Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O ensino deixa a negociación do decreto: Educación non o cambiará
A xuízo dos sindicatos maioritarios, o "decreto do plurilingüismo obriga aos profesores a incumprir o Estatuto de Autonomía".

Xornal.com - Actualizado 25/03/2010 - 13:48 h.


A fenda aberta entre os sindicatos educativos e a Consellería de Educación amplíase. As centrais sindicais maioritarias do ensino en Galicia -CIG, UGT, CC.OO e STEG- veñen de abandonar a Mesa Sectorial na que o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, lles expuxo o contido da nova versión do "decreto do plurilingüismo", un texto que, para os representantes dos docentes, apenas sufríu unha "maquillaxe" a respecto das "bases" presentadas pola Xunta en decembro.

Despois de que o propio Lorenzo se negase a introducir modificación ningunha no documento -unha posibilidade de difícil encaixe legal, ao estar o decreto xa remitido ao Consello Escolar de Galicia-, todos os sindicatos -a excepción de ANPE, próximo ao PP, que seguirá o diálogo- ofreceron unha rolda de prensa conxunta na que lamentaron a actitude "antigalega" do departamento que dirixe Jesús Vázquez.

En opinión de Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, a consellería non fixo máis ca representar "unha farsa" xa que a súa posición é "inamovible" e está "instalada na mentira, e non no equilibrio" dos idiomas. Neste sentido, coida Louzao que o novo texto só está "acordado con Galicia Bilingüe".

Do mesmo xeito, Xosé Cabido, do Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), lamentou o "día tráxico" que, ao seu xuízo, viven hoxe "os galegofalantes, pero tamén os castelanfalantes", xa que non terán oportunidade de "adquirir competencias en galego" por mor dun decreto inspirado nunha "minoría radical" e que "obriga ao profesorado a incumprir o Estatuto de Autonomía" no que á promoción da lingua propia se refire.

Neste escenario, tamén Marcelino Brea, de UGT, e José Fuentes, de CC.OO, lamentan o "talante imperativo" da Consellería ante un decreto que "producirá situacións caprichosas e absurdas" en aspectos como a elección da lingua nas diferentes materias mentres o Goberno "presume de apoios" cando realmente, din, "non son apoiados por ninguén, agás por Galicia Bilingüe".

Visión de Anxo Lorenzo

Unha visión ben distinta do sucedido é a ofrecida polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Despois de que os sindicatos abandonasen a Mesa Sectorial, Lorenzo acusou aos representantes dos docentes de ter só vontade de realizar "folgas preventivas" no canto de "negociar".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-03-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal