|
|
|
|
Manifesto dos profes de Lingua Castelá |
|
Chéganos este manifesto que proximamente pensan colgar na web para buscar adhesións.
No seu momento, publicaremos a ligazón.
Os e as abaixo asinantes, profesionais da docencia dedicados á ensinanza da lingua castelá, queremos facer constar o seguinte:
1.- A nosa experiencia socio-educativa como profesionais con competencia no ámbito da docencia lingüística demostra que o castelán non sofre ningún tipo de ameaza na nosa comunidade. Disfrutamos de todos os medios que unha sociedade moderna pode pór a disposición do alumnado e o profesorado de lingua e de literatura.
2.- Sentímonos orgullosos e orgullosas de poder transmitirlle ao noso alumnado toda a riqueza patrimonial, lingüística e literaria do español das dúas beiras do atlántico, mais tamén sentimos o orgullo de formarmos parte da comunidade galego falante, posuidora igualmente dun amplísimo patrimonio oral, dunha literatura de primeirísimo nível e con capacidade para abrirnos as portas do portugués.
3.- Termos dúas linguas oficiais é unha riqueza evidente, e é tarefa educativa de primeira orde lograr a igualdade de competencias lingüísticas nos dous idiomas. Non obstante, somos conscientes das dificuldades e ameazas nas que se atopa a día de hoxe tanto a nível oral como escrito o idioma propio da nosa comunidade, o galego.
En consecuencia, rexeitamos, ou cando menos cuestionamos, a falta de sensibilidade e a carencia de rigor científico que se transluce na consulta sobre as linguas no ensino que promove estes días a administración educativa. |
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
#blgtk08# |
|
|
Comentario por Miguel Anxo Romero López (17-06-2009 11:40) |
|
|
2 |
Un esquema da peculiar aritmética de Educación para o Galego #blgtk08#
http://www.blogoteca.com/casaescola/index.php?cod=65023
|
|
|
Comentario por Fíxate (17-06-2009 15:50) |
|
|
3 |
Thanks for y#blgtk08#our sharing |
|
|
Comentario por ugg (09-11-2011 03:58) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|