Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O trilingüismo de Baleares
O "popular" Jaume Matas aprobou no 2007 o carácter voluntario de impartir até un 33% da docencia nun idioma estranxeiro pero foi derrogado ao ano seguinte polos socialistas
GALICIA HOXE - I. CASAL/AXENCIAS . SANTIAGO



O debate en torno ó idioma pro pio e o trilingüismo na educación co que comeza o ano é novo en Galicia, pero garda moitas semellanzas co vivido nas Illas Baleares en 2006. O presidente da Xunta mostrouse convencido de que a súa proposta do 33%, que reparte a partes iguais a docencia en galego, español e unha lingua ex­tranxeira -preferentemente o inglés- será estudada con "moito interese" por outras comunidades, aínda que non é do todo orixinal. O precedente protagonizouno o tam bién popular Jaume Matas, que promoveu nas Baleares un modelo que contemplaba entre unha quinta e unha terceira parte das clases en idiomas foráneos.

A norma centrábase nas medidas para fomentar a com petencia nunha lingua extranxeira nos centros sostidos con fondos públicos, pero afectaba ás dúas linguas oficiais, que pasaban a asumir igual número de horas lectivas, de modo que o reparto podía ir dun 20%-40%-40% ata o 33%-33%-33%, que foi en realidade a proposta dos primeiros borradores. Con todo, a diferenza do que propón Feijóo, que lles dá voto ás familias, a repartición entre castelán e catalán fixábase "se guindo criterios de eficiencia e racionalidade na planificación" do colexio.

No único curso en que estivo en vigor, o chamado decreto do trilingüismo aplicouse nos centros que voluntariamente se acolleron a el (uns 30 de 300), aínda que o propio Matas anunciou que, se volvía gañar as eleccións, se convertería en obrigatorio para toda a educación, como expón o borrador galego.

Os populares perderon o goberno en 2007 e a substitución socialista restableceu o mínimo do 50% da docencia en catalán, promocionando a través do Plan de Terceira Lingua as seccións europeas, similares ás case 300 seccións bilingües que xa funcionan en centros públicos e concertados galegos.

O mínimo do 50% apunta tamén parecidos con Galicia. Esta porcentaxe aprobouse por decreto en 1997, no primeiro mandato de Matas, que non chegou a derrogalo. O primeiro paso cara a ese limiar de partida para o galego foi con Manuel Fraga, ó apa recer recollido no Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL), aprobado por unanimidade no Parlamento autonómico en 2004. Os socialistas ins­taurárono á fronte de Educación no decreto de 2007, o que Feijóo promete derrogar porque cre que non é froito do consenso.

Co cambio, non só quere apostar polo inglés, senón tam bién frear a "imposición" do galego que aprecia na norma en vigor, un dos discursos que máis repetiu en campaña e co que agora discrepa unha minguada facción do PPdeG.

De novo como en Baleares, en Galicia PSOE e nacionalistas, AMPA públicas e a maioría da representación sindical e docente cre que a reforma exposta vulnera a normativa sobre a normalización da lingua propia, aínda que hai diferenzas.
ARGUMENTOS

A proposta "xeraba desigualdade"

O PXNL é unha declaración de intencións, non un documento que obrigue o Goberno, pero os contrarios á reforma impulsada por Feijóo consideran que viola a Lei de Normali zación Lingüística, que reza que as autoridades deben promover "medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino". A desprotección da lingua propia non foi o único argumento esgrimido polo actual executivo balear para derrogar o decreto do trilingüismo. "Aprobouse sen un estudo económico previo e, tal e como estaba prevista, a súa aplicación era insostible e a súa xeneralización a todos os centros era impensable, polo que xeraba desigualdade", argumentan fontes da Conselle ría d"Educació das illas. Núñez Feijóo expón un sistema común obrigatorio para todos os centros, aínda que supedita o ritmo de implantación á dispoñibilidade de recursos humanos en cada un. De feito, as dúbidas sobre a súa exten sión pola falta de profesorado capacitado é o punto no que coinciden tanto os partidarios como os detractores da idea.
GOBERNO

Lorenzo: "Non negociaremos as bases do texto con extremistas"

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lourenzo, entende que o borrador do de creto que regula o peso do galego nas aulas está dirixido a unha "maioría silenciosa" en Galicia e advirte que a pesar do forte rexeitamento social, a Xunta non renunciará ás bases do texto para chegar a consensos cos sectores "máis extremistas" da sociedade.

En declaracións á Cadena Ser, recollidas por AGN, Lorenzo defendeu como "irrenunciables" as bases documento, argumentando que se asenta nuns principios moi básicos e que renunciar a eles é "difícil ou imposible".

Trátase, insitiu, dunha proposta "que facemos pensando na maioría da sociedade galega" e non para asociacións "extremistas" nin organizacións sectoriais que, puntualizou, aínda que poden ter as súas aspiracións, non teñen por que coincidir coas da maioría da sociedade.

En canto á protesta anunciada para o 21 de xaneiro contra o novo decreto de galego nas aulas, Anxo Lorenzo considerou que se trata "dunha folga preventiva, como tantas manifestacións que se fixeron no 2009".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-01-2010 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0