Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A VIOLENCIA DAS MENTIRAS
Diario de Ferrol - Sábado 9 de Enero de 2010

Yolanda Díaz, voceira de EU no Concello de Ferrol


Agrede el PP a unha creación colectiva do noso pobo, a un fito de fermosura e intelixencia, e a agresión a tece co pano burdo da violencia das mentiras, coa fachenda parva do poder. A penútima agresión vén sendo a que publicou o Goberno de Feijóo, ás agochadas do nadal, un anteproxecto no que se reduce a presenza do galego no ensino a un terzo das horas lectivas e se inventa que outro terzo se imparta en inglés. Quizabes haxa no país unha comunidade de anglofalantes que non apareza nas análises sociolingüísticas que unha tras outra alertan da situación minorizada do galego; quizabes as ocorrencias de Feijóo, do PP, non sexan tales, sexan coartadas para perpetrar un feroz e sistemático ataque contra a nosa lingua, coas mentiras sobre a liberdade, coa ignorancia dos ananos. Custa atoparlle unha explicación honrosa, e quizabes non a haxa, ás horas e ós esforzos consumidos polo PP en estragar o consenso acadado na transición sobre as políticas de normalización lingüística. Políticas que distaron de ser o eficaces que terían que ter sido e que padeceron incumprimentos dabondo. Políticas a intensificar e non a desmontar. Políticas que como o Plan de Normalización se aprobaron sendo vicepresidente con Fraga, o señor Feijóo. Políticas para darlle un tratamento reparador ao galego porque así o di o Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística. Políticas, que lonxe de seren maximalistas, apenas tratan de evitar que os xeógrafos do porvir teñan que debuxarnos como o País dos Ananos que advertira Celso Emilio.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 10-01-2010 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0