|
|
|
|
A Xunta nega a inmersión en galego nas cidades |
|
Educación advirte aos 47 centros que mantiñan este programa pedagóxico que non poderán continuar con el.
XORNAL.COM - Actualizado 16/06/2010 - 17:07 h.
Prohibida a inmersión... en galego. O decreto aprobado polo bipartito permitía esta técnica pedagóxica na lingua propia en Educación Infantil nas contornas urbanas para favorecer así que os máis pequenos que teñen un contacto nulo coa lingua o poidesen ter nas escolas. Esta posibilidade existía grazas á lexislación aprobada en 1995 polo goberno de Manuel Fraga e que posteriormente foi desenvolvida no decreto de 2007 que agora foi suprimido polo Executivo.
Algúns colexios de ámbitos castelánfalantes podían potenciar este modelo para garantir unha competencia mínima en galego dos rapaces de entre tres e cinco anos. O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) lembra que xa o ano pasado a consellaría xa optou por eliminar as axudas económicas para este programa. Agora, Educación acaba de comunicarlle aos 47 centros que mantiñan estes programas de que non poderán levarse a cabo no vindeiro curso
Dende o STEG aseguran que ?esta decisión non ten en conta a demanda constante de numerosas familias que constatan diariamente a imposibilidade de garantir o bilingüismo para unhas nenas e uns nenos que, a partires dos 6 anos terán que coñecer ben o galego para comezar o ensino obrigatorio.? "As únicas novidades lexislativas deste goberno en materia educativa non se preocupan da calidade do ensino, senón de eliminar todas as medidas existentes de protección da lingua", aclara. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|