Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O 'Novo Cinema Galego' xa ten web

RedacciónPraza Pública | @prazapublica

Web de Novo Cinema Galego



O Novo Cinema Galego xa ten web. Nos últimos anos vimos asistindo ao nacemento en Galicia dun repertorio de novas prácticas cinematográficas, ligadas aos procesos de vangarda na creación cinematográfica. Novos (nos dous sentidos) autores e autoras que comezaron ademais a recoller un enorme éxito internacional, coa súa participación (e premios) e importantes certames de todo o planeta, e un gran recoñecemento da crítica. A todas estas prácticas e autores déuselles a etiqueta de novo cinema galego. Agora, vén de lanzarse unha páxina que pretende ser o arquivo de referencia para o estudo e a divulgación das novas prácticas cinematográficas en Galicia e que será presentada este domingo no marco do Festival Novos Cinemas de Pontevedra. Será na Casa da Luz (Praza da Verdura s/n), ás 14 horas.

A web nace en paralelo á investigación feita na súa tese de doutoramento pola profesora Beli Martínez

A web nace en paralelo á investigación feita na súa tese de doutoramento pola profesora Beli Martínez O cine de non ficción do Novo Cinema Galego (2006-2012): conceptualización, contextos e singularidades, defendida esta mesma semana. Este estudo será un dos contidos destacados en novocinemagalego.info, que recolle no seu inicio outros traballos académicos, referencias a case corenta cineastas e máis de cen fichas de filmes con información facilitada polos propios autores e autoras, claves para entender este movemento.

O obxectivo do proxecto é "potenciar a visibilidade e promoción" do novo cinema galego e "proporcionar ferramentas para comprender este fenómeno" que, a pesar do éxito e recoñecemento internacional, "suscitou escaso apoio e entusiasmo", salientan.

O obxectivo do proxecto é "potenciar a visibilidade e promoción" do novo cinema galego e "proporcionar ferramentas para comprender este fenómeno"

Os seus responsables (Álex Bragaña, Xurxo González, Beli Martínez, Alberte Pagán e Bárbara Primo) subliñan que "un importante froito" das intencións creativas dos autores e autoras adscritas ao movemento "é que fixo pensar na natureza das imaxes, xa non só na Galiza e no estado español, senón no mundo enteiro". "A proposta deste proxecto é darlle a volta, transitar do global ao local, e que a atención e o pensamento caia no Novo Cinema Galego, abordando este campo do xeito máis científico posible, e tratando a información con rigorosidade e metodoloxía", engaden. O proxecto conta con outras colaboracións destacadas, coma Xosé Nogueira, Martin Pawley, Marta Pérez, Fernando Redondo e José Manuel Sande.

Comentan así mesmo que “é unha iniciativa procesual polo que agardan manter a colaboración de cineastas, críticos e investigadores para mellorar e aumentar os contidos”. Tamén declaran que “teñen como obxectivo devolver a esta xeración de cineastas o moito e bo que deron eles a cultura galega”
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-12-2015 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal