Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O Concello promove unhas xornadas sobre Carvalho Calero e reedita dúas obras
diario de ferrol

JUEVES, 28 DE OCTUBRE DE 2010 00:00


O Concello de Ferrol avanzou parte da programación que, no último trimestre do ano, dedicará a conmemorar o centenario do nacemento do escritor e intelectual Ricardo Carvalho Calero. Este avance chega o mesmo día en que o Bloque Nacionalista Galego lles reclamaba publicamente –a través dun comunicado de prensa– que o goberno local desenvolva con diferentes actividades o acordo plenario que, en xullo do ano pasado, declarou o 2010 como Ano Carvalho Calero e que se lle dea así “o mesmo trato que lle da a outros escritores locais”, en referencia ó centenario do nacemento de Gonzalo Torrente Ballester, ó que se destina, afirman, “unha inxente cantidade de diñeiro público”.
A concelleira de Educación e Cultura, Mercedes Carbajales, anunciou que se está a organizar unha exposición bio-bibliográfica sobre o célebre investigador ferrolán, que faleceu en 1990, así como unhas xornadas técnicas coa participación de varios especialistas na súa obra. O goberno local implicarase tamén na reedición de dúas das súas publicacións, que se distribuirán entre as bibliotecas, centros educativos e asociacións da cidade. Trátase do “Epistolario a Fernández del Riego”, que editou Galaxia en 2006, e da súa célebre “Historia da Literatura Galega Contemporánea”. Ademais, seguiranse a potenciar as actividades cos colexios, como a lectura dos seus poemas que onte se realizou no Torrente Ballester, con escolares de sete centros da cidade e de Narón e tamén de alumnos do Conservatorio.
“Queremos conmemorar un centenario e, sobre todo, que a memoria de Carvalho Calero quede na sociedade ferrolá e galega, e se manifeste como un peso pesado da nosa cultura”, explicou Carbajales.
O groso das actividades desenvolveranse en decembro, coas xornadas previstas para os días 10 e 11, que incluirán conferencias, mesas redondas e tamén un recital poético e musical.
Coincidirá no tempo coa exposición que se fará no centro cultural Carvalho Calero e que incluirá paneis informativos e abundante material que se amosará en vitrinas e que despois se dixitalizará para pasar a formar parte dos fondos municipais. Así, a mostra poderá ser solicitada polas diferentes entidades e centros educativos, itinerando por toda a cidade e a comarca.
Nestas actividades “vaise contemplar a súa situación vital, a súa importancia como escritor e a súa pegada na nosa lingua e na defensa da cultura galega”, dixo Carbajales. Tamén se terá en conta o seu compromiso político –foi un represaliado pola ditadura franquista– e a súa posición respecto do idioma, adoptando nun momento dado posturas reintegracionistas que defendería ata a súa morte.
No eido educativo, alumnos de distintos centros representarán obras teatrais escritas por Carvalho Calero no Torrente Ballester (o 3 e o 10 de novembro e o 1 de de-cembro) e no Jofre (o 25 de no-vembro, con actuacións ademais de Xurxo Souto e Martín Varela).
Comentarios (3) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-10-2010 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Ugg Boots sale
Ugg boots
Cheap Ugg boots

Ugg Classic Short Boots
Ugg Boots #blgtk08#On sale
Discount Ugg boots

buycheapuggbootss.com
http://www.buycheapuggbootss.com
Comentario por ugg boots (12-10-2011 05:48)
2 zxdfgh#blgtk08#jiuop
Comentario por cheap ugg boots (12-10-2011 05:49)
3 nike #blgtk08#free
Comentario por nike free (24-04-2012 03:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal