Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ferrín cre "irresponsable" suprimir o galego nas probas de Educación
Xornal.com - Actualizado 01/03/2010 - 17:12 h.


O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín, considerou hoxe unha "falta de responsabilidade" que a Consellería de Educación elimine o exercicio en galego da oposición para mestres, aínda que afirmou ter constancia desta información só polos medios de comunicación.

A preguntas dos xornalistas sobre esta decisión, Ferrín apuntou que "se isto é así", indicou ao recoñecer que só coñecía sobre esta cuestión o que viu "na prensa", sería "unha desconsideración total e unha falta de responsabilidade daquel que está ao coidado da comunidade", engadiu.

O presidente da RAG realizou estas manifestacións tras ser recibido, xunto a outros membros da nova xunta directiva, polo alcalde da Coruña, Javier Losada. Tras este encontro, o rexedor coruñés trasladou o compromiso da Casa do concello coruñés coa que definiu como unha "institución fundamental" en Galicia.

Losada, que definiu A Coruña como a "capital da galeguidade", subliñou tamén a tarefa da RAG para que "dende a liberdade, o consenso e os acordos as linguas contribúan a unir", afirmou Losada ao insistir en que "quen ten linguas e cultura é un país máis rico".

Pola súa banda, Méndez Ferrín cualificou o Concello da Coruña como unha entidade "historicamente protectora" coa RAG, indicou ao cualificar esta institución de "cuasi indixente" dende o punto de vista económico pola falta de recursos propios.

O presidente da RAG volveu reclamar hoxe a consignación dunha partida económica para esta institución tanto nos presupostos da Xunta como os do Estado para que dispoña dun presuposto "fixo" que lle permita afrontar as súas tarefas, entre as que citou a defensa do galego.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 01-03-2010 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0