Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O máximo responsábel de Cultura e Política lingüística na Coruña parabeniza o Nadal en castelán e con topónimos deturpados
Sermos Galiza

A Mesa pede o “cesamento inmediato” do xefe territorial da Coruña polo que considera que é “un desprezo manifesto á lingua galega”.


O xefe territorial da Coruña da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana, remite felicitacións oficiais de Nadal e co carimbo da Xunta redactadas en perfecto español e con topónimos deturpados. “Algo insólito por parte dun goberno que ten a obriga de cumprir as leis e dunha consellaría que ademais ten a responsabilidade da política lingüística”, manifestan desde a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL). Segundo o seu presidente, Marcos Maceira, non se pode consentir o desprezo manifesto á lingua galega nun alto responsábel da Consellaría de Educación. “Se a falta de respecto é grave en calquera cargo público da Xunta, éo máis na persoa que ten responsabilidade directa na política lingüística”. A MNL pide o cesamento inmediato deste cargo.

“Unha persoa que despreza o galego e as súas obrigas de tal maneira e que ademais se permite acompañar iso cos versos dunha persoa cun compromiso sen tacha coa lingua galega como Manuel María, non pode seguir un minuto máis no seu cargo” insitíu o presidente da entidade en defensa da lingua galega. Maceira puxo a felicitación como exemplo da política lingüística en Galiza e na provincia da Coruña, “onde o galego está excluído da inmensa maioría das aulas de educación infantil das cidades”.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-12-2015 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal