galego a condición de lingua vehicular no ensino non universitario.
7- Que se consigne o uso preferente do galego nos medios de comunicación públicos en Galiza, incluíndo por tanto a RNE e TVE.
8.- Que o Goberno galego promova a comunicación e cooperación cos outros territorios que pertencen ao sistema lingüístico galego-portugués.
9.- Que o Goberno galego fomente singularmente o uso da lingua galega nas zonas galegofalantes do exterior da comunidade autónoma de Galiza.
Pedímoslle a todas as forzas políticas e axentes sociais que estean á altura do que este país e
este tempo histórico demandan. Un Estatuto que recolla artigos no sentido antedito rachará os
alicerces que sustentan as graves discriminacións que aínda padece o galego.
Ademais, para alén do sinalado no importante debate estatutario, agardamos que desde o novo
Goberno da Xunta, singularmente desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, se comece a traballar para afrontar os problemas de base que ten o noso idioma, garantindo en primeiro lugar
o dereito fundamental á escolarización en galego.
Porque TEMOS unha lingua propia e QUEREMOS vivir e aprender en galego, hoxe DEBEMOS exixir o cumprimento do noso dereito. |
|
|
|
|
|
|
|
|