Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Un vídeo na rede amosa como é Feijóo nos
Galicia Hoxe

O máximo mandatario da comunidade intenta restarlles importancia ás críticas recibidas por "machista" e por animar a falar castelán


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, intentou onte quitarlle ferro á polémica xerada logo de que esta semana se publicara en Youtube un video dunha cea en Teo á que el acudiu e na que mantivo un discurso pouco axeitado para a persoa que é o máximo mandatario autonómico.

O líder popular asegurou onte, logo de que Galicia Confidencial difundira hai días a información, que se trataba dun "acto distendido", "unha festa á que se me invitou e, por suposto, acepto totalmente e absolutamente as críticas que se fagan". E é que no vídeo pódese ver como os propios comensais se mofan de Feijóo e, logo de colgarse na rede tal gravación, socialistas e nacionalistas acusaron o presidente da Xunta de "machista", entre outras cuestións. A polémica non é para menos. A cea tratábase dun suposto acto solidario, impulsado sobre todo polo PPdeG de Boqueixón, e tivo lugar o pasado 5 de marzo, co obxectivo de recadar fondos para as vítimas do terremoto de Haití. Feijóo interveu, en calidade de presidente da Xunta, ó final do acto ó que acudiron máis de 800 mozos, entre eles, a actriz galega María Mera, á que Feijóo se referiu en numerosas ocasións, nun discurso no que, curiosamente, en ningún momento se referiu a Haití, pero si ó PSdeG e ó BNG e tamén á lingua.

"Vou ser breve porque quedei con María Mera a partir da unha en ir tomar unha copa. De momento díxome que non, pero vouno intentar", dicía o líder conservador no seu discurso. "E de aquí ata que se organice a festa, eu vou seguir falando con María Mera para ver se teño algunha posibilidade", engadía, logo de comprometerse a volver ó concello sempre e cando se organizase, como condición indispensable, unha festa que dure toda a noite, "ata as seis da mañá" para poder almorzar tamén xuntos ó día seguinte, nunha xornada na que prometeu que non tería axenda política. Mera restoulle importancia ó acontecido e asegurou que o tomou a broma e que non se sentiu ofendida.

Máis aló, Feijóo tamén aproveitou o discurso -no que se oía como o público lle dicía que calara-, para facer outras comparacións. "Se aquí, en vez de xente do PP, foran do BNG non serían nin peores nin mellores. Serían distintos. Se foran do PSOE, case todos eles estarían empregados nalgún choio ou nalgún ministerio. Se nos dirixiran os nacionalistas, só poderiamos falar nunha cousa e estarían falando toda a noite mal do PP. Pero como nós non somos nin do PSOE nin nacionalistas e non falamos mal de ninguén.... Podemos hablar castellano cuando nos da la gana", espetou, pasándose a falar castelán para enlazar xa co tema de María Mera. No público, xente teoricamente afín ó PP chamáballe "pallaso".



Por certo, o vídeo en cuestión foi retirado de youtube, pero quen teña interese en velo pode descargalo da páxina http://www.mediafire.com/?fjyldk1q4uj ... Non se lle poden poñer portas ao campo.


Vaia ... finalmente volveron colocar o vídeo, velaí vai

Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-03-2010 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal