Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Queremos Galego: Acto nacional, en Santiago, en defensa da nosa lingua
O galego é a chave coa que abrimos o mundo

Reserva a túa entrada para o acto nacional que organiza a plataforma Queremos Galego este sábado

Este sábado ás 19.30 h, na sala Capitol de Santiago de Compostela, a plataforma Queremos Galego organiza un acto nacional en defensa da nosa lingua.

As entradas, ao prezo simbólico de 5 euros, reservaranse na páxina web da plataforma cidadá, www.queremosgalego.org, ou directamente nesta ligazón e retiraranse na billeteira da Sala Capitol o mesmo 30 de abril a partir das 19 h.

O acto terá unha parte de concerto, coas intervencións de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado.

Ademais, intervirán Manuel Rivas, Teresa Moure, Ernesto Chao, Pilar García Negro, Carlos Negro e Carlos Callón.

Se ademais de asistires ao acto queres contribuír a darlle difusión na túa localidade, centro de estudos ou de traballo, entre os teus contactos na rede, etc., na sección de 'Materiais' da páxina da plataforma atoparás diferentes modelos de báners para colocares noutros webs, blogues persoais, etc.

A Sala Capitol está na rúa Concepción Arenal, 5, ao carón da praza de Galiza.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-04-2011 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal