Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


De Desván de los Monjes a La Calle
A Xunta publica topónimos como ‘La Bolla’, corríxeos, e volve cometer novos erros.

DAVID REINERO - Xornal.com - 17/07/2010 - 00:54 h.


A Consellería de Economía e Industria, que dirixe Javier Guerra, publicou o pasado 29 de xuño no Boletín Oficial del Estado (BOE) un longo listado de minas situadas na provincia de Ourense cuxos dereitos de explotación caducaron hai tempo e que agora a Xunta pretende volver sacar a concurso. Ese listado inclúe o nome dos concellos nos que se sitúan esas explotacións, pero nunha vintena dos casos a Xunta optou por non publicar o seu nome legal senón por inventarse unha irregular tradución ao castelán. Así, na lista fálase dos concellos de Juncal de Espadañedo, El Bollo, La Vega, Colina de Miño, Colina del Valle, La Calle ou La Bolla, de imposible identificación nun mapa de Galicia. O erro xa foi detectado pola propia Consellería, que onte procedeu á publicación dunha corrección no mesmo BOE. Porén, esa rectificación mantén nomes deturpados.
Quince días despois do erro inicial a Xunta vén a recoñecer que un hipotético lugar denominado Juncal de Espadañedo é en realidade Xunqueira de Espadañedo, do mesmo xeito que A Rúa non pode traducirse por La Calle nin A Bola por La Bolla. A Xunta tamén traducira “castrelo” por “colina”, e obtivo así os nomes de Colina del Valle e Colina de Miño en lugar dos oficiais de Castrelo do Val e Castrelo de Miño. Pero o listado tamén fala de La Vega por A Veiga, Vereda por Verea, Pobla de Trives por Pobra de Trives e mesmo de Finca por Leiro (sic).
Os erros que asume a Xunta na actual corrección son numerosos, pero no novo listado continúan aparecendo polo menos catro erros toponímicos. É o caso de Villardevós, Villamartín, San Cristóbal de Cea e Monterrey, en lugar dos correctos Vilardevós, Vilamartín, San Cristovo de Cea e Monterrei.
Este erro na toponimia oficial galega prodúcese catro meses despois de que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, se referise nun discurso a Sobrado dos Monxes e Touro como Desván de los Monjes e Toro. Tras negar inicialmente que dixera tal cousa e desvelarse logo un vídeo que así o certificaba, Varela alegara que todo se debera a un erro dun asistente á hora de traducir o seu discurso. O texto, escrito orixinalmente en galego, fora traducido cun programa informático para a súa lectura en Madrid en castelán. A Xunta dixera daquela que se revisarían manualmente os textos traducidos de forma automática para que non volvese pasar. Agora, a nova publicación de topónimos deturpados, con toda probabilidade tras pasar o texto por un tradutor automático, deixa en evidencia que ningún membro da Administración autonómica se preocupa por ler o que se envía ao BOE.
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-07-2010 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Velaí a competencia lingüística en galego. Logo de tantos anos de estatuto de autonomía, de lei d normalización lingüística de ... resulta que os galegos temos que recorrer a un tradutor pa#blgtk08#ra escribir na nosa lingua ... e aínda por riba non somos quen de revisar e corrixir os erros do tradutor. E dálle co bilingüísmo harmónico (perdón ... trilingüísmo) Cando se darán conta!?
Comentario por Eduardo (17-07-2010 11:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal