Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O decreto do galego de Feijóo recibe críticas por parte de todos os sectores
O PSdeG destaca que ?os diferentes posicionamentos dentro do PP fixeron que a Xunta derivase todo nos pais?
Cristina Díaz Pardo, Xornal.com - Actualizado 02/01/2010 - 03:04 h.
O presidente da Xunta pide agora ?unidade? política
Isto non ten solución


Ninguén está conforme co borrador do novo decreto do galego no ensino que o pasado mércores, día 30, Alberto Núñez Feijóo presentou tras celebrarse o Consello da Xunta. O PP quedou só á hora de dar os parabéns a esta iniciativa que conta con críticas dende a oposición, a comunidade educativa, as plataformas a prol do galego e os grupos contra a normalización lingüística.
Aínda que as datas nas que o Goberno galego presentou o borrador, ás sete e media da tarde e en vésperas dun festivo, non axudaron a que os diversos sectores implicados no ensino desen a coñecer a súa opinión, a valoración negativa parece unánime.
Así, o PSdeG cualifica de ?despropósito? a presentación deste borrador que ?traslada ás aulas o conflito da lingua xerado por Feijóo?. O portavoz de Educación dos socialistas galegos, Guillermo Meijón Couselo, criticou ademais ?a estratexia de nocturnidade, premeditación, aleivosía e opacidade de presentar este borrador de decreto nas festas de fin de ano e en plenas vacacións da comunidade educativa?.
Meijón destacou nun comunicado que ?esta nova norma foi elaborada de costas á sociedade galega e, nomeadamente, da comunidade educativa por persoas que poucas ou ningunha vez pisaron as aulas?, o que, sinala ?non invita precisamente a albergar grandes esperanzas de cara ao consenso lingüístico?.
Ademais o parlamentario socialista apunta que o texto presentado ?reflicte nidiamente a existencia de moi diferentes posicionamentos dentro do Partido Popular, o que ten provocado que o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, prefira levar o debate e o conflito lingüístico a cada aula e centro de Galicia, antes de afrontar as grandes liortas que ocasionaría unha toma de posición clara por parte do conselleiro de Educación?.
As liñas básicas deste novo decreto pasan por reducir a presenza do galego no ensino a un terzo, ademais de darlle tanto a pais como a centros potestade para escoller o idioma no ensino. Os proxenitores decidirán o modelo lingüístico do centro escolar, no Ensino Infantil a consulta será cada ano mentres que no resto a escolla terá lugar cada catro. Así semella que, incluso dentro do Partido Popular , non todos vén con bos ollos a proposta do Executivo autonómico. O militante Rafael Cuiña, fillo do finado Xosé Cuiña e colaborador de Xornal de Galicia, manifesta nun dos seus artigos de opinión que augura ?un período de gran tensión social entre os diferentes sectores polo esquecemento de que un gran poder comporta unha gran responsabilidade de gobernar tanto aos dispostos a loitar polos seus símbolos máis sagrados, como é o idioma propio desta terra, como para os que o consideran intrascendente, cando non accesorio?. ?A obsesión deste Goberno é unha mal entendida liberdade de elección no ensino, tendo que decidir os pais, en troques dos técnicos na materia?, asegura o empresario.
A mostra máis plausible do desagrado da comunidade educativa co novo borrador do decreto do galego no ensino maniféstase na folga no ensino convocada para o día 21 pola plataforma Queremos Galego. Non obstante, tamén os grupos contra a normalización lingüística que chegaron a manifestase en Compostela contra o decreto posto en marcha polo bipartito non semellan nada de acordo co borrador da consellería que dirixe Jesús Vázquez. Así, a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, fixo unhas declaracións en ES Radio, a emisora de Federico Jiménez Losantos, nas que deixou claro o desagrado. Como vén facendo dende hai tempo, Lago recordoulle ao líder galego os apoios electorais que lle reportou o seu colectivo. ?No principio do ano, Feijóo viu que as enquisas dábano por perdedor, e entón viu un filón nuns pais que tiñan un problema e aproveitouse da súa ilusión, o seu traballo, aínda arriscándose físicamente, para chegar ao poder?, declarou. ?En que melloramos, haberá unha materia máis en castelán, tanto traballo para isto! É unha tomadura de pelo?, asegurou.
No día de onte, as críticas ao borrador chovíanlle ao PP por todos os lados. Tan só un dos comunicados de prensa que chegaron ás redaccións dos medios galegos defendía a proposta: a dos propios populares galegos.
O portavoz do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, eloxiou o novo decreto do galego no ensino e considerou que ?devolve a sensatez lingüística a Galicia, perdida nos tempos bipartito?. ?Feijóo cumpriu escrupulosamente co prometido no seu programa electoral?, sentenciou o deputado conservador.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 02-01-2010 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0