Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A axencia lingüística da UE reprende á Xunta pola súa política "contra o galego"
Critica a decisión de suprimir as galescolas
elpais.com - Santiago - 27/11/2009

A European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas Minorizadas) emitiu unha resolución na que reprende a política lingüística do Executivo de Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión que este organismo celebrou onte en Barcelona.


O texto informa á Xunta de Galicia de que "as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español" e contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.

A EBLUL afirma na súa resolución que "resulta de especial gravidade" que "non só non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas", senón "que se desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa", entre os que se cita á antiga Rede Galega de Escolas Infantís, Galescolas, "a única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do galego".

O documento "anima" ao Goberno galego a "que desenvolva unha política lingüística de extensión social da lingua propia de Galicia", á vez que lle advirte de que, "de continuar a súa política de desprotección", trasladarase a situación aos diferentes foros internacionais onde a EBLUL atópase presente.

Esta entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo e posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das Nacións Unidas (ONU). EFE
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-11-2009 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal