Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Feijóo, "convencido" de que "a maioría" dos cidadáns apoia as enquisas do galego
O presidente da Xunta asegura que "o sentimento maioritario da rúa" é apoiar a Lei de Convivencia, que permite que as familias condicionen a lingua do ensino mediante inquéritos.

XORNAL.COM - 28/04/2011 - 15:38 h


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosouse hoxe "convencido" de que "a inmensa maioría dos cidadáns están de acordo en maior participación e corresponsabilidade" no ámbito do ensino, valores que, ao seu xuízo, inclúe a Lei de Convivencia e Participación, que o pasado martes superaba o seu primeiro trámite parlamentario e que dá cobertura legal a que a familias dos estudantes condicionen a lingua do ensino a través de enquisas.

Aínda que, tal e como ten informado Xornal de Galicia, un informe xurídico da propia Xunta pon en cuestión a "seguridade xurídica" destes inquéritos, Feijóo censurou qeu "se discuta ou se critique unha lei por dar máis participación" nun contexto no que, di, "o Goberno non ten ningún compromiso máis que dar participación e cumprir o seu programa electoral".

"Eses son os compromisos en democracia, cumprir os programas electorais" e "isto non ten repercusión económica e financeira", asegura. Do seu punto de vista, "esa lei ten suficiente apoio na rúa e ao final e esa é a obrigad un Goberno e dun paralmento, interpretar o sentimento maioritario da rúa".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-04-2011 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal