Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Rebaixas, prezos, refaixos e gangas … todo o comercio en galego
Anteproxecto da lei de ordenación do comercio interior

O borrador ten un apartado sobre os dereitos lingüísticos dos consumidores, no que se contempla que os carteis informativos e a sinalización dos estebelecementos deberán estar na nosa lingua.

Redacción Vieros - 19:50 28/01/2008



No seu capítulo III, baixo o epígrafe Da actividade comercial, o anteproxecto da Lei de Ordenación do Comercio Interior (elaborada pola Consellaría de Innovación e Industria), que se aprobará neste primeiro trimestre do ano, fala dos dereitos lingüísticos dos consumidores.

No texto garántese, en primeiro lugar, o respecto aos dereitos lingüísticos dos consumidores, que deberán ser atendidos correctamente sen ser discriminados pola lingua "oficial" que empreguen. De ser preciso, a nova lei recolle que o Goberno vai amparar aos consumidores e garantir o exercicio libre destes dereitos.

Por outro lado tamén se garante que a sinalización, os carteis informativos e os documentos de oferta de servizos deben estar, polo menos, en galego. Esta norma aplicarase en todos os estabelecementos comerciais, agás nos nomes comerciais ou nos rótulos amparados pola lexislación da propiedade industrial
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-01-2008 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal