Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O pelo roxiño
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 21-12-2015 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Coelhinho
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 21-12-2015 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Estudantes de oito países familiarízanse coa lingua e a cultura galega
O país con máis alumnos e alumnas matriculadas na Universidade de Vigo para aprender galego foi México, seguido de Alemaña e China.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/12/2015


Unha visita ao Museo do Mar de Galicia puxo fin a a catro intensos meses nos que vinte mozos e mozas de lugares tan distantes como México, Alemaña, China ou Corea tiveron a oportunidade de ter unha primeira toma de contacto coa lingua e a cultura galega. Falamos do alumnado do Curso de Extensión Cultural para alumnado estranxeiro, unha actividade organizada dende a Área de Normalización Lingüística e na que este cuadrimestre participaron estudantes de oito países. Foron días nos que tiveron a oportunidade de achegarse á realidade sociocultural e sociolingüística galega e facelo non só a través das aulas, senón tamén de múltiples excursións nas que ademais de facer turismo, que tamén, comprobaron ?in situ? aspectos da historia, da cultura, da etnografía, da paisaxe, das festas? previamente expostas nas aulas.

?O temario é moi amplo e dificilmente é posible tratar todos os temas que inclúe, pero procúrase sobre todo que o alumnado teña acceso á información, facilitarlle as ferramentas que lle permitan afondar no seu coñecemento sobre Galicia e sobre a nosa lingua de maneira autónoma?, explica María Fernández, a docente do curso, que fai fincapé en que o programa tenta abranguer aspectos moi variados no eido cultural (xeografía, territorio, clima, paisaxe...); coñecementos etnográficos (festas, gastronomía, arquitectura popular, música, crenzas...); coñecementos históricos que lle permitan entender a singularidade de Galicia no contexto peninsular, así como tamén coñecementos básicos de literatura galega (períodos, escritores, obras destacadas...).

Achegarse á realidade sociocultural e sociolingüística galega
?O curso ten un carácter introdutorio. Pretende ser unha toma de contacto coa lingua e a cultura galega, ofrecerlle un contexto á xente que chega a estudar aquí, a Vigo, a Galiza?, subliña a docente, que fai fincapé en que se trata de ofrecer un marco, unhas coordenadas, unha comprensión da realidade sociocultural e sociolingüística galega. ?Como materia, dous son os principais obxectivos: por unha parte, que o alumnado adquira uns coñecementos elementais sobre a cultura galega; pola outra, que adquira certa competencia lingüística en lingua, isto é, que sexa capaz de comprender actos comunicativos básicos e desenvolverse a nivel elemental oralmente e por escrito?, recalca Fernández, que apunta que se traballan as catro destrezas básicas da comunicación: a expresión oral, a expresión escrita, a comprensión lectora e a compresión auditiva.

?O curso dálles a posibilidade de coñecer Galiza doutra maneira, de aproveitar outro tipo de ocio que non é incompatible coas festas e a vida nocturna, ofrécelles outra visión da realidade galega e rómpelles os esquemas da homoxeneidade cultural e lingüística, dos estereotipos culturais?, subliña a docente, que recalca o feito de que ?tamén tenta desmitificar e desprexuizar o alumnado e, non menos importante, ofrecerlle a posibilidade de dar os seus primeiros pasos en lingua galega?.

Percorrendo Galicia
A maior parte das excursións realizáronas en sábado, fóra do horario lectivo, e nelas tiveron a oportunidade de achegarse a lugares tan emblemáticos da xeografía galega como Tui, Santa Tegra e Baiona; o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do río Toxa; o mosteiro de Oseira, Ribadavia, o castelo de Sobroso... Ademais, realizaron tamén varias visitas en horario lectivo nas que tiveron a oportunidade de percorrer a zona vella de Vigo e o monte do Castro; o pazo de Castrelos, o Museo Etnográfico Liste... ?O que se procura con estas saídas é que o alumnado amplíe os seus coñecementos e percepción sobre Galicia. Non se trata simplemente de facer turismo, as visitas son planificadas polo miúdo para que o que se ve na aula teña o seu espello/reflexo na realidade?, recalca a responsable do curso.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-12-2015 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas e Agarimos estrea 'Balbino' en homenaxe a Neira Vilas
Sermos Galiza

Máis de 90 artistas escenificarán o domingo 27 no Auditorio de Galicia unha proposta multidisciplinar inspirada na obra ?Memorias dun neno labrego?.


A estrea de 'Balbino' será o 27 de decembro ás 20 horas no Auditorio de Galicia. Cantigas e Agarimos réndelle homenaxe con este espectáculo ao autor de Vila de Cruces, falecido xustamente un mes antes da data prevista para esta estrea.

O baile e a música tradicional mestúranse con outras manifestacións culturais para situar os espectadores no escenario vital dun neno dunha aldea galega nos anos trinta ou corenta do pasado século XX.

Como no libro de Neira Vilas, o pequeno Balbino anda á busca de cousas pequenas que lle procuren felicidade. A pesares da súa inxenuidade e simpleza, o protagonista chega á conclusión de que "algún día hai que arrepoñerse" a raíz da incomprensión de moitas das experiencias que lle toca vivir: un loito eterno que lle impide acudir ás festas da súa aldea, un mestre que non fala en galego na escola... Balbino é, por tanto, un espírito crítico, un inconformista que se rebela contra o que non considera natural.

Con esta estrea, chega á súa fin a actual edición de ?Danza 3?, un programa de difusión da música e a danza tradicionais, promovido pola Agadic, xunto con Cantigas e Agarimos, Xacarandaina e O Fiadeiro.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-12-2015 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Nova acción poética desde Guitiriz: poemas nas farolas
Sermos Galiza

O colectivo Nova Poesía Guitirica vén de anunciar outra novidosa iniciativa poética para "sacar a poesía do armario".


NPG encherá de poesía as farolas dos núcleos urbanos de Guitiriz entre os días 28 de decembro e 3 de xaneiro. E faráo a través de autocolantes con poemas dos membros do colectivo: Fátima Fernández Chascarraschás, Judiña de Lea, Pas Veres, Luz Campello, Mar Beres, Xelo Teijido, Jaki Quintela, Antón de Guizán, José Antonio Cascudo e José André Lôpez Gonçâlez, que achegarán cada un deles dous poemas para ese cometido.

Fátima, a benxamina do grupo e promotora da idea, irá máis aló, e levará os seus poemas coa colaboración de outros membros do grupo e amizades, fóra do concello coa mesma fórmula. Segundo o NPG, trátase dun ?modelo de edición que non agarda polo lector senón que o aborda pola rúa?. Os poemas serán colocados nas farolas á altura da vista para a cómoda lectura dos peóns ao seu paso polas principais rúas.

En palabras de NPG, ?Guitiriz, a Terra Chá, Galiza, están empapadas de poesía e na NPG preténdese sacala do armario?. Este grupo poético constituise o 2 de outubre coincidindo co 25 cabodano da morte de Díaz Castro e ten realizado xa varios recitais colectivos.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-12-2015 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
O máximo responsábel de Cultura e Política lingüística na Coruña parabeniza o Nadal en castelán e con topónimos deturpados
Sermos Galiza

A Mesa pede o ?cesamento inmediato? do xefe territorial da Coruña polo que considera que é ?un desprezo manifesto á lingua galega?.


O xefe territorial da Coruña da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana, remite felicitacións oficiais de Nadal e co carimbo da Xunta redactadas en perfecto español e con topónimos deturpados. ?Algo insólito por parte dun goberno que ten a obriga de cumprir as leis e dunha consellaría que ademais ten a responsabilidade da política lingüística?, manifestan desde a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL). Segundo o seu presidente, Marcos Maceira, non se pode consentir o desprezo manifesto á lingua galega nun alto responsábel da Consellaría de Educación. ?Se a falta de respecto é grave en calquera cargo público da Xunta, éo máis na persoa que ten responsabilidade directa na política lingüística?. A MNL pide o cesamento inmediato deste cargo.

?Unha persoa que despreza o galego e as súas obrigas de tal maneira e que ademais se permite acompañar iso cos versos dunha persoa cun compromiso sen tacha coa lingua galega como Manuel María, non pode seguir un minuto máis no seu cargo? insitíu o presidente da entidade en defensa da lingua galega. Maceira puxo a felicitación como exemplo da política lingüística en Galiza e na provincia da Coruña, ?onde o galego está excluído da inmensa maioría das aulas de educación infantil das cidades?.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-12-2015 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro con G - remata o prazo
O tempo acábase!!,

Non o esquezades, se tedes pensado facer unha obra de teatro, en galego, no voso centro, non pasedes por alto esta oportunidade para inscribirvos no Teatro con G e poder levar ós vosos rapaces a actuar no Teatro Jofre.

Pode ser que non teñades todos os datos aínda, pero non importa, haberá tempo de cubrilos.

Volvo a enviarvos a ficha por se acaso.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-12-2015 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
O 'Novo Cinema Galego' xa ten web

RedacciónPraza Pública | @prazapublica

Web de Novo Cinema Galego



O Novo Cinema Galego xa ten web. Nos últimos anos vimos asistindo ao nacemento en Galicia dun repertorio de novas prácticas cinematográficas, ligadas aos procesos de vangarda na creación cinematográfica. Novos (nos dous sentidos) autores e autoras que comezaron ademais a recoller un enorme éxito internacional, coa súa participación (e premios) e importantes certames de todo o planeta, e un gran recoñecemento da crítica. A todas estas prácticas e autores déuselles a etiqueta de novo cinema galego. Agora, vén de lanzarse unha páxina que pretende ser o arquivo de referencia para o estudo e a divulgación das novas prácticas cinematográficas en Galicia e que será presentada este domingo no marco do Festival Novos Cinemas de Pontevedra. Será na Casa da Luz (Praza da Verdura s/n), ás 14 horas.

A web nace en paralelo á investigación feita na súa tese de doutoramento pola profesora Beli Martínez

A web nace en paralelo á investigación feita na súa tese de doutoramento pola profesora Beli Martínez O cine de non ficción do Novo Cinema Galego (2006-2012): conceptualización, contextos e singularidades, defendida esta mesma semana. Este estudo será un dos contidos destacados en novocinemagalego.info, que recolle no seu inicio outros traballos académicos, referencias a case corenta cineastas e máis de cen fichas de filmes con información facilitada polos propios autores e autoras, claves para entender este movemento.

O obxectivo do proxecto é "potenciar a visibilidade e promoción" do novo cinema galego e "proporcionar ferramentas para comprender este fenómeno" que, a pesar do éxito e recoñecemento internacional, "suscitou escaso apoio e entusiasmo", salientan.

O obxectivo do proxecto é "potenciar a visibilidade e promoción" do novo cinema galego e "proporcionar ferramentas para comprender este fenómeno"

Os seus responsables (Álex Bragaña, Xurxo González, Beli Martínez, Alberte Pagán e Bárbara Primo) subliñan que "un importante froito" das intencións creativas dos autores e autoras adscritas ao movemento "é que fixo pensar na natureza das imaxes, xa non só na Galiza e no estado español, senón no mundo enteiro". "A proposta deste proxecto é darlle a volta, transitar do global ao local, e que a atención e o pensamento caia no Novo Cinema Galego, abordando este campo do xeito máis científico posible, e tratando a información con rigorosidade e metodoloxía", engaden. O proxecto conta con outras colaboracións destacadas, coma Xosé Nogueira, Martin Pawley, Marta Pérez, Fernando Redondo e José Manuel Sande.

Comentan así mesmo que ?é unha iniciativa procesual polo que agardan manter a colaboración de cineastas, críticos e investigadores para mellorar e aumentar os contidos?. Tamén declaran que ?teñen como obxectivo devolver a esta xeración de cineastas o moito e bo que deron eles a cultura galega?
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-12-2015 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Por primeira vez todas as obras de gran formato de Castelao, xuntas

A Deputación de Pontevedra vén de informar que o Museo da cidade reunirá por primeira vez ?na historia? todas as obras de gran formato de Castelao.

Sermos Galiza


A Deputación de Pontevedra pensa dedicar boa parte da súa programación de 2016 a Castelao, a quen se lle dedica o Día das Artes Galegas instaurado pola Academia de Belas Artes de Galiza. Ademais no vindeiro ano cúmprense 100 anos da chegada deste autor á cidade de Pontevedra.

"No ano 2016 o Museo de Pontevedra vai ser un centro de referencia tanto para as efemérides relacionadas co Ano Castelao como por mor do centenario do nacemento de Valle Inclán", anunciou o deputado de Cultura, Xosé Leal, na presentación das grandes liñas de actuación do Museo provincial para o vindeiro exercicio.

Leal explicou que Castelao protagonizará dúas grandes exposicións. "Haberá unha primeira exposición sobre o Castelao artista que se inaugurará o 1 de abril, con motivo do Día das Artes Galegas, e que reunirá por primeira vez na historia a totalidade da obra de gran formato de Castelao" sinalou Leal. O deputado de Cultura estivo acompañado na presentación polo director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, que explicou que esta primeira exposición "recolle a obra do primeiro Castelao desde o punto de vista biográfico e que atinxe ás dúas primeiras décadas do século XX".

A segunda exposición referida a Castelao está previsto que se presente o 28 de xuño coincidindo coa data da celebración do plebiscito do Estatuto de 1936. Levará por título 'Castelao - Meu Pontevedra' e segundo indicou o deputado de Cultura "estará composta na súa maior parte por fondos propios do Museo e do Arquivo e suporá unha reflexión sobre a Pontevedra na que lle tocou vivir a Castelao no primeiro terzo do pasado século".

O centenario do nacemento de Valle Inclán acadará protagonismo coa exposición 'El rostro de las letras' que se presentará de cara ao outono da man de Acción Cultural Española. Trátase dunha mostra fotográfica que fai un itinerario polas grandes figuras literarias e fotográficas desde o Romanticismo ata a xeración de 1914. No eido das exposicións, o deputado tamén mencionou a mostra retrospectiva que se dedicará a Miguel Anxo Prado.

Novos Valores

Xosé Leal anunciou que o vindeiro ano o Certame Novos Valores recuperará o seu carácter de bolsa de estudos. O deputado de Cultura explicou que en vez de ser tan só un premio como nos últimos anos, no ano 2016 pasará a ter unha dotación económica para ser empregada pola persoa gañadora nunha continuación de estudos ou nun proxecto artístico e que culminará nunha exposición monográfica no propio Museo de Pontevedra.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-12-2015 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Antonio M. Fraga acada o primeiro Premio Antón Risco de literatura fantástica
Antonio Manuel Fraga vén de gañar a primeira edición do Premio Antón Risco de literatura fantástica que convoca Urco Editora. Carlos Quiroga foi finalista.

Sermos Galiza


O xurado desta primeira edición do Premio Antón Risco reuniuse onte, quinta feira, para outorgarlle o galardón á obra presentada baixo o título ?Querido H.P.L.?, da autoría de Antonio Manuel Fraga Allegue. Asemade, pola súa calidade, o xurado tamén decidiu nomear finalista a obra "Peixe Babel", da autoría de Carlos Quiroga, que será premiada coa súa publicación.

Antonio Manuel Fraga (Pontedeume, 1976) é un enxeñeiro técnico industrial que iniciou a súa traxectoria na literatura galega en 2013, cando gañou o X Certame de microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña e o Premio Merlín coa obra O castañeiro de abril. Tamén publicou Xildas en Sushi Books e O grilo máxico este mesmo ano en Galaxia.

O Premio Antón Risco está convocado por Urco Editora, en colaboración coa Fundación Vicente Risco e outras entidades. Con el queren homenaxear o escritor e teórico da literatura Antón Martínez-Risco Fernández (Allariz, 1926-Vigo 1998). Continuador do gusto polo fantástico do seu pai, Vicente Risco, Antón Risco foi un profundo teorizador e creador da literatura fantástica, ademais de ter publicado unha ducia de libros de narrativa en galego.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-12-2015 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0