Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A "marabilla" de falar galego en Bos Aires
Neira Vilas aconsella por videoconferencia aos rapaces do colexio Santiago Apóstol

REDACCIÓN Galicia Hoxe


Xosé Neira Vilas confesou onte sentirse "marabillado" de poder "falar en galego e sobre literatura galega con estudantes arxentinos". Foi durante a videoconferencia que o escritor mantivo onte cos alumnos no colexio Santiago Apóstol de Bos Aires na homenaxe que lle rendeu na Arxentina a Consellería de Cultura con motivo do cincuentenario de Memorias dun neno labrego, que precisamente se publicou nunha editorial bonaerense.

A homenaxe, que incluíu a representación da montaxe de Cándido Pazó sobre a novela, forma parte do programa deseñado pola Xunta para promover a presenza da cultura e da lingua galega na Feira do Libro de Bos Aires.

Durante a videoconferencia, Neira Vilas animou os rapaces a exercitarse nunha "morriña creativa, creadora" e non "chorada" para manter o legado desas xeracións de emigrantes que souberon facer en terras arxentinas un polo cultural tamén para a Galicia territorial.

"Eu", dixo, "experimentei ese sentimento de distancia e convertino en forza creadora, en activismo galeguista".

A videoconferencia enlazou durante máis dunha hora o salón de actos do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires, no que estaban, ademais do director xeral do Libro, o director de Galaxia, Víctor Freixanes; o pintor Manuel Cordeiro, e os alumnos de secundaria dun colexio do Concello de Carballo, onde se atopaba Xosé Neira Vilas disposto para a comunicación. A través deste medio, o escritor narroulles aos rapaces arxentinos as experiencias que o levaron a escribirMemorias dun neno labrego e o contexto social e histórico no que a obra viu a luz.

O Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires é unha institución educativa recoñecida polo Ministerio de Educación da República Arxentina que achega, ademais, os coñecementos de lingua e literatura galega da escolarización en Galicia. Foi fundado no ano 1998 por iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración co Centro Galicia de Bos Aires. Desde o ano 2005 comezaron as clases tamén no nivel secundario. Na actualidade, acoden a este centro 540 alumnos desde o nivel inicial ata o quinto ano de secundaria.

Cándido Pazó, pola súa parte, presentou o martes á tarde o seu unipersoal titulado Memorias das Memorias dun neno labrego no Auditorio Valle Inclán do Centro Galicia de Bos Aires. A obra foi introducida polo director da Axencia Galega de Industrias Culturais Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero, que destacou a calidade da representación e amosouse satisfeito por poder amosar o espectáculo en Bos Aires, punto de partida e argumento da produción.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-04-2011 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal