Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Escándalo na selectividade: máis de cen faltas e erros no galego de moitas probas
Tirado do Galicia Hoxe

ESCÁNDALO E VERGOÑA

As versións en galego dos exames de selectividade resultaron un desatino de faltas de ortografía, morfolóxicas e sintácticas •• O paradoxo é que os erros baixan a nota.

CHUS CEBRO . SANTIAGO
Galicia vive unha situación lingüística de diglosia. A última proba é flagrante: os exames de selectividade, que os mozos puideron ler en castelán ou en castrapo, nin sequera en galego.
Segundo denuncia a CIG-Ensino -e GALICIA HOXE puido comprobar cos exames diante- nas probas do xoves, "a norma na opción en galego era a da incorrección ortográfica, chegando a acumularse ata case 30 faltas nalgunha das probas, como na de debuxo técnico, que só tiña 18 liñas de texto".
Os máis de 9.400 alumnos que este ano concorreron á selectividade en Galicia tiñan que demostrar os seus coñecementos e ademais expresarse con corrección. De feito, nas instrucións para a corrección establécese claramente que se poderá descontar ata 0,20 puntos por erro ortográfico na escrita en galego.
Pero ¿con que autoridade se lle pode penalizar a un rapaz unha falta ortográfica nun exame de Economía e organización de empresas onde se lle pide contestar "coa maior brevedade", ou se lle pregunta sobre "ingresos derivados dos rendimentos de activos financieiros", ou se lles manda calcular "a productividade media" dunha empresa, ou ben se lles pide ilustrar "a respuesta con alguns exemplos"?
Neste exame concreto cóntanse ata 26 faltas de ortografía. A maioría dos pronomes interrogativos en interrogacións directas están acentuados e abundan os casos de grupos cultos -ct- -véxase estructura, producto e producción-, nos que a última normativa establece a eliminación dese c.
26 faltas, a -0,2 puntos cada falta, dá un total de -5,2 puntos. Isto é, se un rapaz fixera un exame de 10, pero tivese esas 26 faltas ortográficas, non podería aprobar.
Na proba de bioloxía, amais de palabras con grupos -ct-, por dúas veces de constrúe unha condicional "acastrapada": "si a cor amarela é dominante sobre a verde...".
O exame de Física ten 13 faltas. Amais das de acentuación, entre as que son especialmente sangrantes a ausencia de til nos casos de contración de preposición a co artigo ("Razoa as respostas as seguintes cuestións"), destacan de novo o condicional castelán si e mais a conxunción copulativa i ("en ausencia de rozamentos i empuxes") -no de ciencias da terra e do medio ambiente aparece directamente y- ou o solo por só e o desenrolar por desenvolver.
O que escribiu o exame de grego non sabe que a preposición de contrae cos determinantes e dedícase a escribir sistematicamente "de estas". Dúas veces o fai, o que lle faría perder case medio punto.
Pero non son estes os únicos erros, xa que nesta proba se pide unha "análise morfológica" de dúas palabras e se pregunta polos "riscos do heroe homérico" -penedos?, riesgos?, preguntaban os rapaces.
O de matemáticas aplicadas ás ciencias sociais está mellor, pero non se libra de gazapos como exixe ou ocurre, é dicir, habería que descontar case medio punto da nota.
O caso de debuxo técnico proe. O que hai que acentuar vai sen til, e viceversa: así, na versión en galego lemos únicamente, cuestions, calificacion, triangulo, proxeccions...
O imperativo da versión en castelán "acótalas según la norma UNE tradúcese como "acoutas segundo..." e o "equivalente al mismo" como "equivalente a o mesmo" a contración "polo" aparece sistematicamente como "po lo".



Podemos seguir "ad nauseam".
As composicións de texto filosífico estaban todas en castelán. "Caeron" Habermas, Ortega y Gasset, San Agustín, Tomás de Aquino, Guillerme de Ockham, Maquiavelo, Bacon, Mill, Marx, Nietzsche, Wittgenstein e Heidegger. Ningún deles, agás Ortega, escribiu en castelán pero todos estaban traducidos a esta lingua. ¿Acaso non é o galego lingua apta para o pensamento? É máis, Filosofía é unha das materias que se imparten en galego por lei.

A QUEN CORRESPONDA
"Hayar la tanjente i la intersezión"
Ante este desatino, a pregunta é evidente ¿que pasaría se os exames en castelán estivesen escritos con esta "calidade"? ¿Sería admisible que un exame de selectividade en castelán recollese palabras con faltas como produto, morfolójica, esigir, proyeccion, ou pa no canto de para? ¿Por que se fai a vista gorda co galego?
A diglosia é a situación de convivencia de dous idiomas no seo dunha mesma poboación ou territorio, onde un ten un status privilexiado -como lingua de cultura, prestixio ou uso oficial- fronte ó outro, que é relegado ás situacións socialmente inferiores, da oralidade, a vida familiar e o folclore. Lingua A e lingua B; castelán, galego.
Alguén "traduciu" do castelán ó galego segundo lle pareceu e nin se lle ocorreu ofrecelo a ningún profesional para a revisión lingüística. Total, o galego é unha lingua relegada ás situacións socialmente inferiores, da oralidade, a vida familiar, o folclore... Aínda hai xente con estes prexuízos e néganlle á lingua de Galicia estatus de lingua culta, vehículo de todas as situacións da comunicación, desde a intimidade e a broma, ata a cultura, o pensamento e a ciencia.
A escrupulosidade na utilización da norma escrita é inescusable, máxime cando falamos do sistema educativo. Non hai dereito a que os rapaces que queren entrar na universidade teñan que soportar o desleixo dunha Comisión Interuniversitaria de Galicia que consente esta ignominia. Que non volva suceder
Comentarios (2) - Categoría: Campañas - Publicado o 26-06-2006 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Xa vai sendo hora de parar este crime cara a nosa lingua.
Eu teño acudido ata o de agora a 4 procesos selectivos (oposicións) do SERGAS, e pódovos asegurar que a cousa inda é peor. Dá vergoña ler os exames en galego, as traduccións deben de ser feitas por españolfalantes que, cun dicionario na man, van traducindo palabra a palabra, porque se non é asi, non enten#blgtk08#do a calidade pésima, insultante mesmo, dos escritos na nosa lingua. Nestes exames que teño feito, algunha vez tiven a tentación de me erguer co exame na man e poñerme a berrar ali que non entendía o exame, pero, obviamente, a importancia que tén facer o exame e aprobalo, impídemo.
Este ano vanse convocar novas oposicións do SERGAS. Veremos que pasa esta volta.
Comentario por o refraneiro (26-06-2006 14:58)
2 Tamén o digo eu. Xa vai sendo hora de ver a corrección no galego.

Só espero que se sigan a facer as probas de selectividade en ambas linguas, e co dereito a responder como queira o estudante, porque na ESO non é tan posíbel... e non o digo polo#blgtk08# galego, senon pola falta de medios para estudar en castelán.

Só espero que haxa a posibilidade de elección, pero que cando o estudante escolla unha lingua, que teña tódolos medios para desenvolverse nela correctamente.

Un saúdo
Comentario por Antonio (14-03-2008 20:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal