Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O galego é unha das 26 linguas máis usadas nas redes sociais
O emprego nos novos soportes tecnolóxicos do idioma de Galicia acada un posto relevante entre as 6.000 linguas censadas.

NACHO BLANCO - Redacción / La Voz 05 de octubre de 2014


A lingua galega ten percorrido en Internet. Cada vez son máis os usuarios que empregan esta plataforma para verter as súas ideas, inquedanzas ou ben para socializar nun universo cada vez máis global. O galego está vivo na Rede. De feito, é unha das 26 linguas máis empregadas nas redes sociais entre máis de 6.000 idiomas censados. Elo non significa que o número de galegofalantes haxa medrado, senón que a actividade dos usuarios que falan a cotío en galego nos novos soportes de comunicación incrementouse considerablemente nos últimos anos.
Esto despréndese dos datos ofrecidos onte en Santiago de Compostela co gallo dun encontro ibérico de Tradutores de Software Libre e Linguas Minorizadas ao que asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen veu de subliñar que os galegos son moi activos nas tecnoloxías da comunicación. Dito encontro reuniu a 35 especialistas, os cales coincidiron en que, sen dúbida, o futuro das linguas «vaise xogar no eido das novas tecnoloxías». Os expertos adiantaron os retos aos que as linguas minorizadas deben enfrontarse e o seu papel nas redes sociais.
Valentín García ve como un paso adiante e imprescindible a traducción ao galego do software libre. Un salto que constata xa bos resultados, como é no caso de programas como Modzilla, Debia, Apache OpenOffice ou Firefox, que inclúen o galego como opción.

Retos e problemas
Entre os retos que estudaron nestas xornadas está o de atopar para o galego na Rede un léxico axeitado, especialmente para aquelas palabras novas para as que non existe aínda equivalencia lingüística na lingua galega. É o caso de selfie, que tradúcese por unha palabra de cheiro antigo: autorretrato; ou os usuarios optan por manter a súa grafía inglesa.
O galego tampouco é alleo á teima de atopar recursos de tipo técnicos para conceptos empregados por colectivos de profesionais como médicos ou avogados, cunha terminoloxía propia e moi suxeita a neoloxismos ou latinismos respectivamente. Daí que os especialistas reunidos onte en no centro de Novas Tecnoloxías de Galicia apoien unha traducción de terminoloxía técnica que subsane as deficiencias, segundo manifesta un dos coordinadores deste encontro, Miguel Anxo Bouzada.
Ademáis desta problemática de adpatación lingüística -común tamén e outros idiomas- os expertos salientaron a carencia de infraestruturas coas que avanzar nas redes sociais.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 05-10-2014 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal