Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A frase das frases de Palmou
Galicia Hoxe
CADERNO ABERTO

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO


As frases foron pronunciadas por Xesús Palmou, quen no seu día foi secretario xeral do Partido Popular de Galicia e conselleiro de Xustiza con Fraga Iribarne: "Non se pode querer a Galicia e non ao seu idioma propio. É incompatíbel". E poucas veces, verán vostedes, se ten falado tan ao xeito sobre o particular, con tanta e xusta contundencia e claridade. Mais a cousa non fica aí. Porque Xesús Palmou tamén dixo que "no tema da lingua pártese dun erro", que "a Constitución impón o deber de coñecer o castelán pero non os idiomas autóctonos"; e, por outra banda, engadiu o político conservador, "hai unha discriminación cara ao galego que debe solucionarse dende o Estatuto, establecendo a igualdade das dúas linguas no seu ámbito territorial, co deber de que os galegos coñezan o galego". E punto, que diría o outro. Palabras textuais todas estas, e outra frase que canta a verdade por si mesma e que Palmou soubo enfiar na súa impecábel dialéctica: "O galego é o principal elemento definidor da nosa identidade". Mais se un tivera que elixir, e máis nestes tempos que corren, a frase definitiva, optaría por esta: "Non se pode querer a Galicia e non ao seu idioma propio". E así mesmo é. Porque cando moitos e moitas enchen a boca decote con declaracións de amor a Galicia -unha gran maioría altos dirixentes do PP, Palmou é unha excepción-, o que en realidade están a exhibir é un veo de pura retórica -véxase Corina Porro ou Carlos Negreira, aducidos polo discurso etnocida da falsamente denominada Galicia Bilingüe-, que non oculta de ningún xeito, porque os feitos na práctica falan por si mesmos, un profundo desamor, cando non odio, polo idioma galego. Porque, como di Palmou, non se pode querer a Galicia e non ao seu idioma propio. Non se pode querer o corpo da amada e non a súa cabeza. Non se pode amar unha persoa en concreto e desprezar a súa voz, tratar de silenciala. É imposíbel querer a Galicia, cousa do que tantos presumen, e ao mesmo tempo mostrar indiferenza polo seu máximo sinal de identidade.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 25-02-2009 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0