Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O galego. En perigo de extinción?
[GZnación / Redacción / 23 Xan 08]

Estreamos o GZdebate cun dos asuntos que máis leva dando que falar nas últimas décadas: O estado de saúde da lingua galega.


Para falar deste tema, GZnacion convidou a João Guisan Seixas e a Xose Ramón Freixeiro Mato. O primeiro foi un dos fundadores da AGAL así como da Escola Dramática Galega. Coñecido pola súa labor como escritor, actor e director de teatro conta cun Pedrón de Ouro e co I Premio Eixo Atlântico de Textos Dramáticos polo texto “A Tábua Ocre de Núbia”. Profesionalmente é mestre de portugués na Escola de Idiomas da Coruña.

O outro dos convidados, Xosé Ramón Freixeiro Mato, é profesor de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade da Coruña e participou na última reforma da normativa no 2003. Conta tamén con numerosas publicacións entre as que destaca a Gramática da Lingua Galega, composta por 4 volumes.

Unha conversación arredor do idioma con numerosos puntos de encontro pero tamén moitas diferenzas. Xeitos distintos de tentar un mesmo obxectivo: A rexeneración da lingua e a súa normalización na sociedade.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 23-01-2008 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal