Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


MESA REDONDA: O FUTURO DO GALEGO NA EDUCACIÓN INFANTIL”
Prezado amigo / Prezada amiga

Galiza co Galego e Avoaescola comprácense en convidalo / convidala Á MESA REDONDA baixo o lema

O FUTURO DO GALEGO NA EDUCACIÓN INFANTIL

o día 13 de xuño ás 19:30 horas na Escola Infantil Avoaescola (situada na Estrada de Castela 184, cruce da Faísca – Alto do Castiñeiro, Narón).

Coa intervención de:

Anik Nandi,lingüista bengalí, actualmente traballa na súa tese doutoral en sociolingüística na Heriot-Watt University (Edimburgo - Escocia). Investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela e a Cátedra UNESCO de Patrimonio Lingüístico Mundial da UPV/EHU. Especialista nas áreas de Política lingüística, Linguas minoritarias/ameazadas e no Ensino de linguas estranxeiras.

Bernardo Penabade, profesor de lingua e literatura galega no instituto "O Perdouro", en Burela, impulsor dos Proxectos Burela e Neo de normalización e extensión da lingua galega.

Francisco López, presidente da Cooperativa Avoaescola e Galiza co Galego, organizacións que están a traballar na consecución dunha rede en Galiza de escolas infantís en galego.

Gabriel Rei-Doval, doutor en Filoloxía Galega e profesor de Lingüística Luso-Hispánica na Universidade de Wisconsin-Milwaukee (USA).

Xurxo Salgado, xornalista director e fundador do diario dixital Galicia Confidencial, máis de 10 anos informando en galego.

Agardando que o acto sexa do seu interese, agradecendo a súa difusión, aproveitamos esta ocasión para lle manifestar a nosa consideración máis sincera.


Francisco López

Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-06-2014 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal