Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O Tribunal Supremo desbota que os pais decidan a lingua de ensino
Na sentenza rexeita o recurso presentado por unha familia viguesa que exixía que o seu fillo recibise clases en español.

Redacción Vieiros - 12:44 17/11/2009


Os pais non poden decidir o idioma no que han estudar os seus fillos. Así se deduce dunha sentenza do Tribunal Supremo, que non admite un recurso interposto pola familia dun estudante vigués, que exixía que o seu fillo recibise as clases unicamente en español. O texto xudicial di que recoñecer a "toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios".

Recurso desestimado

En concreto, este proceso iniciarase en 2007, cando os pais dun alumno do centro privado Los Sauces (Vigo) remitiron á Consellaría de Educación (dirixida pola socialista Laura Sánchez Piñón) un escrito no que pedían que o rapaz recibise toda a docencia en español. Logo de que este departamento llo denegase, a familia acudiu á vía xudicial.

No seu recurso, defenden o dereito a escoller a lingua de ensino do seu fillo baseándose, dunha banda, no artigo 26 da Declaración dos Dereitos Humanos ("todos os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que recibirán os seus fillos"). A sentenza que agora dita o Supremo asegura que "tal precepto non autoriza o deseño do currículo educativo dos fillos a conveniencia dos pais". Doutra banda, refírense ao artigo 27 da Constitución Española, que recoñece a liberdade de ensino. O Alto Tribunal alega que este artigo "non ten por efecto garantir nin a pais nin a fillos o dereito a unha instrución impartida na lingua da súa elección". Finalmente, desestímase o recurso e obrígase ao demandante a pagar as costas do proceso.

E o decreto?

Esta sentenza, que é un importante pau para as demandas de colectivos como Galicia Bilingüe, cobra vital importancia nun contexto no que a Consellaría de Educación está a piques de dar a coñecer a súa proposta de decreto do ensino, que derrogará o aprobado polo bipartito (e que garantía que o ensino fose en galego e en español a partes iguais).

* Poder ler aquí a sentenza completa (Fonte: Centro de Documentación Xudicial do Tribunal Supremo)
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-11-2009 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal