Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Desandar o camiño
XORNAL.COM
Luns, 09 de febrero de 2009


A capacidade de convocatoria de galicia bilingüe demostrouse onte insuficiente, malia a contar co apoio explícito do partido de Rosa Díez e coa mobilización, tácita ou non tan tácita, dalgúns dirixentes do Partido Popular. Apenas 3.000 persoas participaron na manifestación pola ?liberdade de elección? e contra a suposta ?imposición? lingüística do galego polas rúas de Compostela. Coñecendo as teses de Galicia Bilingüe, tan lonxe da realidade, o resultado era previsíbel, e iso debera facer reflexionar aos altos cargos do PP que decidiron participar nunha protesta na que, entre outras cousas, se están a cuestionar algunhas das bases fundamentais do proceso de construción autonómica. O galego é a lingua propia de Galicia, non porque o decidise o goberno de turno na Xunta, senón porque así o estabelece o Estatuto de Autonomía elaborado co esforzo e o consenso de todas as forzas políticas con representación nos órganos preautonómicos e aprobado en referendo en 1980.

A sociedade galega non parece disposta a desandar o camiño autonómico, e talvez tampouco entenda o posicionamento dos altos cargos do Partido Popular que, de costas á historia recente do seu partido, toman partido contra a lingua propia de Galicia. Non é doado saber por que certos sectores dunha forza política que participou na elaboración da Lei de Normalización Lingüística e puxo as bases da galeguización do ensino e a administración pública galega, recúan agora cara a discursos que non encaixan na paisaxe democrática deste país e que non se parecen en absoluto a ese electorado popular que, segundo as enquisas de Xornal de Galicia, demostra estar orgulloso da súa lingua e coa conciencia tranquila.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 10-02-2009 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0