A asociación vén de converterse na primeira entidade galega en ser acreditada como asociación consultora do patrimonio inmaterial, logo da celebración da 10ª sesión do Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial celebrada en Windhoek (Namibia) do 30 de novembro ao 4 de decembro.
Sermos Galiza
Ponte nas Ondas poderá exercer as función consultivas que o Comité Intergobernamental da UNESCO lle solicite, referidas a expedientes presentados para inscribir elementos na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial. Pode ser consultada en programas, proxectos e actividades relacionados co artigo 18 da Convención e no impacto dos plans de salvagarda dos elementos inscritos na Lista de Salvagarda urxente.
Esta asociación está integrada maioritariamente por profesorado de ensino público (escolas, institutos e universidades) de Galiza e do Norte de Portugal. Desde hai 20 anos vén desenvolvendo un labor de transmisión e posta en valor do patrimonio inmaterial galego-portugués no ámbito educativo e tamén no cultural cunha importante actividade pública de promoción e recoñecemento deste patrimonio.
Ademais, conta con destacados especialistas no ámbito do patrimonio inmaterial que defenden a existencia do patrimonio común galego-portugués e que veñen realizando tareas de estudo e investigación en diversos eidos relacionados con esta cultura común, tales como Alexandre Parafita, Álvaro Campelo, Carlos Nogueira, Ria Lemaire, Antonio Reigosa e Xosé Manuel Cid.
10 anos na loita
Ponte nas Ondas foi a asociación promotora da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO, a primeira candidatura multinacional nacida a partir de centros educativos. Ademais, sumáronse ao proxecto gran número de comunidades de portadores como as asociacións integradas na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, as comunidades de montes e baldíos de Galiza e do Norte de Portugal, facultades universitarias, concellos, asociacións de artesáns ou de músicos tradicionais...
Precisamente, o pasado 25 de novembro, coincidindo co 10 aniversario da presenza do patrimonio inmaterial galego-portugués na sede da Unesco en París, Ponte nas Ondas celebrou a Gala do Patrimonio no Teatro Municipal de Tui.
A artista de Mazaricos, coñecida pola súa participación no Luar, vén de recibir o Premio á mellor Solista Feminina española da radiofórmula arxentina Elegidos45 por un tema en galego, 'Estrelas por compartir'.
Sermos Galiza
Esta radiofórmula arxentina outorga anualmente estes galardóns. Na mesma categoría que Tania participaban cantoras españolas como Malú, Rosa López e Vanesa Martín. Noutras categorías foron elixidos David Bustamante como artista do ano, ou Manu Tenorio como autor do álbum do ano.
A listaxe Elegidos45 confórmase cada semana mediante o voto dos ouvintes de Radio Unyka, a cade de radio que emite desde Arxentina para Latinoamérica. Fuegho chegou ao número 1 co seu tema 'Estrelas por compartir', pero tamén entrou na listaxe coa canción 'Emigrante'.
Fuegho deuse a coñecer con 18 anos no concurso da TVG 'Son de Estrelas', no que quedou de finalista. A partir de aí empezou a ser unha habitual en varios programas da cadea e desde 2012 é parte do xurado de Recantos no Luar.
Fan confesa de Mónica Naranjo, ten publicado un maxi single chamado ?Emigrante? con tres temas, producido por Pedro González (SemenUp e Amistades Peligrosas). Agora está a gravar o seu primeiro traballo en español.
Prolingua pídelle a Posada respecto ao conxunto de linguas do Estado e dille que sería un "bo agasallo" aos cidadáns neste aniversario da Constitución Española.
Por Galicia Confidencial | Vigo | 06/12/2015
A plataforma Prolingua fixo hoxe pública unha carta aberta ao presidente do Congreso dos Deputados, Jesús Posada, na que reclama "respecto á riqueza plurilingüe de España no sitio web" da Cámara Baixa.
Este colectivo indicada que a web institucional do Senado (www.senado.es) pódese consultar en catalán, castelán, eúscaro, galego, valenciano e inglés, mentres que a do Congreso (www.congreso.es) só ofrece dúas posibilidades; castelán e inglés.
Nun comunicado este colectivo suliña que "está ben poder coñecer a actividade dos nosos deputados en inglés, pero é de xustiza dispor tamén desta información en galego e nas demais linguas españolas".
Ademais, fai referencia ao aniversario da Constitución e di que sería un "bo agasallo" aos cidadáns facilitar a consulta multilingüe dos contidos deste portal institucional.
Esta é a misiva:
Carta aberta ao presidente do Congreso dos Deputados
Excmo. Sr. Jesús Posada, presidente do Congreso dos Deputados:
Desde a plataforma apartidaria ProLingua dirixímonos a vostede para reclamar respecto á riqueza plurilingüe de España no sitio web do Congreso dos Deputados. O portal do Senado (senado.es) pode consultarse en catalán, castelán, éuscaro, galego, valenciano e inglés, mentres que o do Congreso (congreso.es), só en castelán e inglés. Consideramos necesaria unha ampliación inclusiva desta oferta que posibilite o acceso no resto dos idiomas de España que son oficiais nas súas Comunidades Autónomas, e mesmo que se considere esta posibilidade para aqueloutros que sen o seren contan cun certo grao de oficialidade coma o asturiano ou o aragonés. Ben está poder coñecer a actividade das nosas deputadas e dos nosos deputados en inglés, pero é de xustiza dispoñermos tamén desta información en galego e nas demais linguas españolas.
Hoxe a Constitución Española está de aniversario. Un bo agasallo á cidadanía sería facilitar a consulta multilingüe dos contidos deste portal institucional. Resulta habitual escoitar discursos gabando as bondades do plurilingüismo, mais se ese plurilingüismo fica reducido ao castelán e ao inglés, o resultado evidente é a exclusión das outras linguas. Non pode ser que o Congreso permita que estas linguas nacionais, mesmo aquelas con estatuto de oficialidade, reciban na práctica peor trato que idiomas estranxeiros. Desde Prolingua queremos agradecer de antemán a súa atención e agardamos unha solución a esta ausencia tan pouco plural.
A inesperada morte de Pepe Neira mergullounos a miña filla Antía e a min na tristura, e fíxonos recordar as frecuentes e demoradas conversas telefónicas que tíñamos con el. Recordándoo apilei enriba da mesa moreas de cartas que me escribíu durante décadas.
Por Xosé Glez. | Redondela | 01/12/2015
A nosa amizade comezou aló polo 1969 a través dunha correspondencia epistolar. Desde Cuba enviábame, a través da valixa diplomática, centos de libros que foron de gran utilidade como textos para fomar a decenas de militantes na escola de cadros da nova UPG, que eu animei e dirixín, e que el recoñeceu así nun artigo de prensa: ?El poñíame ao día no devir político, cultural, social e económico deste país, que había de recuperar o seu rumbo tras da corentena franquista; e eu mandáballe libros de contido diverso, que non había nesta banda do mar, e dos que en Cuba se imprimían milleiros de exemplares?.
O afecto e admiración que nos dispensábamos era recíproco. De min escribíu e díxo que tiña tres cualidades ?imaxinación, tenacidade e talante para dialogar con todos (agás os incivilizados, que os hai)?. Laiábase dalgunhas marxinacións ?eran tempos de moitos debalos e sectarismos políticos- cando me dicía ?Houbo o Congreso dos 25 anos do ILG en Santiago. Non vin na prensa que te convidaran a participar nel.E deberas estar. Tamén a min me tería gustado estar para falar do galego na emigración, pero en fin, non me convidaron?.
Sabedor das súas dificultades económicas propúxenme alivialas conseguíndolle unha pensión vitalicia da Fundación Barrié. ?O que si me viría ben ?pensando máis no futuro, hoxe por hoxe vou indo- sería a beca que me mencionaches. Daríame unha certa seguridade. Xa sabes o que somos os emigrantes retornados. Noutro lado do mar teño unha pequena xubilación, pero non é transferible? -dicíame-. Mobilicei a moitas institucións públicas e privadas, sindicatos e organizacións sociais para que apoiasen a miña proposta, e malia aos receos da Fundación, conseguíuse o obxectivo.
En 1996 díxenlle que ía contactar con algúns académicos da Real Academia Galega para que o nomeasen numerario. Parecíame que debía formar parte da institución; pero non tiña ningunha confianza en tal nomeamento. ?O da Academia non o sei. De corazón, agradézoche a túa iniciativa, pero, hai algo que facer ali en concreto? Pódese realmente traballar por Galicia? Pero se se pode ser útil, adiante sempre. Ser útil é o que importa?. Ao pouco ingresou na RAG.
Pepe sabía que a literatura nos tempos que corrían non podía ser a única ferramenta para galeguizar o país; por iso era un gran admirador do labor desenvolvido polas asociacións englobadas no colectivo ?Galeguizar Galicia? (www.galeguizargalicia.com), que procuraban para a lingua galega novos espazos de uso inéditos (xustiza, policía, empresarios, etiquetaxe, etc.) ?no que traballan fervorosamente pola dignidade e pola afirmación nacional de Galicia?, dicía nun artigo.
Colaborou sempre connosco con propostas literarias en todas as iniciativas promovidas para fomentar a normalización lingüística na Xustiza (Contos da Xustiza); nos corpos de seguridade (Palabra por palabra.Contos da policía) e (Contos de agardar); e no eido empresarial (Contos do Castromil), etc... Nunca faltou a ningunha das citas anuais en Soutomaior para asistir á entrega dos Premios Peña Novo, atendidos garimosamente el e Anisia pola eficaz e imprescindible Carme Vaquero, para facilitarlles a viaxe de ída e volta a Grés. Nese esforzo por arroupalo institucionalizamos hai dúas décadas un convívio anual nas ínsuas de Grés, no que ambos os dous eran agasallados polos asistentes.?Foron os iniciadores deste encontro Pepe González e o noso veciño de Brandariz, Gonzalo Balo, que actúa como eficaz ?intendente? nestes encontros? -dicía-.
Cando lle pedín unha manda testamentaria para incluír no libro ?En galego,agora e sempre? editado en 2002, escribíu: ?No canto de bens materiais, que non teño, deixo a paisaxe desta comarca do val do Ulla, onde nacín, tras longo canear por América; deixo as cancións e os romances, os mitos e as lendas que aprendín dende o berce e que inzaron o meu ser; deixo o murmurio do río e os ecos da fala herdada, nesa lingua que amo e utilizo como medio insubstituible para a miña comunicación cos demais, e que forma parte esencial do meu patrimonio como fillo desta terra?.
A amizade que nos uníu vivirá nas miñas lembranzas sempre.
A língua lakota ou sioux teton é umha das línguas siouan faladas ainda nos Estados Unidos. É intercompreensível com as outras línguas sioux, o dakota oeste ou yankyon e o este ou santee-sisseton. A reserva de Rosebud, a Dakota do Sul, é a sétima com mais populaçom, com 10.800 membros.
Os falantes de lakota som atualmente menos de 14 % do povo sioux. Podem totalizar umhas 6.000 pessoas, segundo o último censo disponível, de 2.010.
O escola Wakanyeja Tiokihe Oti, da reserva, iniciou em 2.014 um plano para introduzir a língua entre o alunado. Som 20 minutos de atividades diárias na língua própria, com as professoras Eagle Pipe e Guadalupe Standing Cloud, ambas falantes de lakota. Há 17 alunos e todos eles têm um falante de lakota na casa com quem praticar. O programa já tem lista de espera.