Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Os centros privados apostan por reducir o galego aproveitando o novo decreto da Xunta
A CIG-Ensino denuncia que a autorización dos centros plurilingües faise en detrimento do ensino en lingua galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2015


“O Decreto 79 para o Plurilingüismo foi ideado coa perversa intención de reducir a presenza do noso idioma, e a dita orde pon xustamente isto en evidencia”. É a denuncia que fai CIG-Ensino sobre a a orde da relación de centros plurilingües para este curso 2015/2016.

Así, destaca que o Decreto 79 reduce a presenza do galego a un terzo do horario a través da imposición do inglés. Pero, ademais, segundo a CIG, a Consellaría autoriza que a materia impartida en lingua estranxeira sexa unha das materias de obrigada impartición en galego, sen esixir o cumprimento do que se recolle no Decreto a este respecto, que dispón que se poida impartir outra materia en lingua galega, a fin de restituír a proporción dun terzo para o galego.

E, por iso, o 18% dos centros plurilingües que se autorizan para este curso, todos eles privados agás un público, escollen como materia para impartir en lingua estranxeira unha materia de obrigada impartición en galego. Fronte a isto, soamente un centro propón como materia para impartir en lingua estranxeira, unha das de obrigada impartición en castelán. “E isto nunha convocatoria na que resultan beneficiados maioritariamente os centros privados, pois aínda sendo moitos menos cós centros públicos, representan nesta orde o 51% dos centros admitidos”, engade.

Por iso, a través dun comunicado, denuncia que a orde “é realmente un subterfuxio” para reducir a presenza do noso idioma nas aulas. “Hoxe por hoxe é unha evidencia, e aí están os resultados da evolución do uso da lingua galega. Nin sequera se cumpren os mínimos recollidos no Decreto e a nosa lingua non ten a presenza necesaria para se manter en condicións aceptábeis”, sinala.

Neste sentido, critica á Consellería de Educación e Cultura porque, di, lonxe de procurar mecanismos que axuden a inverter a situación, “aplica o Decreto aínda máis restritivamente do que o propio Decreto estabelece”. Deste xeito, a CIG-Ensino pide a derrogación do Decreto 79 de Plurilingüismo e a aprobación doutra nova orde que promova a normalización no ensino.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-10-2015 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal