Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Os medios en galego alzan a súa voz contra o "abandono da Xunta"
GALICIA HOXE

"O poder non cre en nós"

Os medios en galego alzan a súa voz contra o "abandono da Xunta" e reclaman apoios para a prensa: "Somos un sector preferente, que poñemos en valor a identidade e mantemos viva a lingua"

ROSA RODRÍGUEZ . SANTIAGO


Os medios escritos integramente en galego decidiron alzar a súa voz contra a retirada do apoio económico por parte da administración, o que, unido á situación de crise e de "fin de era" ou cambio tecnolóxico, están a desvalorizar as industrias culturais do país. Guillermo Rodríguez, director do xornal comarcal A Peneira, que leva 26 anos nos quioscos, recoñeceu que están pasando momentos críticos e que incluso tiveron que "repregar velas". Rodríguez considera que existen varios culpables: "Os medios en galego están morrendo pola falta de apoio económico, porque non cremos en nós, no noso idioma nin na nosa cultura". Relatou que para lograr unhas 500 subscricións teñen que vivir unha auténtica "odisea" e sinalou que a "economía de guerra" chega nun momento no que xa non funciona. A solución pasa por "facer país" e por cubrir ese "espazo baleiro da prensa local" porque "agora temos un goberno que tampouco cre en nós".

Pola súa banda Xavier Cea, presidente da AME (Asociación de Medios Escritos en Galego) e subdirector de GALICIA HOXE, fixo fincapé no "tremendo desequilibrio" entre a oferta de xornais nas dúas linguas oficiais: "En Galicia hai máis de dez diarios editados en castelán ós que hai que engadirlles os de ámbito nacional, e isto dá unhas cifras estimadas de 1,5 millóns de lectores que teñen acceso a 1.300 novas". Fronte a estas cifras contrapuxo a oferta en galego, que se reduce a unha cabeceira diaria, unha de cinco días á semana e varias quincenais ou mensuais. Neste contexto, o subdirector de GH considera que os medios escritos en galego son produto "da audacia empresarial e do sacrifio". Na súa opinión, "un pequeno milagre" que ten que competir ante "poderosas inercias" a prol do castelán. Cea acusa a Xunta de abandonar os medios en galego: "As partidas nos orzamentos, que xa antes eran reducidas, caeron drasticamente e son absolutamente insuficientes. A isto hai que unirlle a publicidade institucional, que está case que ausente". Baixo este panorama, o presidente de AME subliñou "a vocación informativa en galego de GALICIA HOXE" e o seu "enorme esforzo" por facer unha "redacción competitiva". O contrario sería "darse por morto", concluíu.

Nestas xornadas de debate sobre o futuro dos medios en galego, organizadas onte polo Consello da Cultura galega da man do profesor Xosé López, tamén participou Alfonso A. Riveiro, director do xornal gratuíto en galego De Luns a Venres. "A crise puxo en evidencia que vivimos por riba das nosas posibilidades e cunha burbulla xornalística. Tiñamos moita dependencia das axudas, que levaron a sobredimensionar as redaccións e o número de xornais", observou o xornalista do Grupo El Progreso. Porén, mantén que as axudas públicas son precisas porque "somos un sector que require atención preferente, xa que pomos en valor a nosa identidade, contribuímos a manter viva a nosa lingua e somos necesarios, incluso me atrevería a dicir, que importantes", finalizou.

Cabaleiro: "Haberá axudas pero dependerán da xestión"

Os medios en galego son necesarios e precisan das axudas públicas, pe ro as empresas deben perfeccionar a xestión e ter en conta os indicadores e os comportamentos do mercado. É a principal conclusión da xornada de reflexión e debate celebrada on te no Consello da Cultura Galega coa participación de representantes do sector e investigadores da comuni cación. A sesión foi clausurada polo presidente do CCG. Ramón Villares, logo da intervención do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro que falou da necesidade dun novo esquema de comunicación, no que se está a traballar e para o que pediu a colaboración do Consello da Cultura Galega. Asegurou a continuación das axudas diferenciadas para os medios en galego nun novo marco orienta dor e regulador que non poderá es tar operativo ata finais de 2012. Recalcou que seguirán existindo axudas ós medios en galego "pe ro dependerán tamén da eficacia na xestión". O secretario xeral de Medios apuntou que, "segundo datos manexados polo pro pio Consello da Cultura, non se pode dicir que a Xunta dedique poucos fondos ás súas políticas de comunicación", e insistiu na vocación do seu departamento de levar adiante "o seu compromiso reformista" nesa área. Ademais, prometeu unha serie de medidas para reforzar a eficiencia e que os medios poidan resistir ata remontar o actual ciclo negativo. Por exemplo, axudar a paliar o impac to da crise con incenti vos de formación apoiados nas institucións acadé micas, e mesmo cursos para profesionais da comunicación afecta dos por un ERE.

Pola súa banda, Francisco Cam pos, profesor da Universidade de Santiago, asegurou que mellorar a xestión e facer máis rendibles as axu das institucionais. Mentres Valentín Alejandro, profesor da Universidade da Coruña, aludiu á necesidade de novos modelos empresariais que presten especial atención á elabo ración dos contidos.

A xornada foi aberta e clausurada polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ra món Villares, que agradeceu a co laboración do secretario xeral de Medios e anunciou a continuación desta liña de debates, coordinados polo Arquivo da Comunicación, que dirixe Xosé López García, profesor da Universidade de Santiago de Compostela.

Pereiro: "Isto só se remedia co voto"

O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, que moderou o debate, non se resistiu a dar a súa opinión. "Son bastante ruíns na súa maldade e isto só se pode remediar coa crítica diaria e votando cada catro anos". Mentres, Víctor Freixanes, editor e profesor da USC, asegurou que "a lingua non é neutral, ten marca" e lembrou un estudo no que se indica que o galego se relaciona coa aldea ou co Bloque. Esta batalla non a gañamos, advirte, e "non o fixemos porque a alguén lle interesa que isto sexa así". Para Freixanes, os medios son como un partido político no que a súa soberanía lla dá a sociedade. No debate participaron os oíntes, entre os que se atopaba o comentarista Manuel M. Barreiro, quen reincidiu na idea do "uso político da crise" para desvalorizar as industrias culturais e retirar os recursos e que se midan cos seus consumidores. "As institucións teñen que pór en valor estas culturas e miran para outro lado", denunciou.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-10-2010 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal