Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A CIUG distribúe en castelán os textos preparatorios da selectividade
Concretamente pendurou da web os de Filosofía, materia que se imparte en galego dende 1995.

Redacción Vieiros - 29/11/2007


A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), dependente da Consellaría de Educación e das tres universidades galegas, comezou a distribuír esta semana os textos para preparar as probas de selectividade na materia común de Filosofía, que dende 1995 se imparte en galego.

Mais, para sorpresa de profesorado e alumnado, todos os escritos están en español, tanto os publicados na web como os remitidos aos centros educativos.

A CIG-Ensino denunciou este feito que considera un "incumprimento do regulamentado en materia lingüística", e que "vulnera os dereitos do alumnado que no momento de realizar as probas deberá contar con modelos de exame en galego para todas as materias".

Queixa ao presidente da CIUG
Xa que logo, remitíronlle unha queixa ao presidente da CIUG, vía Rexistro, onde se lle exixe unha modificación inmediata e a edición de todas as propostas de textos en galego.

"Non é de recibo que unha institución como a Universidade incorra no incumprimento do lexislado en materia educativa, nunha discriminación tan flagrante, e que dea mostras de incapacidade para expresarse no noso idioma", afirmaron.
Comentarios (5) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 30-11-2007 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Non só os textos de filosofía, tamén ,
os criterios de cualificación de setembro de B#blgtk08#ioloxía, Ciencias da Terra, Xeoloxía, Xeografía e Hª da Arte.
Isto soa a desafío.
Comentario por Aguilucho (30-11-2007 19:18)
2 Banda de analfabetos!!! Coa chea de auga que xa boligou por embaixo das pontes non hai desculpa#blgtk08# nin pretexto ideolóxico ningún: son unha presa de iletrados e analfaburros que aínda por riba
Comentario por OCarvalhoDaPortela (01-12-2007 11:50)
3 Banda de analfabetos!!! Coa chea de auga que xa buligou por embaixo das pontes, non hai desculpa nin pretexto ide#blgtk08#olóxico ningún: son unha presa de iletrados e analfaburros que aínda por riba teñen responsabilidades DOCENTES!!!
Comentario por OCarvalhoDaPortela (01-12-2007 11:54)
4 Debería caerlles a#blgtk08# cara de vergonza
Comentario por Bardo (03-12-2007 20:34)
5 Mis felicitaciones a la CIUG, por fin podemos hablar en castellano en libertad. ¡No a la imposición del dialecto gallego!, ¡Vi#blgtk08#va la libertad!

Andrés Pañacoño
Presidente de Gallegos en Libertad (www.gallegosenlibertad.blogspot.com)
Comentario por Andrés Pañacoño (19-12-2008 11:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal