Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O BNG pide sanción contra o policía que ameazou unha moza por falar galego
Unha muller andaluza foi ameazada en Compostela por un axente tras utilizar un topónimo oficial en galego. "Corre, no vaya a ser que te demos unas hostias", díxolle.

XORNAL.COM - 26/07/2010 - 14:14 h.


O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar no Congreso na que demanda ao Goberno a adopción de medidas disciplinarias contra un axente da Policía Nacional que ameazou a unha xornalista andaluza de “El Pais” por ser respetouosa e utilizar a denominación oficial da Praza da Pescadería Vella.

O deputado do BNG descrebe os feitos na súa iniciativa parlamentar que aconteceron na noite do 24 de xullo cando a xornalista mencionada preguntou a unha persoa por onde tiña que ir para chegar á compostelana Praza da Pescadería Vella (a única denominación oficial desta praza). Unha pregunta que escoitou un grupo de policías antidisturbios cando un deles se acercou á xornalista, colleuna polo brazo e lle espetou: “Aquí no hay nada que se llame Pescadería Vella, se llama Pescadería Vieja. Tú que eres de fuera deberías saberlo”. Non contento co que acababa de dicer, engadiu: “Corre, no vaya a ser que te demos unhas hostias”.

O parlamentar nacionalista afirma que “sobran palabras para descreber a violencia, o odio e a agresividade do axente policial para cunha cidadana que estaba a ser respetuosa coa lingua galega”. Jorquera considera que dada a gravedade dos feitos, o Goberno debe proceder a apertura imediata dunha investigación e adoptar as medias pertinentes.

A policía tamén impide o acceso con bandeiras nacionalistas

Jorquera tamén alude a outra das lamentábeis conductas da Policía Nacional que “impediu a moitos o acceso a distintos puntos da cidade por portar bandeiras nacionalistas no Día da Patria Galega. Incluso houbo axentes que puxeron impedimentos para acceder con bandeiras á Praza da Quintana”.

Dado o acontecido, o deputado nacionalista dirixe ao Goberno unha serie de preguntas: “Vai o Goberno a investigar estes feitos? Que medidas vai adoptar respeito á conducta do axente da Policía que ameazou a unha xornalista de “El Pais”? Vai adoptar medidas disciplinarias? Non cre o Executivo que a súa conducta é absolutamente reprobábel por ameazar a unha ciadadana e manifestar unha falla de respecto total á lingua propia de Galiza?”.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 26-07-2010 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal