Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A ortografía nas probas de selectividade
Foron numerosas as chamadas recibidas por socios e amigos pedindo un pronunciamento da Coordinadora por mor da desidia manifestada nos exames da selectividade.

Velaí o texto que vos propoñemos para enviardes aos enderezos da CIUG e universidades de Vigo,Compostela e A Coruña

Calquera traballo de investigación ou divulgación científica resúltanos máis fiábel se vén avalado por unha Universidade. Esta institución representa na sociedade a garantía de rigor científico na investigación e na transmisión de coñecementos. Lamentabelmente esa reputación, que tamén lle concedemos ás Universidades Galegas, acaba de sufrir un duro revés, se nos atemos á cantidade de erros, moitos deles graves, que salferían as propostas de exame de selectividade celebradas este ano

Independentemente da sensibilidade que cada quen mostre respecto da lingua, o rigor científico que debe presidir os traballos da Comisión Interuniversitaria Galega choca frontalmente co tratamento que recibiu a nosa lingua na redacción das probas, desvaloriza a reputación das Universidades Galegas e representa un ataque gratuíto á lingua.

Non é o noso propósito entrar en consideracións de tipo sociolingüístico encamiñadas a entender ou explicar este proceder da CIUG. O escenario das desculpas considerámolo superado. O noso obxectivo é, simplemente, denuncialo como inaceptábel e impropio de tal institución.

Demandamos, xa que logo, que se habiliten os procedementos necesarios para garantir no futuro a corrección na redacción das propostas de exame.
Se queremos que o galego teña consideración de lingua normalizada, o seu uso obríganos a utilizala como calquera outra, coa corrección e respecto ás normas que lle son propias e foron aprobadas no seu día pola RAG.

A Universidade como institución toleraría ese tipo de erros nas probas redactadas en castelán?

Considera a CIUG e ese reitorado que o galego é unha lingua de segunda que non require aterse a ningunha norma?

A Universidade Galega carece de persoal cualificado para redactar correctamente as probas en galego?

A resposta a estas cuestións agardámola nas probas do vindeiro curso.


ciug@cesga.es

rector@usc.es

ddocampo@tsc.uvigo.es

snl@udc.es
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 26-06-2006 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal