Sermos Galiza
O colectivo Nova Poesía Guitirica vén de anunciar outra novidosa iniciativa poética para "sacar a poesía do armario".
NPG encherá de poesía as farolas dos núcleos urbanos de Guitiriz entre os días 28 de decembro e 3 de xaneiro. E faráo a través de autocolantes con poemas dos membros do colectivo: Fátima Fernández Chascarraschás, Judiña de Lea, Pas Veres, Luz Campello, Mar Beres, Xelo Teijido, Jaki Quintela, Antón de Guizán, José Antonio Cascudo e José André Lôpez Gonçâlez, que achegarán cada un deles dous poemas para ese cometido.
Fátima, a benxamina do grupo e promotora da idea, irá máis aló, e levará os seus poemas coa colaboración de outros membros do grupo e amizades, fóra do concello coa mesma fórmula. Segundo o NPG, trátase dun ?modelo de edición que non agarda polo lector senón que o aborda pola rúa?. Os poemas serán colocados nas farolas á altura da vista para a cómoda lectura dos peóns ao seu paso polas principais rúas.
En palabras de NPG, ?Guitiriz, a Terra Chá, Galiza, están empapadas de poesía e na NPG preténdese sacala do armario?. Este grupo poético constituise o 2 de outubre coincidindo co 25 cabodano da morte de Díaz Castro e ten realizado xa varios recitais colectivos. |