Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Mes de xaneiro, mes do nacemento e morte de Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886, e morreu no exilio — en Bos Aires — o 7 de xaneiro de 1950. Pai do nacionalismo galego, Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Estudou medicina, pero confesaba: Fixenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade.


Na súa memoria e na súa honra inserimos este poema de Daría Xohán Cabana ao que puxo música Suso Vaamonde

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO

Compañeiro Daniel de vida innumerable
como os astros do ceo i os camiños do mar
na tenebrosa noite da patria inhabitable
témoste no recordo con mao á luz alba.
A ti falo Daniel morto lonxe da terra
es noso i a túa luz alumea a escuridá
que nos deixou a historia de tres anos de guerra
en que os lobos mataron a luz e libertá.

Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban
i enloitaron cunetas con sangue loitador
as pistolas sonaban i os panbidos berraban
a terrible victoria do odio e do terror.
E ti fúcheste lonxe predicar no deserto
pra erguerdes un exército que endexamais loitou
e morriches un día sin veres entreaberto
o camiño da volta que a túa alma soñou.

Pro na Patria abatida e do pobo explotado
nacimos nós os fillos da morte e do tristén
percurando furiosos vinganza e novo Estado
i unha roxa alborada sin cabo nin comén.
I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe
matou desesperado na outra banda do mar
prometémosche a terra dunha Galicia ceibe
pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.




De seguido inserimos, tamén, as imaxes da chegada dos restos de Castelao ao Panteón de Galegos Ilustres, en Compostela.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2008 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
3 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por bardo (02-01-2008 22:04)
2 E día a día Castelao esta a ser traizoado, e ano a ano a nosa causa #blgtk08#corre o perigo de caer no olvido, de nós depende que esto non ocorra.
Comentario por bardo (02-01-2008 22:08)
3 a nossa terra cada dia e mais atacada polo estado imperialista espanhol.
#blgtk08#/>
Debemos impedir que isto suceda.

GALIZA CEIVE JA!
Comentario por gz_oi! (07-07-2008 15:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra














PESQUISA NO e-ESTRAVIZ





>

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal