Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


COA LINGUA DE EXCURSIÓN, IMOS PARA VIVEIRO-2006

1º/ Valoración crítica xeral da actividade.
En xeral, moi positiva polos contidos culturais, didácticos e por ter tempo para a diversión.
2º/ Aspectos máis positivos da excursión.
Albergue, visitas culturais, o encontro con mocidade doutros institutos, a viaxe no iate, o tempo libre, a visita guiada polo casco histórico de Viveiro, facer novas amizades, o recibimento no Concello.
3º/ Aspectos máis negativos da excursión.
Erguernos cedo, que durase só tres días, non poder saír libremente pola noite e térmonos que recoller cedo de máis, que non todos falaron galego as 24 horas do día.
4º/ Interese dunha excursión na que participa alumnado de distintos centros de ensino.
Moi interesante poder facer novas amizades, coñecer outras persoas diferentes que nunca atoparías doutro xeito e usar o galego.
5º/ Utilidade desta excursión para achegarte a un uso habitual da lingua galega na túa vida cotiá.
- É o único tempo no que falo esta lingua de xeito totalmente normal e con persoas (aínda que non todas) que fan o mesmo. Faite comprender que sería posible usala en calquera situación, cousa que de momento non fago, pero este tipo de experiencias anímanme a intentalo.
- Coido que este tipo de saídas fan que nós, os adolescentes, vexamos con nitidez que podemos coñecer máis xente utilizando o galego. Na miña vida habitual fíxome recapacitar en que o galego é un bo vehículo para relacionarme con novas persoas.
-Eu xa son galegofalante e penso que estas actividades fomentan en grande medida a aparición de neofalantes.
-Importante para poder relacionarte en galego con persoas da túa idade sen sentirte menosprezado nin desprazado.
-Fáloo mellor e non é unha barreira para expresarse.
-É a primeira vez que falei galego tanto tempo, sigo falando en castelán pero cando sexa maior gustaríame falar galego.
-Por primeira vez todos falábamos en galego, a diferenza da rutina da xente coa que estamos habitualmente que non fala galego.
-Penso que moita xente que cría que o galego non servía para falar cos amigos supoño que cambiaría de opinión despois da experiencia. No meu caso eu xa falo galego na casa e coa miña familia, así que non cambiou de maneira radical a miña opinión.
-Ao final, despois de varios días falando todo o mundo en galego, afaste a usalo normalmente.
-Axudoume a perder a vergoña ao falalo.
-Utilidade pouca porque eu son galegofalante dende hai un ano.
-É unha ocasión para practicar o uso do galego dunha maneira constante. Achegoume máis á lingua e axudoume a falalo máis a miúdo no día a día.
-Hai que dicir que realmente non falou en galego moita xente, pero si que houbo quen falou en galego, e iso gústame porque me sinto máis a gusto falando no meu idioma, que falo habitualmente segundo as circunstancias.

6º/ Valora globalmente a actividade asignándolle unha nota numérica de 1 a 5.
Suma das 24 valoracións = 103 puntos; nota media = 4,29 puntos.
Ferrol, xuño de 2006
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-06-2006 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal