Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O BNG devolve o borrador do Consello de Medio Ambiente por incumprir a Ordenanza de Normalización
COMUNICADO DE PRENSA


O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol procedeu esta mañá a devolverlle ao alcalde da cidade, o socialista Vicente Irisarri, o borrador do Regulamento do Consello Municipal de Medio Ambiente por incumprir a Ordenanza Municipal de Normalización lingüística.
O BNG decidiu adoptar esta actitude diante dos continuos incumprimentos por parte do Goberno Local desta Ordenanza e o relaxamento existente nas diferentes concellarias a hora de velar porque os documentos se redacten en lingua galega, que é a lingua oficial do noso Concello tal e como se aprobou pola unanimidade dos grupos municipais desde o ano 1997.
O BNG advirte ao goberno local que velará polo estricto cumprimento desta ordenanza na acción de goberno e volve a reclamar a imediata convocatoria do Consello Municipal da Língua, xa que feitos como os que están a acontecer no concello demostran que se fai necesario a sua posta en marcha e o desenvolvimento do Plan de Normalización da nosa cidade.

Ferrol a 28 de xaneiro de 2008

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-01-2008 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Así si, a ver se se recupera enerxía na defensa da lingua. Parabéns ao grupo municipal do BNG por esta decisión, práctica á vez que simbólica. Deberían facer igual en moitos gobernos coaligados en cuxos acor#blgtk08#dos de goberno se recolle a cuestión lingüística como fundamental. No entanto, este principio incúmprese e non pasa nada. Pois hai mesmo que supeditar o goberno a este punto, chegando a romper se fai falta.
Comentario por Román (01-02-2008 21:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal