Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Conversa con Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade
(A reunión tivo lugar no IES Concepción Arenal, de Ferrol, e foi recollida nas páxinas do seu xornal, de onde a tiramos)


Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude
e Solidariedade, aceptou o convite
das Equipas de Normalización Lingüística
de Ferrolterra e reuniuse no noso centro
educativo con representantes dos estudantes
de Normalización Lingüística da nosa
comarca.
Entre as ideas que expuxo nesa conversa
podemos salientar as seguintes:
• O seu grande entusiasmo por ocupar
un posto político de responsabilidade que
axude á xuventude galega a encarar o futuro
con mellores perspectivas.
• A súa grande sensibilidade cos
problemas de índole laboral; ademais dos
relacionados co ocio nocturno ( drogadicción,
alcoholemia, velocidade excesiva…) que,
segundo el, haberá que afrontar ofrecendo
unha maior información.
• O papel decisivo que xogou na súa
madurez política a lectura de Sempre en
Galiza, de Castelao. Despois dun accidente
no que partiu unha perna, aproveitou as horas
mortas- inevitables nunha sala de urxenciaspara
ler o ensaio en nove horas. Nace aquí o
seu nacionalismo político.
• A súa defensa entusiasta da lingua
galega lévao a crer que hai esperanza, que
podemos chegar a ter unha sociedade con
conciencia lingüística e unha lingua normalizada.
Compaxinando a defensa da nosa
identidade lingüística co papel do inglés
,como lingua franca internacional, o seu departamento
ten previsto organizar uns campamentos
bilingües dirixidos a rapaces.
• Finalmente, amosa o seu desprezo
cara todo tipo de acto violento ou discriminatorio
(malos tratos físicos e psíquicos,
xenofobia, sexismo…) precisando que é un
problema no que debe implicarse toda a sociedade
e advirte do repunte dos mesmos nas
etapas de maiores crises económicas.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-06-2006 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal