Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Defensem la llengua
Adhesións

Unha plataforma de cidadáns do país residentes en Barcelona promove un manifesto de apoio á concentración do vindeiro día 17 de maio a prol dos dereitos da nosa lingua.
Os promotores do manifesto colocaron unha pancarta no balcón do Centro Galego de Barcelona

REDACCIÓN GALICIA HOXE. SANTIAGO


"Os galegos e galegas residentes nos Països Catalans queremos manifestar o noso apoio á marcha en defensa da igualdade de dereitos para o galego que terá lugar en Santiago de Compostela o 17 de maio ás 12h, e expresar o noso desacordo co anuncio do novo goberno do PP de desmantelar os puntos básicos da oficialidade do galego". Así comeza o Manifesto en defensa da lingua galega que un grupo de persoas comprometidas coa nosa lingua acordaron hai uns días no Centro Galego de Barcelona.

"Somos unha plataforma de xente, maioritariamente de esquerdas, que decidimos elaborar un manifesto en favor da nosa lingua. É moi triste que teñamos que estar aínda defendendo o que deberiamos ter dun xeito natural", indicou Xosé Méndez (Pepe de Requeixo), presidente do Centro Galego e un dos impulsores deste manifesto.

"Instamos aos galegos e galegas residentes nos Països Catalans e ao conxunto de toda a sociedade catalá a se manifestar o vindeiro 17 de maio ás 12h nas Rambles nº35-37, diante do Centro Galego de Barcelona", di o documento.

"Preparamos o manifesto para o Sant Jordi, e puxemos unha pancarta no balcón do Centro Galego. Traballamos en rede, para difundilo o máis posible. Agardamos ter resposta por parte de institucións catalás e de asociacións fortes, como a houbo cando foi o do Nunca Máis, que houbo unha manifestación de 30.000 persoas... No tema da lingua, os cataláns téñeno claro: saben que cando defendemos o galego tamén estamos a defender o catalán", explicou Méndez.

O manifesto denuncia o discurso da "imposición" do galego como "o mundo ao revés", xa que "somos os falantes de galego os que resultamos discriminados", e chama as institucións galegas a tomaren medidas para prestixiar o galego e a non retroceder na normalización.

Méndez cre que "o político" se está a "aproveitar da falta dunha conciencia galega forte e do complexo histórico" que pervive e asocia o uso do castelán a maior status social.
DATOS

Trátase da primeira vez que se xesta no Centro Galego
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-04-2009 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal