Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O decreto do galego é só "papel mollado"
Segundo denuncia Nova Escola Galega

Galicia Hoxe



Nova Escola Galega (NEG) denunciou a "escandalosa parálise" da Xunta con respecto do cumprimento do decreto sobre a promoción do galego no ensino.

Nunhas declaracións realizadas ao xornal Vieiros, NEG sinala que mediado o curso 2007-2008 "non se levaron a cabo actuacións dirixidas á necesaria divulgación dos obxectivos e dos contidos do decreto entre os membros da comunidade educativa e na sociedade, en xeral".

Oito meses despois de que o Diario Oficial de Galicia publicara o decreto, NEG recoñece o "desánimo" fronte á actitude da que acusan a Consellaría de Educación.

"Pouco máis fixo que publicar o decreto", din, lamentando que non se adoptase aínda ningún tipo de medida que permitise ver que a presunta vontade de mirar polo galego nas aulas vai ser algo máis que "un texto legal" que semella estar quedando nun "papel".

Segundo denuncia a asociación, a situación é máis grave aínda dadas as "actuacións antidecreto" desenvolvidas nos últimos meses por determinados colectivos
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 31-03-2008 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 anos esperando ter forza legal para impartir no ensino oficial a lingua galega en galego ....
anos esperando ter esperanza de ver a nosa fala no ensino en igualdade co castelán ....
anos esperando que estivera na Xunta no#blgtk08# goberno da nazón nacionalistas para miraren e dar pulo ó galego ...

qué se está a facer ?
qué está a facer a Inspección Educativa ?
qué se está a facer para que se cumplan a leis ?


Comentario por Pedro (02-04-2008 16:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal