Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A Comisión Europea di que non avalou o decreto da lingua de Feijóo
A comisaria de Educación aclara ao BNG que non apoiou o Executivo pero que non pode “controlar as declaracións que se fan”

MIGUEL PARDO25/11/2010 - 01:05 h - Xornal de Galicia


A Comisión Europea non avalou política lingüística ningunha da Xunta. Así llo asegurou a comisaria de Educación, Multilingüismo e Mocidade da UE, Androula Vassilou, á voceira do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, na xuntanza que mantiveron onte en Estrasburgo.

Malia que a Xunta asegurou nun comunicado o pasado 14 de setembro – tras unha reunión co conselleiro Jesús Vázquez– que a comisaria “aplaudía e avalaba a política lingüística do Executivo”, Vassilou deixou claro onte que “non pode interferir en ningún caso nas políticas en materia de lingua dos estados nin autonomías ao non ter competencia na materia”. Segundo explica Miranda, a representante comunitaria aseguroulle que “non pode valorar nin avalar” as decisións políticas, pero que “tampouco pode controlar as declaracións que se fan despois das xuntanzas” con ela.

O encontro de onte, ao que tamén asistiu o eurodeputado da Alianza Libre Europea, Oriol Junqueras, responde a unha carta na que o partido no que se inclúe o BNG pedía unha reunión para explicar a verdadeira situación lingüística e contrarrestar a versión da Xunta.

Para Ana Miranda, a xuntanza de onte vén confirmar que “o conselleiro de Educación e o Goberno de Feijóo non só trasladaron á comisaria unha imaxe falsa sobre a situación lingüística, senón que mentiron e manipularon o encontro”. “Ela remítese a escoitar e quere saber todos os puntos de vista, pero non pode emitir valoracións sobre o que non coñece con detalle; ademais, ningún comisario adoita facelo”, insiste a voceira do BNG.

Así, durante a xuntanza de onte, Ana Miranda denunciou “a grave vulneración legal” que o Executivo do PP fai “ao minorizar a lingua de xeito legal” e trasladoulle á comisaria Vassilou que aXunta “non segue as directrices comunitarias en materia de multilingüismo” sobre a mellora da competencia e uso vehicular dunha lingua estranxeira na educación, “xa que de ningún xeito debe facerse a costa da redución do ghorario de uso das linguas cooficiais, nomeadamente o galego”.

Para argumentar a súa postura, a voceira do BNG entregou á euromisaria un amplo dossier onde se incluían as diferentes posicións de diversas institucións galegas contra a política lingüística daXunta (Academia, Consello da Cultura, universidades, plataformas civís...), e no que incluía informacións sobre as masivas protestas de Queremos Galego en Compostela.

Ana Miranda convidou a Vassilou a visitar Galicia e reunirse cos colectivos sociais e culturais do país e manifestou que “agora si, seguro, a Comisión sabe que Galiza e o galego existe
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-11-2010 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal