Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Dúas décadas sen Carvalho Calero
Diversas entidades culturais réndenlle homenaxe ao galeguista ferrolán, falecido en Compostela o 25 de marzo de 1990.

Redacción Vieiros - 18:30 25/03/2010


Este xoves fixéronse 20 anos da morte de Ricardo Carvalho Calero, escritor e filólogo ferrolán que xa foi candidato a recibir os dous últimos Días das Letras. Considerado o principal pensador do reintegracionismo e impulsor desas teses nos anos 70 e 80 do pasado século, varias entidades partidarias do achegamento entre o galego e o portugués están a
preparar actos na súa honra.

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) quixo lembrar esta quinta feira "unha das figuras fundamentais da Galiza do século XX", en palabras do presidente da asociación, Valentim R. Fagim, quen salientou o seu "inquebrantábel compromiso" co país, pola súa "vasta obra literaria e científica".

Tanto a AGAL como outros colectivos dedícanlle este 2010 a Carvalho Calero, ano que coincide tamén co centenario do seu nacemento. O sábado 27, ás 12:30, aFundaçom Artábria vaille render unha homenaxe ao insigne galeguista diante da súa casa natal, no Ferrol Vello. Haberá unha ofrenda floral, diversas intervencións e un recital poético.

Na rede podemos atopar máis información sobre a vida e a obra de Carvalho Calero, por exemplo, tanto na Wikipedia galega como na portuguesa, ou no especial que lle dedica na xornada do seu cabodano o Portal Galego da Língua.

A Fundaçom Artábria ten en preparación unha web sobre o ano Carvalho Calero. Na Biblioteca Virtual Galega atópase unha ficha do autor, cunha listaxe das súas obras e o acceso ao texto dalgunhas delas.

Na rede tamén están dispoñíbeis vídeos con entrevistas e intervencións de Carvalho Calero, como unha no programa O porvir da lingua, da TVG, dividida en dúas partes.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-03-2010 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal