Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Queremos Galego en Chamorro
Prezado amigo,
Prezada amiga:

O vindeiro luns 5 de abril celébrase a romaría popular no monte de Chamorro. Nela a plataforma QUEREMOS GALEGO da nosa comarca instalará unha mesa de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do galego. A Mesa como asociación impulsora da plataforma é importante que apoiemos as actividades da plataforma pois os seus éxitos son e serán melloras para o noso idioma.

Aproveitarase para vender entradas do festival, do cal adxunto cartaz. É importante mercar as entradas canto antes pois o aforo é limitado. Están á venda no local do Ateneo Ferrolán, BNG e da CIG

Instalarase a mesa de recollida de sinaturas desde as 11 da mañá coa previsión de estar varias horas se o tempo acompaña. Podes levar algo para o xantar ou ires denantes ou após de xantares.

De poderes, confirma cantas persoas asistiredes para facermos previsións.

Un saúdo.

Carlos Outeiro Baamonde
Responsábel na zona de Ferrol
A Mesa
Móbil - 690 30 72 45
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-03-2010 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal