Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Política Lingüística apoia un concurso literario en español de dous colexios do Opus
Sermos Galiza

O Colexio Maior “La Estila” é de homes. O “Arosa”, de mulleres. Os dous son do Opus. Convocaron por vez primeira, en español, o I Premio Vitrales, un certame literario. Recibiron o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa presenza do seu cargo máximo na entrega de premios.


O Secretarío Xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, acudiu a pasada quinta feira ao acto de entrega do I Premio Vitrales, un certame literario convocado por dous colexios maiores do Opus de Santiago, o feminino “Arosa” e o masculino “La Estila”. A súa presenza mostraba o apoio do cargo responsábel da normalización do galego a unha iniciativa promovida toda en español con cartaces nos que non incluían nin unha frase na nosa lingua.

O “certamen literario de poesía y relato corto” foi convocado polos dous colexios do Opus Dei, o feminino e masculino, que animaban nas súas redes de comunicación a participar co convite: “ya tenemos el cartel oficial del Premio Vitrales de Literatura Joven, anímate y participa”. Os dous colexios manteñen unha práctica monolingüe en español en toda a súa comunicación e, no caso da Estila, o galego só fixo presenza para anunciar o día 17 de maio, Día das Letras Galegas, o festexo “cunha gran churrascada”.

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou a colaboración da SXPL en actividades en español e lembroulle que “a súa función é promover a lingua propia de Galiza, non actuar como sucursal do Instituto Cervantes”. Segundo a Mesa, Valentín García está a actuar “contra os principios que rexen o organismo público”, ao participar no Premio Vitrales.

“Esta é unha mostra máis da arrogancia en contra do galego coa que actúa a Xunta e máis concretamente a SXPL, colaborando nun concurso que promove o uso do español, cando o galego é a única lingua que ten obriga de promover, defender e impulsar, e cuxa situación de inferioridade palmaria é a que motiva a mesma existencia da Secretaría Xeral que dirixe Valentín García”, sinala o presidente da MNL ao tempo que lembrou a Valentín García que “centos de organismos públicos” xa se ocupan da promoción do español.

O profesor Cibrán Arxibai denunciara o feito no seu blog Cartaxeométrica

Para Marcos Maceira, con iniciativas como esta estase a atentar contra o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización ou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

O profesor Cibrán Arxibai denunciara o feito no seu blog cartaxeometrica.blogspot.com dirixíndose aos "que levan o timón da política lingüística" para lles lembrar que "as mostras públicas do seu soporte aos actos públicos aos que acoden como representantes oficiais son un escaparate no que poden e deben ver un exemplo os traballadores da normalización lingüística do país”, sinala, lamentando que tanto membros de Equipos de Normalización Lingüística como dos Servizos dos concellos “están recibindo a mensaxe de que unha boa medida de promoción do galego é, tal e como acabamos de ver, convocar concursos de creación literaria en español”.

Español no Centro de Estudos Galegos

Na mesma liña, o Centro de Estudos Galegos de Heidelberg, que depende da SXPL, inseriu no seu programa de actos do mes de maio unha conferencia de Patricio Peñalver, da Universidade de Murcia, para falar da tradución entre o alemán e o español. O CEG ten como obxectivo, segundo recolle na súa propia páxina web, “a difusión da lingua e a cultura galegas no ámbito de influencia da Universidade de Heidelberg”. Dáse a circunstancia de que Patricio Peñalver foi candidato de UPyD pola provincia de Murcia. O responsábel do Centro de Estudos Galegos de Heidelberg é o profesor, Óscar Loureda.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 09-06-2014 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal