Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A saia da Carolina

(FRAGAS) Derrogas, Albertiño?
(ALBERTOS) Derrogo, si señor.
(FRAGAS) Dime que derrogaches.
(ALBERTOS) A normalización!
A normalización!
A normalización!
Derrogas, Albertiño?
Derrogo, si señor.

O goberno de Albertiño
Éche de moito coidado
Hai decreto do galego? ...
Pois decreto derrogado!

Manda carallo, paisan@s,
de que nos vai esta xente?
Quen máis fai contra o galego
é o propio presidente.

No tocante á nosa lingua
no PP van coma motos,
póñense contra o decreto
para conseguir máis votos.

Van contra do noso idioma.
Ou español ou inglés!
nunha nación que é Galiza.
Parece o mundo ao revés.

Que falemos en galego
din que é unha barbaridade.
Din que é máis fino o español
pra falar en sociedade.

Defenden o español
e dino con moita pompa.
A falar todos igual
pra que España non se rompa.

Xa o dixera Castelao,
aínda nos queda memoria:
Que diriamos se chimpasen
todo o Pórtico da Gloria?

Pelexemos, amiguiños
pois a cousa non é broma.
Queren acabar con todo
e empezan polo idioma.

Permitídenos poñer
bo remate á melodía
cunha copliña de Taibo
e outra de Manuel María.

O galego que non fala
na lingua da súa terra
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela. (V. Taibo)

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo,
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo (M. María)

Imos dar a despedida
con un pensamento certo,
na defensa do idioma
aquí esta a CIG, Alberto.
Comentarios (3) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 12-03-2009 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 haina que facer con son e con opción de descarga que isto coma melodía #blgtk08#de móbil pode causar furor e é un xeito máis de presionar dende a rúa.
Comentario por mateo (18-03-2009 20:07)
2 haina que facer con son e con opción de descarga que isto coma melodía #blgtk08#de móbil pode causar furor e é un xeito máis de presionar dende a rúa.
Comentario por mateo (18-03-2009 20:07)
3 Esa canción soou na quintana o pasado dezaset#blgtk08#e, e si molaba unha versión cantada en audio!
Comentario por Anxo Bama (18-05-2009 20:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal