Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O TSXG tamén admite a trámite o recurso da RAG contra o decreto
>> Con este, son tres xa os recursos aceptados pola Xustiza contra a polémica norma

>> A Academia agarda que "esta vía que se abre poida restablecer no futuro o consenso necesario" e destaca "a tardanza coa que o TSXG tomou este acordo"

XORNAL.COM - 27/04/2011 - 13:03 h.



O decreto plurilingüe, de novo ante os tribunais

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto pola Real Academia Galega (RAG) contra o decreto do plurilingüismo, tal e como anunciou a propia institución nun comunicado.

Con este, son tres xa os recursos admitidos a trámite pola Xustiza contra o decreto, incluídos o d'A Mesa pola Normalización e o do sindicato STEG.

Desde a RAG destacan que "sorprende, en medios xurídicos, a tandanza coa que o Tribunal Superior tomou este acordo". "Non obstante, a RAG considera positiva esta resolución e mantén a esperanza de que esta vía que se abre poida restablecer no futuro o consenso necesario que durante tantos anos posibilitou un clima docente aceptable nas aulas de Galicia", engade a institución, que foi moi crítica coa norma que regula o ensino dos idiomas na escola.

O decreto, recorrido por ata seis colectivos, ten en contra os sindicatos educativos, toda a oposición, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega. Ademais, foi contestado nas rúas con algunhas das manifestacións máis multitudinarias que se lembran no país.


Ao ser preguntado en rolda de prensa pola admisión do recurso presentado polo sindicato educativo, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, considerou que non hai "nada novo que dicir respecto diso", posto que hai varios recursos presentados ante os tribunais contra a norma elaborada pola Consellería de Educación.
"O Tribunal Superior está a facer o seu traballo, que é verificar se hai algún elemento de ilegalidade no decreto a partir dos recursos presentados", sinalou.

Ao ser preguntado en rolda de prensa pola admisión do recurso presentado polo sindicato educativo, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, considerou que non hai "nada novo que dicir respecto diso", posto que hai varios recursos presentados ante os tribunais contra a norma elaborada pola Consellería de Educación.

O Tribunal Superior está a facer o seu traballo, que é verificar se hai algún elemento de ilegalidade no decreto a partir dos recursos presentados", sinalou.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-04-2011 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal