Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A película do rato Pérez abriu onte unha nova edición do ciclo “En galego, de película”
Ferrol Martes 29 de Septiembre de 2009

REDACCIÓN Diario de Ferrol> FERROL

Os cines Dúplex acolleron onte a primeira xornada do ciclo de cine “En galego, de película”, promovido desde o departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol coa colaboración da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Os primeiros en participar na actividade foron alumnos de Educación Infantil e 1° e 2° ciclo de Primaria de varios centros educativos da cidade, que acudiron ao cine para ver a película “Pérez, o ratiño dos teus soños II”. Dunha duración aproximada de 90 minutos, houbo dous pases do filme, o primeiro ás 9.45 horas e o segundo ás doce.

Esta película proxectarase de novo na xornada de hoxe, tamén en doble sesión e para os mesmos niveis educativos, para xa mañá mércores e o xoves abrir paso ao filme “Un amor por descubrir”. Neste caso, serán os alumnos de 3° ciclo de Primaria e 1° ciclo da ESO. Estes mesmos días máis o venres, os estudantes de 2° ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos formativos asistirán ao cine para ver “Pradolongo”, poñendo así fin a unha actividade que pretende contribuír á normalización da lingua galega. Segundo explicou a pasada semana o edil desta área no Concello de Ferrol, Manuel Santiago, na actividade participarán uns 2.200 alumnos de centros educativos de Ferrol e comarca, subliñando que a través desta proposta, ademáis de se divertir, os rapaces poden achegarse a unha das formas de expresión cultural dun pobo.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-09-2009 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal